Calendario de exames convocatoria ordinaria 1º bacharelato semipresencial curso 23/24
Os exames finais de 1º de Bacharelato SEMIPRESENCIAL da convocatoria ordinaria celebraránse os días 4, 5 e 6 de xuño. Dacordo co seguinte calendario:
Entrega de notas: o día 10 de xuño a partir das 18:00h
Aclaracións ás cualificacións: o mesmo día de 18:00h a 20:00h
Reclamacións: opresentadas regulamentariamente na secretaría do centro dirixidas ao Sr. Director os días 11 e 12 de xuño mesmo día de 18:00h a 20:00h
Aberto prazo de inscripción nas probas de acceso as ensinanzas deportivas Fútbol curso 24/25. Réxime semipresencial
Consigue o título de Técnico Deportivo en Fútbol, recoñecido polo Consello Superior de Deportes, con validez académica e profesional en todo o territorio nacional.
Impartido a partir de setembro en réxime semipresencial (clases presencias luns e mércores)
O prazo de inscrición nas probas de acceso está aberto ata o 26 de xuño.
Calendario exames finais convocatoria extraordinaria Nivel 2 Técnico deportivo Fútbol
Os exames finais dos módulos do Nivel 2 Técnico Deportivo Fútbol celebraranse os días 17 , 18 e 19 de xuño seguindo o horario que aparece a continuación:
Entrega de notas: 26 de xuño a partir das11:00h.
Aclaración ás cualificacións ese mesmo día de 11:00h a 13:00h.
Reclamacións presentadas regulamentariamente, na secretaría docentro e dirixidas ao Sr. Director os
días 27 e 28 de xuño.
Calendario convocatoria extraordinaria 2º BAC semipresencial xuño
Os exames finais de 2º de Bacharelato SEMIPRESENCIAL da convocatoria extraordinaria celebraránse os días 10, 11 e 12 de xuño. Dacordo co seguinte calendario:
Avaliación: 14 de xuño ás 11:15h
Entrega de notas: 14 de xuño a partir das 12:00h.
Aclaracións ás cualificacións: 14 de xuño de 12:00h a 14:00h.
Reclamacións presentadas regulamentariamente na secretaría do centro dirixidas ao Sr. Director: 17 e 18 xuño.
GRADUACIÓN 2º BAC DIURNO, 2º BAC PERSOAS ADULTAS E ENSINANZA SECUNDARIA PERSOAS ADULTAS 2024
O xoves 23 de maio de 2024, ás 20h, no Edificio multiusos do Concello de Monforte de Lemos levouse a cabo a Graduación do alumnado de 2º Bac Diúrno, 2º Bac de persoas adultas e de 4º da Educación Secundaria para persoas adultas da promoción do 2024 do IES Río Cabe.
Foi un acto moi emotivo e agardado por todos e todas. Empezou o acto coa entrada do alumnado no recinto e co posterior discurso do Director do centro, Carlos Parada.
Con posterioridade a madriña desta promoción, Raquel Rodríguez Vázquez, ex-alumna do centro e Graduada en Medicina pola Universidade de Valladolid, durante estes anos, realizou un SICUE na Universidade de Málaga durante un ano, co MIR en Radiodiagnóstico no Hospital Universitario de Salamanca durante 4 anos (2018 a 2022), con estancia formativas no Hospital La Fe de Valencia e Karolinska Hospital en Estocolmo. Experiencia laboral en Paris y Sergas, con próxima incorporación a Baleares tras superar oposiciones.
A continuación as alumnas de 2º Bac de persoas adultas -Iria e Judith- fixeron o discurso en representación da súa clase.
Con posterioridade as Alumnas de 4º ESA -Noemi e Rosa- fixeron o discurso en representación dos seus compañeiros e compañeiras.
En último lugar o alumnado de 2º Bac de diúrno - Noa, Marta, Luzia, Sofia, Bieito e Laura deron un discurso en representación destas ensinanzas.
Logo dos discursos visionáronse os vídeos conmemorativos das distintas ensinanzas e do seu paso polo IES Río Cabe.
O acto seguíu coa entrega de diplomas e bandas a cargo das titoras dos distintos grupos e coa entrega dos sobresaíntes.
A continuación a madriña da graduación fixo entrega dos diplomas as matrículas de hora deste curso en 2º Bacharelato.
Para pechar o acto o grupo musical formado polo profesor Xurxo, a profesora Nerea e as alumnas Ariadna e Ximena deleitáronnos cunha moi boa actuación musical que foi un bo colofón para este acto tan entrañable.
NOS PRÓXIMOS DÍAS SEGUIREMOS COLGANDO AS FOTOS DO ACTO!!!
Vídeo recordo 2º Bac Diurno 2024
Vídeo Discurso de Raquel Rodríguez
Vídeo Discurso Bac e Persoas Adultas.
Vídeo Discurso do Director
Vídeo Discurso alumnado de 2º Bac Diúrno.
Exposición NÓS TAMÉN FOMOS EMIGRANTES.
O xoves 16 de maio, os alumnos de 4º de ESO tiveron unha saída á Obra Social Abanca para ver a mostra fotográfica Nós tamén fomos emigrantes que documenta diferentes facianas da emigración galega e española.
Así mesmo, os alumnos estiveron escoitando o relato de tres persoas que viviron a dureza da emigración en distintos momentos e a distintos lugares do mundo: Venezuela e Alemaña.
A esta actividade, organizada por Vicedirección e o Dpto. de Xeografía e Historia, acompañáronos as súas profesoras Anuncia López, Nuria Mariño e Cristina Ouro.
- APIs de Blogue
- Calendario
LUISA VILLALTA PERCORRENDO MONFORTE
O 16 de maio de 2024, co gallo do Día das Letras Galegas, decidimos homenaxear a Luisa Villalta compartindo con todos os monfortinos e monfortinas os seus versos.
Esta actividade, organizada polo EDLG en colaboración coa Biblioteca, o Dpto de Lingua Galega, e o Dpto. de Plástica pretende dar continuidade á iniciativa comezada o Día de Rosalía cos poemas desta autora.
Nos distintos carteis combínanse os poemas de Luisa Villalta cos códigos QR que dan acceso á música dalgunhas das súas cancións.
Cómpre darlle ás grazas, polo seu traballo, ás profesoras Pilar López e Sara Porrit; así coma á alumna Nerea S. (1º BAC) polos retratos da autora.
- APIs de Blogue
- Calendario
Exposición Luisa Villalta día das Letras Galegas 2024
Co gallo do Día das Letras Galegas, o 14 de maio de 2024, fixemos unha exposición na entrada do IES Río Cabe. Esta actividade está organizada polo EDLG, en colaboración coa Biblioteca, o Dpto. de Lingua Galega e o Dpto. de Plástica
Os alumnos de Expresión Artística de 4º da ESO e a súa profesora Silvia fixeron varios trípticos alusivos á lingua e un retrato da autora homenaxeada este ano, Luísa Villalta.
Tamén escollimos unha pequena mostra da exposición de poemas “Luísa Villalta percorre Monforte de Lemos”.
E, por último, expuxemos algúns dos poemas presentados ao Concurso de microrrelatos Letras Galegas 2024, que se fallará o día da Foliada Literaria.
- APIs de Blogue
- Calendario
INTERCAMBIO IES RÍO CABE (MONFORTE) - IES MONTE CASTELO (BURELA)
Por segundo ano consecutivo o alumnado de 1º ESO do IES Río Cabe de Monforte e do IES Monte Castelo de Burela, levaron a cabo unha xornada de convivencia e coñecemento da cidade do Cabe e da Ribeira Sacra, o martes 21 de maio.
Foron en total 75 alumnos e alumnas os que estiveron percorrendo as terras de Lemos.
Ás 11:15 da mañá foron recibidos no salón de actos do IES Río Cabe, polo seu director e varios membros do equipo docente e ás 11:45 horas empezaron a desfrutar da visita a Monforte, que tiña inicialmente tres puntos de interese: visita á Torre da Homenaxe, ruta literaria por Monforte, para coñecer a Lois Pereiro e Manuel María para rematar coa visita á ponte romana e aos exteriores do convento das Clarisas.
Debido ás inclemencias do tempo, o alumnado voltou ao centro antes do previsto e puideron disfrutar antes e despois do xantar dunha serie de xogos cooperativos organizados polo departamento de Educación Física que fixeron as delicias dos rapaces.
Ás 16:00 colleron os autobuses para desprazarse ata o Mirador do Duque onde se deu por finalizada a xornada.
A actividade estivo organizada polos departamentos de Educación Física, Orientación, Xeografía e Histoira e Bioloxía e Xeoloxía.
Agradecer, un ano máis a predisposición do IES Monte Castelo para a realización deste intercambio, que se completará coa visita a Burela do noso alumnado o próximo 30 de maio
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »