Extraescolares
Prácticas de procesadora
Enviado por jcarlosgb o Dom, 26/11/2023 - 20:00O noso alumnado de 2º curso de Ciclo Medio Dual de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural desprazouse a Vilapedre a realizar unha pequena práctica cunha procesadora real, aplicando así todo o aprendido no simulador.
Saídas deportivas en novembro
Enviado por jcarlosgb o Xov, 16/11/2023 - 20:00No mes de novembro, alumnado de 3º e 4º de ESO competiu en Viveiro nunha carreira onde puideron poñer a proba as súas capacidades de orientación. |
Pola súa parte, alumnado de 2º ESO visitou Lourenzá no marco dunha xornada de Xogade centrada na convivencia e práctica deportiva non competitiva nas instalacións de Santa Cruz. |
Exposición de fotografías de Pablo Couto Andrés
Enviado por pedro o Mar, 27/04/2021 - 07:34Pablo Couto Andrés, alumno de 2º do Ciclo Superior de Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxismo, é un grande afeccionado á fotografía e á natureza da nosa contorna. Mostra disto podemos atopala na exposición que está a realizar nos corredores do noso centro. Aquí tedes unha mostra da súa magnífica obra.
This presentación customized with Smilebox |
Entroido 2016 no IES San Rosendo
Enviado por Admin o Mér, 02/03/2016 - 11:58Operación Kilo 2015
Enviado por Admin o Xov, 19/11/2015 - 06:23
Operación kilo 2015
Xuntamos alimentos non perecedoiros
e productos de hixiene para o Banco de Alimentos de
Viveiro ata o 11 de decembro.
Simulacro de evacuación no IES San Rosendo
Enviado por Admin o Ven, 01/05/2015 - 17:15
O pasado xoves 30 e con éxito, efectuouse un simulacro de evacuación no centro coa colaboración do corpo de bombeiros de Barreiros. Os bombeiros rescataron a una falsa víctima de un aula e de paso coñeceron as instalacións. O comportamento do alumnado foi exquisito e souperon reaccionar á perfección ante unha emerxencia. Dende a dirección do IES agradecese á Anpa, ao profesorado e ao persoal, así como aos bombeiros, a colaboración para que este exercicio, de vital importancia resultara exitoso.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »