Ciclo Superior de Xestión Forestal
CICLO SUPERIOR XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Duración: 2000 HORAS
Primeiro curso
MÓDULOS |
HORAS TOTAIS |
SESIÓNS SEMANAIS |
Xestión cinexética |
105 |
6 |
Xestión da pesca continental |
87 |
5 |
Xestión de montes |
157 |
9 |
Xestión da conservación do medio natural |
123 |
7 |
Defensa contra incendios forestais |
105 |
6 |
Empresa e iniciativa emprendedora |
53 |
3 |
Proxecto |
26 |
|
Formación en centros de traballo |
384 |
|
Segundo curso
MÓDULOS |
HORAS TOTAIS |
SESIÓNS SEMANAIS |
Xestión cinexética |
105 |
6 |
Xestión da pesca continental |
87 |
5 |
Xestión de montes |
157 |
9 |
Xestión da conservación do medio natural |
123 |
7 |
Defensa contra incendios forestais |
105 |
6 |
Empresa e iniciativa emprendedora |
53 |
3 |
Proxecto |
26 |
|
Formación en centros de traballo |
384 |
|
Que se aprende a facer?
Programar, organizar, supervisar e realizar, de ser o caso, os traballos no monte e en viveiros, controlando e protexendo o medio natural e capacitando as persoas para a conservación e a mellora ambiental, con aplicación dos plans de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación.
Onde se realiza o traballo?
En empresas públicas ou privadas dedicadas á xestión forestal, cinexético-piscícola, de viveiros forestais, ao desenvolvemento de programas de educación ambiental e actividades de acompañamento e guía no medio socio-natural, e a vixilancia do medio natural e os seus recursos. Na extinción de incendios forestais. E realizando tratamentos praguicidas.
E que postos de traballo?
Encargado de empresas de repoboación forestais, de tratamentos silvícolas, de loita contra pragas forestais, de construción e mantemento de camiños forestais, de turismo cinexético-piscícola, de recolección de sementes e froitos en altura, de repoboacións cinexéticas, piscícolas e astacícolas; coordinador de unidade de prevención e extinción de incendios forestais, vixiantes de incendios forestais e de vixilancia rural; traballador en control legal de depredadores de tratamentos silvícolas e contra pragas e enfermidades forestais; práctico de topografía, capataz forestal; xestor cinexético, axente forestal, garda de espazos naturais, educador ambiental, monitor/ora da natureza.
Que título se obtén?
TÉCNICO SUPERIOR EN XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Cal é o currículo?
A que outros estudos se pode acceder?
Estudos Universitarios de grao de modo directo, sen necesidade de proba e a calquera outro ciclo de grao superior.
Máis información:http://www.edu.xunta.es/fp