Exposición na biblioteca de primeiras edicións de escritores do século XIX
O IES San Rosendo, en colaboración co Círculo Recreativo de Mondoñedo (antigo casino), presenta na biblioteca unha exposición composta por 42 libros, na súa práctica totalidade primeiras edicións, publicados entre os anos 1882 e 1902. Todas estas obras foron escritas por autores galegos do século XIX e pertencen aos fondos da biblioteca do Círculo Recreativo. Ademáis de obras literarias móstranse traballos relacionados coa historia, a arqueoloxía ou o periodismo.
Destacan na exposición dous libros de Murguía como son "Os precursores" (1885) e "Prosa" (1895), ademáis de outras tantas obras de Concepción Arenal: "Cuadros de guerra" e a que leva o título de "La mujer de su casa". Tamén ten importancia a segunda edición de "A tecedeira de Bonaval", escrita en 1894 por Antonio López Ferreiro, ou varias obras do historiador mindoniense José Villamil, descubridor dos frescos da catedral de Mondoñedo, entre as que sobresae a "Memoria sobre la creación de un museo arqueológico en la ciudad de Santiago" (1887). Tamén teñen un importante valor histórico traballos de autores como Val do Insua, Sofía Casanova, Benito Vicetto ou Carlos Polo.
E non se pode deixar de resaltar unha edición completa do periódico "Galicia" entre os anos 1892 e 1894. Nesta época era tesoureiro do Círculo o médico e escritor mindoniense Leiras Pulpeiro que escribía tamén artigos neste periódico. A edición que se expón na biblioteca, que é dunhas 700 páxinas, conta con varias correcións do propio Pulpeiro. Outra curiosidade, polo limitada da súa eduición, é un libro escrito por un canónigo da catedral de Mondoñedo que trata sobre a vida de Santo Domingo de Guzmán.
Fotos e información en El Progreso. A Mariña 3-VI-2015