Taboleiro

PRESENTACIÓN E INICIO DO CURSO 2024-25

 

A presentación e o inicio de curso terá lugar o día 11 de setembro ás 9:30.

 

  • 1º ESO na Aula de Proxeccións do IES Plurilingüe San Rosendo.
  • 2º, 3º, 4º da ESO e Bacharelato no Salón de Actos do IES Plurilingüe San Rosendo.
  • FP Básica ás 9:30 nas instalacións da Granxa.
  • Ciclos Formativos de FP ás 12:00 nas instalacións da Granxa.

 

 

Libros de texto 2024-25

Os libros de Física e Química están todos recomendados, pero non son obrigatorios.

Xornada de Portas Abertas - Finca A Granxa

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023-2024

Está aberto o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo e poderá facelo todo o alumnado que cumpra as condicións para presentarse (ter unha nota media na ESO igual ou superior a 9 puntos).

 a) A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación Premios Edu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos. 

b) Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.

Distribuir contido