Neste folleto informativo explicase en que consiste o proxecto Abalar, como facer uso das súas funcionalidades, do servizo de asistencia e a responsabilidade no uso do portátil polo alumno/a:
- Folleto uso portátiles edixgal para o curso 23/24.
Debemos facer fincapé na necesidade de controlar e protexer o equipo subministrado en todo momento por parte do alumnado e familia.
O ordenador ten unha garantía para fallos normais de uso do aparato. O contacto co Servizo Premium pódese facer durante as 24 horas do día a través do número de teléfono 881869900 ou do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal pero NON cubre nin roturas nin roubos .
SEGURO OPCIONAL PARA O PORTÁTIL
Recordamos ás familias a posibilidade de asegurar os ordenadores EDIXGAL.
Se así o desexa, pode contratar un seguro anual (válido dende setembro de 2023 ata agosto de 2024), que permite cubrir o risco dos danos no portátil non contemplados na garantía. O custe anual do devandito seguro é de 49 € (I.V.E. incluído), e a súa contratación pode realizarse a través do número de teléfono 881 505 136 (de 8 a 18 h. de lúns a venres). Tamén poderán facelo a través da web: https://coberturasir.plexus.es/ Se desexan mais información sobre este servizo a pódena solicitar a través do correo: coberturasir@plexus.es
- Folleto informativo do Seguro Premium Edixgal