Tecnoloxía
Proxecto CANSAT
Enviado por jcarlosgb o Dom, 03/03/2024 - 19:00
Durante este curso decidimos participar no concurso do lanzamendo dun cansat organizado polo grupo ESERO España. Aquí en Galicia estamos asesorados polo equipo do CAFI que nos van dando os pasos. Trátase de lanzar un satélite do tamaño da lata dun refresco e nel deben ir diferentes sensores que cubran a misión primaria e idear una misión secundaria do satélite. Participamos un grupo de 6 alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e ocupámonos da programación dos sensores e receptores pero tamén de deseñar e coser un paracaídas para recuperar san e salvo o satélite e difundir a través de podcast todo o traballo así como buscar financión privada dado que non nos proporcionan financiación e é algo que tamén teñen en conta á hora de puntuar. Aquí estamos o equipo ao completo no noso espacio de polos creativos donde levamos a cabo case todas as misións.
|
Profesorado
Enviado por Admin o Lun, 02/10/2023 - 13:23Dª Mª Carmen Doural Rega
Dª Josefa Rodríguez Chao (X.D.)
Programación didáctica do departamento de Tecnoloxía
Enviado por Admin o Ven, 28/05/2021 - 06:15Programación didáctica LOMCE do departamento de Tecnoloxía para o curso 2022-2023 (cursos pares)
Programación didáctica LOMLOE Tecnoloxía e Dixitalización 1º ESO. Curso 2022-23
Programación didáctica LOMLOE Proxecto Competencial 1º ESO 2022-23
Programación didáctica LOMLOE Proxecto Competencial 3º ESO 2022-23
Participación no concurso de robótica de IGACIENCIA
Enviado por finarchao o Mar, 07/11/2023 - 16:20O luns 6 de novembro o alumnado de 3º Educación Dixital, 4º Tecnoloxía, 1º Bac Tecnoloxía e enxeñaría e alumando de 2º Bac de TIC II desplazámonos ata Coruña, e mais concretamente ao IES Menéndez Pidal, para participar no XIV Obradoiro e Concurso Galego de Robótica, no cal o alumnado tivo unha participación destacada e a falta de días de competición, un grupo segue de primeiro na súa categoría. O principal é o estupendo día que pasaron e desfrutaron da experiencia.
Os alumnos do IES San Rosendo no II Torneo de Robótica da Escola Universitaria Politécnica da Universidade da Coruña.
Enviado por Admin o Xov, 28/03/2019 - 09:58Este xoves 28 de marzo máis de 170 estudantes de ESO, Bacharelato e FP participaron no II Torneo de Robótica que organiza Escola Universitaria Politécnica (EUP) da Universidade da Coruña. Nesta segunda edición, participou alumnado do IES Cabo Ortegal, de Cariño; dos IES Eduardo Blanco Amor e Rego da Trabe, de Culleredo; dos IES Ferrol Vello, Sofía Casanova e Catabois, de Ferrol; do IES San Rosendo, de Mondoñedo; do IES Ortigueira, de Ortigueira; do CPI de Atios, de Valdoviño; e mais do CIFP Ferrolterra.
Divididos en 39 equipos, os estudantes tiveron que superar tres retos: un sigue liñas con obstáculos, a proba do “Barrendeiro” e unha competición de sumo. No sigue liñas, o robot tivo que seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñían no seu camiño. Na proba do “Barrendeiro”, empregaron algoritmos similares aos que utilizan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro. Por último, na competición de sumo, os equipos mediron as súas forzas nun cara a cara no que debían expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo. Os equipos do IES San Rosendo quedaron segundos na proba do “Barrendeiro”e primeiros na competición de sumo.
https://codigocero.com/Centros-de-Betanzos-Mondonedo-e-Ferrol-conseguen-os-premios-do-II-Torneo-de
Visita a Sotavento dos alumnos de 2º da ESO (20/06/2018)
Enviado por Admin o Xov, 21/06/2018 - 05:06Alumnos dos IES San Rosendo gañan un premio á orixinalidade no concurso de robots da Universidade de Vigo
Enviado por Admin o Dom, 06/05/2018 - 15:48
Na cuarta edición da Competición de Robots da Escola de Inxeniería Industrial da Universidade de Vigo o equipo ‘Amolou 4’ do IES San Rosendo obtivo o premio á orixinalidade na categoría Wall-E para estudantes de secundaria.
Os rapaces disfrazaron ao robot de tortuga e gañamos por la estética", contou Carmen Doural, profesora de tecnoloxía.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »