Galego

Os alumnos de primeiro gañan o premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO

Fundación Ramón Otero Pedrayo

 

 Entrega dos galardóns Otero Pedrayo. Foto. Xesús Fariñas publicada en Premio aos escolares de Ourense na honra de Otero Pedrayo (laregion.es)

 

Un videoxogo realizado con scratch polo alumnado de 1º de ESO do IES San Rosendo de Mondoñedo titulado “Galeguízate con Otero” resultou gañador do premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato 2023/2024, na categoría de ESO. O xurado destacou o “excelente traballo coas novas tecnoloxías para difundir a vida e obra de Otero Pedrayo e animar á población a coñecer a Casa Grande de Cima de Vila”. O premio foi entregado o mércores 10 de abril de 2024 na Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba.

Fundación Ramón Otero Pedrayo

Sementando a memoria de Otero Pedrayo nas novas xeracións (lavozdegalicia.es)

  

 

 

Profesorado

Dª Paz Fernández Vidal (X.D.)

Dª Áurea Ramil Díaz

O IES San Rosendo finalista do concurso DígochoEu da TVG

  •  A grabación farase o día 1 de abril no centro

En galego sí

Por maio renovamos cada ano o compromiso co noso idioma de maneira expresa. No deste estraño 2020, aínda con alarma e confinamento, tampouco podía faltar. E pensamos nunha actividade que xuntase alumnado e familias ao redor dunha idea: que o galego teña futuro tamén depende de nós. Por iso pedimos o voso compromiso con el para hoxe e para mañá. Animádevos e participade!

 

Tasca tradicional do liño 2019

 

Celebrando a Rosalía

 

 

 

Rosalía, un ano máis e sempre abrindo como unha rosa, agasallando a súa palabra viva, fértil, actual. Este ano buscámonos nela nos, as mulleres, o universo que somos, e demos coa súa comprensión, coa súa complicidade, coa súa rebeldía. Así quixemos celebrar no IES San Rosendo a Rosalía, como mellor sabemos, lendo a súa obra, sentindo a súa poesía

http://www.cronica3.com/2019/02/o-ies-san-rosendo-celebra-a-rosalia/

 

Distribuir contido