Educación Física
Excursión á neve
Enviado por jcarlosgb o Xov, 01/02/2024 - 06:45O alumnado de 3º ESO disfruta esta semana dunha actividade de introdución ao esquí en Andorra. Agardamos que aprendan moito e, sobre todo, sexa unha bonita experiencia para o recordo. |
Programación didáctica do departamento de Educación Física
Enviado por Admin o Lun, 20/04/2020 - 13:25
Programación didáctica LOMCE do departamento de Educación Física para o curso 2022/23 (cursos pares)
Programación didáctica LOMLOE Educación Física 1º ESO 2022-23
Programación didáctica LOMLOE Educación Física 3º ESO 2022-23
Programación didáctica LOMLOE Educación Física 1º Bacharelato 2022-23
As alumnas de 1º da ESO quedaron segundas no campionato provincial escolar de orientación
Enviado por Admin o Ven, 09/06/2023 - 12:17Excursión a Andorra - Xaneiro 2023
Enviado por jcarlosgb o Xov, 19/01/2023 - 15:54
|
Non ben acabadas as vacacións de Nadal, un grupo de alumnado de 1º BAC desprazouse a Andorra cos profesores Diego González e Iván González, onde puido gozar non só das pistas de esquí de Ordino, senón tamén das visitas a outras instalacións. Agardamos, sobre todo que aprendérades moito desta experiencia e gardedes un bo recordo desta viaxe. A pesar do susto do traspés de Héctor, que agardamos se recupere o máis axiña posible. |
"Fai deporte" no IES San Rosendo de Mondoñedo
Enviado por Admin o Mér, 19/02/2020 - 10:01
O Concello de Mondoñedo organiza no instituto de Mondoñedo o proxecto Fai deporte, un proxecto de competicións deportivas de deportes de equipo, e deportes individuais que busca dinamizar os recreos do centro educativo.
Creouse unha páxina na internet onde os alumnos e alumnas do centro IES San Rosendo poden apuntarse ás competicións. É importante destacar que os deportes de equipo buscan a participación mixta dos mesmos.
A parte das competicións realizaranse concentracións ou convivencias con outros centros.
https://amariñaxa.com/2020/01/15/o-proxecto-fai-deporte-chega-ao-ies-san-rosendo-de-mondonedo/
Xornada de deporte inclusivo no IES San Rosendo
Enviado por Admin o Mar, 27/11/2018 - 16:37
O xoves 22 de novembro, Caixa Rural Galega coa colaboración de Seguros RGA, o IES San Rosendo e a Fundación ONCE e o su programa Trainers Paralímpicos, organizou unha xornada de deporte inclusivo en Mondoñedo cos internos do Hospital San Pablo e San Lázaro. A actividade desenvolveuse no pabellón polideportivo do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo.