Taboleiro

Premiados proxectos empresariais dos alumnos de Ciclos Formativos do IES San Rosendo

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional fixo entrega dos premios do concurso Lanzadeiras!, enmarcado no programa Eduemprende, que durante o presente curso involucrou a 1.442 alumnos e 171 profesores de doce centros educativos de secundaria da provincia de Lugo.

O terceiro premio foi para os alumnos do IES San Rosendo de Mondoñedo de primeiro curso do ciclo formativo de grao medio de Xardinaría e Floraría e do ciclo formativo de grao superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, cunha miniempresa dedicada á venda de plantas aromáticas, de produtos obtidos delas con fins biosaudables, culinarios ou cosméticos, e de fragrancias e fitosanitarios.

 

 

A alumna do IES San Rosendo, Cristina Ares Rivas, gaña a medalla de ouro nas Skills de Florería no campionato galego da FP Galicia Skills 2018

 

 

Cristina Ares Rivas, de Abadín e alumna do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo, levou a medalla de ouro na competición de floraría. A súa titora foi Ángeles Camino Saco.

Ao recibir a medalla de ouro competirá, representando a Galicia, nos premios a nivel estatal, Spain Skills 2019.

 

http://www.cronica3.com/2018/11/a-alumna-do-ies-san-rosendo-de-mondonedo-cristina-ares-rivas-participa-nas-galicia-skills/

http://xornaldamariña.gal/sociedade/9272-os-marinaos-francisco-lomban-e-cristina-ares-ouro-no-campionato-galego-da-fp-2/

 

O alumnado do IES San Rosendo participa no Galicia Skills 2018

 

 

 

 

 

  • Por parte do IES San Rosendo Cristina Ares Rivas (asesorada pola súa titora Mª Ángeles Camino) participará na competición de Florería e Diego Miguel Barbosa Oliveira e Adrián Leivas Cornide (preparados polo seu titor Fernado Iglesias) na de Xardinaría Paisaxística.

 

 

O IES San Rosendo no FP Innova 2018

 

A miniempresa Benestar vexetal Biomondo, formada polos alumnos do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Ciclo Medio de Xardinaría do IES San Rosendo, participa na terceira edición do Congreso FP Innova os días 25, 26 e 27 de abril de 2018. Alí, xunto con outras miniempresas de Galicia mostra os seus traballos.

María Gonzalez Carvajal, alumna do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, Premio Nacional de Formación Profesional

A alumna do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural María Gonzalez Carvajal obtivo o Premio Nacional de Formación Profesional de Grao Superior polos seus estudos rematados no curso 2014/15 no IES Plurilingüe San Rosendo.

María González Carvajal coa profesora Sara Buide

María González Carvajal coa profesora do Ciclo Superior Sara Buide

Distribuir contido