IES Río Cabe

 

Benvido á web do IES Río Cabe. Dende esta páxina inicial podes acceder aos diferentes bloques de contidos que se ofrecen. Nela ofrécese puntualmente toda a información que resulte de interese para toda a comunidade educativa.

Así mesmo, na Aula virtual, os departamentos irán actualizando o seu material didáctico.

 

Calendario probas específicas de ensinanzas deportivas Fútbol

 

As datas e lugares para a realización das probas específicas de ensinanzas deportivas Fútbol son as seguintes:

 

- 18 de xullo de 2024 no CIFP Universidade Laboral (Rúa Salvador Allende s/n, Culleredo - Coruña) ás 10:00h

 

- 19 de xullo de 2024: pavillón multiusos da Xunqueira (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 1º travesía,  Pontevedra)  ás 11:00h

 

A proba constará dos seguintes exercicios:

 

Parte física:

  1. Recorrer una distancia de 50 m. en un tiempo inferior a 8’’ hombres y 8,5’’ mujeres.
  2. Recorrer una distancia de 2.000 m. en un tiempo inferior a 10’ hombres y 12’ mujeres.
  3. Salto vertical de al menos 45 cm los hombres y 35 cm las mujeres.
  4. En posición determinada, flexionar el tronco al menos 30 cm los hombres y 35 las mujeres.
  5. En posición determinada lanzar balón medicinal a una distancia superior a 6 m. El peso del balón será de 5 kg para hombres y 3 kg para mujeres.

Circuito técnico:

  1. Un pase largo.
  2. Conducción del balón con el pie en carrera en línea recta.
  3. Conducción del balón con el pie en carrera zig-zag salvando 4 obstáculos separados 2 m uno de otro.
  4. Efectuar tiro a puerta desde fuera del área.
  5. Recoger el balón de la portería y realizar una conducción elevada del balón (habilidad dinámica) hasta vértice de área.
  6. Realizar un tiro de precisión a una portería de 2 x 1 m.
  7. Efectuar un control del balón a pase de un compañero, realizar pared   (1-2).
  8. Impulsar el balón por debajo de una valla saltando sobre ella. Seguido impulsar el balón por encima de una valla y pasar por debajo de ella.
  9. Tres lanzamientos a puerta desde fuera del área

 

 

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL IMPRESO CURSO 2024-25

26/06/2024
Europe/Madrid

Poden atopar a listaxe dos libros de texto necesarios para o curso 2024-25, clicando nos seguintes enlaces:

1º ESO        2º ESO       3º ESO       4º ESO      1º BAC       2º BAC

 Debido a un erro de transcripción no material de 1º BAC, o uso do libro de texto de Lingua e Literatura Galega deberá ser consultado co profesor/a antes de mercalo. Desculpen as molestias.

MATRÍCULA CURSO 2024-25

24/06/2024
Europe/Madrid

O prazo de matrícula no IES Río Cabe abarca desde o 25 de xuño ao 10 de xullo.

O alumnado terá á súa disposición un sobre que contén a documentación necesaria para formalizar a matrícula. O alumnado do IES Río Cabe recibirá dito sobre xunto coas cualificacións. O alumnado procedente doutros centros poderá recollelo en secretaría, a partir do 25 de xuño.

Rogamos que, na medida do posible, para realizar a matrícula se respecte o seguinte calendario:

DATA

CURSO NO QUE SE MATRICULA

26 e 27 de xuño

2º BAC

28 de xuño e 1 de xullo

1º BAC

2 e 3 de xullo

1º ESO

4 de xullo

2º ESO

5 e 8 de xullo

3º ESO

9 de xullo

4º ESO

 

 

 

Agasallo do noso compañeiro George, profesor de Física no General Lyceum de Nigrita (Grecia)

Estes días finais de curso recibimos un agasallo do noso compañeiro George, profesor de Física do General Lyceum de Nigrita (Grecia). O agasallo foi o CD do grupo de folk que ten na súa terra, Grecia e como non podía ser menos agradecémosllo cunha foto.

Grazas polo agasallo, por vir ao noso centro no intecambio do Erasmus+ e facernos pasar uns momentos inesquecibeis.

 

Acto MEGABAU no Coliseum da Coruña. 21_6_24.

O venres 21 de xuño do 2024 tivo lugar o acto de recoñecemento os mellores expedientes da ABAU 2024 no Coliseum da Coruña, polo Río Cabe foron 6 alumnas e 1 alumno, acompañados

polo director do Centro e as respectivas familias e amizades.

 

 

Video do acto cando sae o Río Cabe.  00:54:13

 

Vídeo completo do acto:   

 

Fotos

 

Foi un bonito acto de recoñecemento ó traballo e o esforzo do sistema educativo en xeral. Compre suliñar o gran esforzo e coordinación que hai trala organización deste acto.

 

PARABÉNS  A TODAS/OS!!!

Álbum: Escolares -> 2024_21_6_24_3ª_AVA_MEGABAU

FINAL DE CURSO: LECTURA DRAMATIZADA 1º ESO con BALONCESTO. 21_6_24

LECTURA DRAMATIZADA 1º ESO

Dormente. Raquel Castro

 

O venres 21 de xuño de 2024  para despedirmos o curso escolar, o alumnado de 1º ESO B levou a cabo no salón de actos unha lectura teatralizada do libro Dormente de Raquel Castro para o alumnado de 1º e 3º ESO.  A seguir foi o alumnado de 1º ESO A quen lle realizou a lectura dramatizada ao alumnado de 2º ESO. 

Dormente é unha entretida peza teatral na que a súa autora, Raquel Castro, actualiza o conto tradicional da Bella durmiente dende unha prespectica feminista, onde a Bela non quere que a bique ningún príncipe, senón a persoa da que está namorada. Animámosvos a que leades este fermoso libro para coñecer o seu final. O alumnado divertiuse moito.

Ao finalizar foi a quenda do alumnado do club de Brindos, coa profesora Sara Porrit, quen nos agasallou con varias coplas.

 

 

Paralelamente o profesorado de Educacion Física, Alberto Rodríguez e Daniel Corderí organizou un torneo de tiro a canastra para o alumnado que ía rematando no salón de actos.

 

Álbum: Escolares -> 2024_21_6_24_3ª_AVA_Final_Curso_Teatro_Baloncesto

Entrega de Diplomas do Clube de Brindos

 

 

Hoxe (20-6-24) puxemos o broche final ao Club de Brindos do Río Cabe 23-24 cunha graduación do alumnado participante. Entre coplas, risas e unha actuación especial do Trío Brindeiro Canesa, as 32 alumnas e alumnos que formaron parte desta experiencia recibiron un diploma acreditativo e unha bolsa de gominolas como recompensa a todo o traballo realizado durante estes meses.

Excursións, recreos, maios, festas... foron moitos os momentos de practicar, cantar e, sobre todo, pasalo ben e desfrutar dunha tradición que, grazas a esta rapazada, está hoxe máis viva que hai nove meses. 

Grazas (alumnado e profesorado) pola vosa implicación e traballo.

 

Agardamos que desfrutárades coa experiencia e... que viva o brindo do Cabe por moitos anos máis!

Álbum: Escolares -> 2024_20_6_24_3ª_AVA_Clube_Brindos_Entrega_Diplomas_

Brindos e Contos nos coles. Xuño 2024

O alumnado de 1 e 2º ESO que participou no Plan proxecta dos contos e máis no club de Brindos do IES Río Cabe, acompañados polas súas profesoras Pilar López e Sara Porrit

visitaron o martes 18 de xuño de 2024 o colexio das Gándaras e o mércores 19-6-24 visitarán o Colexio Novo para realizar un taller de Brindos co alumnado de 5º e 6º e falarlles do proxecto de contos.

 

Estamos rematando o curso pero aínda quedan forzas  para as últimas saídas!

 

Hoxe fomos visitar ós nosos futuros compañeiros e compañeiras do cole da Gándara para falarlles do proxecto Cóntame un Conto e, xa de paso, ensinarlles como funciona iso dos brindos. 

 

Entre o alumnado de 1° e 2° contamos algúns contos e despois demos un pequeno obradoiro para que o alumnado de sexto da Gándara acabara compoñendo as súas propias coplas.

 

Foi toda unha experiencia para nós e agardamos que eles quedaran con ganas para cando sexan oficialmente alumnas e alumnos do Río Cabe!

 

Álbum: Escolares -> 2024_18_6_24_3ª_AVA_Brindos_Contos_Coles

Plan Proxecta. Cóntame un conto. Saída a Santiago.

 

 

Hoxe,17-6-24, o alumnado de 1° e 2° do Río Cabe, acompañados polas profesoras Carmen Quiroga, Pilar López, e Sara Porrit participaron na Gala de peche do Proxecto Cóntame un conto do Museo do Pobo Galego e

Fundación Antonio Fraguas.


Conducida por María da Pontragha, contadora, durante a Gala escoitamos as historias das compañeiras e desfrutamos da música e das danzas que prepararon o resto de coles.


Con isto pechamos un proxecto no que traballamos durante todo o curso e que deu como resultado os vídeos que podedes ver no seguinte enlace:  

 

https://www.youtube.com/watch?v=RZuRwQJmjZg&ab_channel=IESR%C3%ADoCabe

Álbum: Escolares -> 2024_17_6_24_PLAN_PROXECTA_Contame_un_Conto
Distribuir contido