Complementarias

Exposición Educación en Feminino

Desde hai dúas semanas os corredores do  noso instituto acollen a exposición EDUCACIÓN EN FEMININO: UN PASEO POLA HISTORIA.  

Unha serie de carteis nos que se recollen as vivencias de varias ducias de educadoras e  pedagogas que deixaron pegada na historia da Pedagoxía , pero que non aparecen nos libros de texto. Trátase dun traballo feito polo alumnado da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo e que veu presentar ao centro a nosa ex-alumna María Vigo, autora dun dos pósters. A exposición está aberta ás familias e pode ser visitada en horario lectivo ata o próximo 7 de febreiro incluído.

Magosto 2023

 

Coma todos os anos este mes de novembro celebramos o Magosto degustando castañas asadas e compartindo

uns bos momentos de compañeirismo e convivencia.

Ciencia á Feira

«Ciencia á Feira» fomenta a cultura científica pola provincia de Lugo

O xoves 5 de outubro tivemos a visita do grupo Xuvenciencia, de divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía da USC, formado por profesorado de diferentes áreas e centros do Campus Terra de Lugo. Dentro do seu programa Ciencia á Feira, trouxéronnos unha charla-obradoiro sobre enfermidades de transmisión por carrachas e informaron e aconsellaron ao noso alumnado de 4º ESO e 3º PDC con medidas de prevención.

SEGUNDA XORNADA DE ACTIVIDADES CIENTÍFICAS CON LIFE IN COMMON LAND NO IES SAN ROSENDO DE MONDOÑEDO

FONTE: https://www.lifeincommonland.eu/ga/artigo/segunda-xornada-de-actividades-cientficas-con-life-in-common-land-no-ies-san-rosendo-de-mondoedo

Durante o pasado venres día 1 de abril, técnicos do proxecto LIFE in Common Land visitaron o IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo para continuar co traballo iniciado na visita dos alumnos á Serra do Xistral do día anterior.

 

 

Os datos recolleitos na xornada de campo foron analizados con axuda dos técnicos, completando o día con enriquecedores debates sobre os resultados obtidos do comportamento das mandas de bestas, das especies de flora anotadas nas parcelas de seguimento e da avaliación do Estado de Conservación dos hábitats prioritarios que alberga a Serra do Xistral e a súa conservación.

 

Ademais, os alumnos participantes puideron realizar unha pequena práctica co Sistema de Información Xeográfica libre QGIS, aprendendo ao mesmo tempo sobre as accións de conservación que levan a cabo no marco do proxecto LIFE in Common Land e o seu seguimento.

 

 

 

Novo artigo sobre Configuración inicial de menus nunha estación total Topcon

Temos un novo video sobre Configuración inicial de menus nunha estación total Topcon ó que podes acceder no seguinte enlace Configuración inicial de menus nunha estación total Topcon

Silvia Fiallega falou sobre emigración no IES San Rosendo

Resultado de imaxes para: silvia fiallega

 

O mércores 19 de febreiro ás 10.20 horas Silvia Fiallega impartiu aos alumnos de bacharelato a charla «Galiza: emigración, memoria e identidade. Imaxinario e estereotipos da diáspora galega a América» dentro da exposición «Somos migrantes» patrocinada pola Deputación Provincial.

Distribuir contido