Mércores 15, día 3: Visita á cidade deportiva do Real Betis


  O mércores o noso alumnado e o seu profesor, Jorge Fortes, visitaron  o Estadio Benito Villamarín do Real Betis Balompié.

Alí puideron disfrutar dun entrenamento do primeiro equipo preparatorio do partido de Europa League contra o Manchester United.

 

Tamén asistiron ás formacións impartidas por José Luis, do departamento de preparación física, e de Félix Cao, preparador físico e recuperador do primeiro equipo.

 Para máis tarde debater cos futbolistas Borja Iglesias e Joaquín Sánchez.

 

Martes 14, día 2: Visita á cidade deportiva do Real Betis Balompié

Hoxe tocou visitar as instalacións da cidade deportiva do Real Betis onde os nosos alumnos e o seu profesor puideron disfrutar dun entrenamento do primeiro equipo, a formación a cargo do Departamento de Análisis Táctico  e a formación a cargo de Félix Cao, preparador e recuperador do primeiro equipo.

 

 

 

Luns 13, día 1: Visita Real Betis da Liga Nacional de Fútbol Sala

Nestes días parte do noso alumnado do Ciclo Técnico deportivo nivel 1 da modalidade de fútbol, acompañados do seu profesor Jorge Fortes, están visitando as instalacións do Clube Deportivo Betis Balompié en Sevilla.

O primeiro día adicárono a percorrer o Real Betis da Liga Nacional de fútbol sala, entrenado polo galego Bruno García.

 

Proxecto de Inglés: O ciclo de Turismo visita a Reitoral de Gundivós

Cada curso, o alumnado do ciclo de turismo ten que facer unha visita turística guiada en inglés no mes de xuño, que será o seu exame oral final. Este curso o lugar elixido

foi a Reitoral de Gundivós. É unha tarefa difícil e esixente, pero as alumnas están moi ilusionadas. Hoxe sábado día 4 de marzo estivemos disfrutando dunha bonita

experiencia de documentación en Gundivós. Sol, a titora do ciclo, estivo connosco: a súa axuda será fundamental para aportar calidade turística á tarefa. Tamén contamos

coa gran axuda de Diana, a nosa auxiliar de conversa inglesa, que nos acompañou aquí e seguirá colaborando coas alumnas na aula na preparación do itinerario

.
As horas pasaron moi rápido mentras Ana e Rebeca entrevistaron ao alfareiro Elías, alma deste lugar, para coñecer a historia do seu soño. Foi un pracer percorrer con

el todos os recunchos do seu fogar-museo-taller-tenda. Grazas e ata xuño!

                                                                                                                                                       

 

 

Xornadas de portas abertas

As personas interesadas en coñecer o noso centro poderano visitar  no seguinte horario: 

 

        . mércores 8 de marzo, ás 18:30h

 

        . xoves 9 de marzo, ás 20:00h

 

        . luns 13 de marzo, ás 17:30h

 

Despois destas datas, poderán  concertar cita para facer a súa visita chamando ó teléfono do centro. 

Primeiro premio Poesía Respira!

Ao abeiro do Festival de poesía Alguén que respira!, convocouse o certame Poesía Respira! para centros escolares de Galicia. As composicións presentadas tiñan que ter como tema o "cambio de clima e os legados culturais da vida".

Os versos do noso alumno Xurxo González Rodríguez, de 4.º de ESO, gañaron o premio da categoría E.S.O., galardón dotado con 300 euros. 

Moitos parabéns!!!!

Programa de formación Observa - Acción

Dende xaneiro de 2023, o profesorado do Río Cabe (máis do 20% do claustro) estamos a participar nun programa que leva por título “Intercambio de experiencias Observa_Acción”, organizado dende o Departamento de Formación, Innovación e Internacionalización do CAFI.

O programa ten unha duración de dous cursos académicos (2022/23 e 2023/24), desenvólvese en catro fases (dúas en cada ano lectivo) e lévase cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

A súa finalidade é o desenvolvemento profesional das Competencias Profesionais Docentes dende o punto de vista da observación entre iguais (OEI), da reflexión individual e/ou grupal dos propios docentes, do intercambio de boas prácticas e da implementación do aprendido na aula dos docentes participantes.

Participar neste programa cremos que é unha boa maneira de modificar e mellorar a boa práctica docente (desarrollo profesional docente) a través da experiencia.

Actualmente estamos participando na primeira fase do programa (xaneiro-marzo 2023): Fase intracentros, que realizamos entre os docentes do propio centro.

Esta fase consiste na observación da práctica docente e xestión de aula, así como no intercambio de información e posterior reflexión conxunta sobre a observación da práctica docente, o que vai permitir unha co-construción de coñecementos. 

Ten catro sesións formativas, unha presencial (26 de xaneiro) e tres vía webex (8 de febrero, 1 de marzo e 8 de marzo)

Nesta imaxe aparece reflexada unha das sesións de intercambio de información e reflexión conxunta, sobre a observación da práctica docente realizada o día anterior.

Estoutra imaxe amosa unha reunión  despois da segunda sesión de formación, para adaptar a casuística do noso centro, unha das ferramentas específicas de observación que iamos utilizar (folla de observación focalizada) e que inicialmente fora aportada pola relatoras do programa.

Está sendo unha experiencia moi positiva, tanto a nivel individual coma de centro e desexamos que esta experiencia poida continuar pasando a segunda fase (fase intercentros, a nivel autonómico).

Baile-concurso de Entroido

Un ano máis, no Río Cabe celebramos a festa do Entroido con música , bailes e concurso de disfraces. Alumnado e profesorado puidemos disfrutar da banda, “rockeira” nesta ocasión, do instituto, coma siempre capitaneada por Xurxo, e que compoñen tamén Javi, (ex-alumno), Ximena e Estefanía. Como ven sendo habitual, eles son a alma da festa. Graciñas ós catro.

 

Despois da súa actuación, continuaron os distintos grupos coas súas coreografías. Aquí tedes unha mostra.

 

 

 

 

 

 

 

 

Plan Proxecta: Alvarizas e abellas

Este luns 13 de febreiro tivo lugar a primeira das charlas relacionada co Plan Proxecta no que o alumnado de 3ºESO está a traballar, que neste curso trata sobre as alvarizas que temos na Ribeira Sacra. O relator foi Alfonso Iglesias, apicultor da zona de Ourense, gran coñecedor do mundo das abellas. A charla comezou cunha introdución sobre a historia das alvarizas en Galicia para centrarse despois na apicultura. Aspectos como que é unha alvariza, para que se construían, material, formas, etc. quedáronos claros. Tamén aprendemos como é o ciclo de vida das abellas, como se organizan nunha colmea, como distinguir un zángano dunha obreira e dunha raíña, que produtos nos proporcionan as abellas, cal é o seu papel na polinización, como lles afecta o cambio climático ou a presenza de velutinas, etc.

Foi unha charla do máis interesante e amena que conseguiu manter ao alumnado súper-atento en todo momento… e tomando apuntes!. Está claro que se nos fixo curta!

Agradecemos a Alfonso Iglesias a súa presenza no noso centro. Esperamos velo de novo nunhas semanas cando fagamos a excursión á alvariza de O Vello, no concello de Nogueira de Ramuín. Moitas grazas!

Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O pasado 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Coas actividades levadas a cabo nesta conmemoración, o que se pretende é visibilizar o traballo das mulleres que se adican ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando referentes femininos para a infancia, así como fomentar prácticas que conduzan a alcanzar a igualdade de xénero no ámbito científico. 

No Río Cabe, este obxectivo levounos á participación nunha charla- debate online con mulleres científicas da universidade de Vigo, que nos explicaron as súas traxectorias profesionais e ás que o noso alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de preguntar dúbidas respecto ás carreiras que poden escoller relacionadas coa ciencia. A actividade estivo organizada por  José Manuel Gil, colaborando na parte técnica Xurxo Labrador, profesores do departamento de Física e Química do noso centro, a quenes agradecemos a súa implicación e traballo.  

Distribuir contido