Dependencias, Dependencias do IES, Dependencias dos Ciclos Formativos

Our school, IES San Rosendo

A biblioteca do IES San Rosendo

O IES San Rosendo de Mondoñedo conta cunha biblioteca que permanece aberta en horario lectivo de 9.30 da mañá a 15.00 da tarde; os luns abre tamén de 16.30 a 18.10.

Todos os recursos de que dispón (libros, material de reforzo e audiovisual, xogos…) están automatizados e pódese acceder a eles a través do OPAC MEIGA e dos blogs da biblioteca.

A biblioteca pertence ao Plambe V e oferta os servizos de empréstito, acceso á rede por medio de 6 ordenadores ao dispor dos usuarios, consulta en sala e asesoramento á comunidade educativa. Ademais coordina o club de lectura e organiza a hora de ler. 

 

Click to play this Smilebox slideshow
 Elaborado pola profesora Ana Rodríguez Ramos
 

Un recreo na biblioteca

Un recreo na biblio do IES San Rosendo en PhotoPeach

Vistas da Granxa

Vista aérea do IES Plurilingüe San Rosendo

 

   O pasado luns 17 de febreiro os alumnos do CS de xestión forestal e do medio natural do IES San Rosendo de Mondoñedo tiveron unha charla formativa sobre fotografía na cal lles ensinaron un sistema novo moi util para mellorar as presentacións, por exemplo dunha ruta de sendeirismo ou para a interpretación do patrimonio, que consiste nun Drone, isto permite visualizar áreas vistas dende o ceo para asi facerse unha idea de como sería esa ruta, punto, etc.

(autoría do alumno Ángel Gustavo Sordo Lodos)

Plano coa situación das dependencias e instalacións

Plano coa localización das instalacións do IES Plurilingüe San Rosendo

O xardín do centro

 

Xardíns do IES

Distribuir contido