Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural
Calendario de probas finais do Ciclo Superior de Xestión Forestal (CSXF)
Enviado por Admin o Mér, 29/05/2024 - 08:11Visita a unha base de helicópteros
Enviado por jcarlosgb o Xov, 09/11/2023 - 19:00O noso alumnado de CS Xestión Forestal e de CM de Aproveitamentos Forestais visitou a base de helicópteros de Marroxo en Monforte de Lemos para coñecer de primeira man esta parte do traballo das brigadas forestais na súa loita contra os incendios no medio natural.
Visita ao Courel
Enviado por jcarlosgb o Mér, 25/10/2023 - 09:46Os días 24 e 25 de outubro o alumnado do CS de Xestión Forestal e do Medio Natural tiveron ocasión de visitar o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra - Xeoparque Montañas do Courel, acompañados polos profesores Alba Vázquez e Miguel Freire.
No centro de interpretación fixéronlles unha introdución dos valores naturais do parque e a súa xestión. Seguindo varios roteiros descubriron a Aciñeira Centenaria inscrita no Catálogo de Árbores Senlleiras, e tamén o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós declarado Monumento Natural. Deu tempo tamén a visitar plantacións de oliveiras e as instalacións da empresa Aceiroga, dedicada á produción de aceite dentro do Parque. Ao día seguinte realizaron un roteiro por unha zona asolada por incendios forestais, oíndo a testemuña directa da veciñanza que participou na defensa das aldeas e a extincion do lume e visualizando os efectos dos métodos utilizados para a protección do solo e a recuperación da vexetación ao longo dun ano.
Xornada de emprendemento da Faba de Lourenzá
Enviado por jcarlosgb o Ven, 20/10/2023 - 04:12O alumnado de 1º CS de Xestión Forestal do IES San Rosendo de Mondoñedo participou na xornada "Emprender innovando na faba de Lourenzá", organizada dende o Polo de emprendemento da Mariña na que se trataron temas como o estado actual do sector da faba, a necesidade dun incremento da profesionalidade e de aproveitamento da IXP e o fomento do cooperativismo; buscando e identificando novas oportunidades de negocio no sector. Actividade relacionada co módulo formativo do ciclo "Empresa e iniciativa emprendedora" que resultou moi interesante e proveitosa. | ||
Ciclo Superior de Xestión Forestal
Enviado por Admin o Xov, 29/05/2014 - 09:03
CICLO SUPERIOR XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Duración: 2000 HORAS
Primeiro curso
MÓDULOS |
HORAS TOTAIS |
SESIÓNS SEMANAIS |
Xestión cinexética |
105 |
6 |
Xestión da pesca continental |
87 |
5 |
Xestión de montes |
157 |
9 |
Xestión da conservación do medio natural |
123 |
7 |
Defensa contra incendios forestais |
105 |
6 |
Empresa e iniciativa emprendedora |
53 |
3 |
Proxecto |
26 |
|
Formación en centros de traballo |
384 |
|
Segundo curso
MÓDULOS |
HORAS TOTAIS |
SESIÓNS SEMANAIS |
Xestión cinexética |
105 |
6 |
Xestión da pesca continental |
87 |
5 |
Xestión de montes |
157 |
9 |
Xestión da conservación do medio natural |
123 |
7 |
Defensa contra incendios forestais |
105 |
6 |
Empresa e iniciativa emprendedora |
53 |
3 |
Proxecto |
26 |
|
Formación en centros de traballo |
384 |
|
Que se aprende a facer?
Programar, organizar, supervisar e realizar, de ser o caso, os traballos no monte e en viveiros, controlando e protexendo o medio natural e capacitando as persoas para a conservación e a mellora ambiental, con aplicación dos plans de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación.
Onde se realiza o traballo?
En empresas públicas ou privadas dedicadas á xestión forestal, cinexético-piscícola, de viveiros forestais, ao desenvolvemento de programas de educación ambiental e actividades de acompañamento e guía no medio socio-natural, e a vixilancia do medio natural e os seus recursos. Na extinción de incendios forestais. E realizando tratamentos praguicidas.
E que postos de traballo?
Encargado de empresas de repoboación forestais, de tratamentos silvícolas, de loita contra pragas forestais, de construción e mantemento de camiños forestais, de turismo cinexético-piscícola, de recolección de sementes e froitos en altura, de repoboacións cinexéticas, piscícolas e astacícolas; coordinador de unidade de prevención e extinción de incendios forestais, vixiantes de incendios forestais e de vixilancia rural; traballador en control legal de depredadores de tratamentos silvícolas e contra pragas e enfermidades forestais; práctico de topografía, capataz forestal; xestor cinexético, axente forestal, garda de espazos naturais, educador ambiental, monitor/ora da natureza.
Que título se obtén?
TÉCNICO SUPERIOR EN XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Cal é o currículo?
A que outros estudos se pode acceder?
Estudos Universitarios de grao de modo directo, sen necesidade de proba e a calquera outro ciclo de grao superior.
Máis información:http://www.edu.xunta.es/fp
Probas Libres: Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural
Enviado por Admin o Mar, 27/04/2021 - 06:52