Tasca tradicional do liño 2019

 

 

23 de abril: Tasca Tradicional do Liño.

 

O liño évos un mundo”, din as mulleres de San Bartolomeu de Insua que rescataron da memoria popular o seu proceso de transformación desde a semente ao tecido, causando asombro un ano máis o seu coñecemento, a súa sensibilidade e a súa loita por difundir esta tradición viva ata non hai tanto tempo  en cada lugar e aldea do país.

E con ela recuperaron tamén centos de palabras e de historias en perigo de extinción.

O liño é unha metáfora de nós do que puidemos ter sido e do que somos. Por iso escoitamos con moita atención a Lour,des Otero Mato.