Día Internacional da loita contra o Cancro
IES RÍO CABE CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO DE MAMA
Hoxe luns, día 21 de outubro, o alumnado do IES Río Cabe celebrou o Día Internacional contra o cancro de mama formando un gran lazo humano en colaboración coa Asociación Española contra o cancro.
Xunto co equipo de Biblioteca e Dinamización lingüística do centro, ao longo da mañá diferentes grupos de ESO procuraron información sobre o cancro de mama co obxectivo de realizar unha exposición sobre esta temática e a última hora da xornada matutina acudiron ao pavillón do IES para confeccionar o lazo humano.
Repartíronse folios de cor rosa, como símbolo da loita contra esta enfermidade que cómpre seguir inventigando.
FOTO DO LAZO
En palabras da propia Asociación Española contra o cancro:
“Es el cáncer más frecuente y el que mayor número de muertes causa en la población femenina en España. Pero hay que destacar que, gracias a los programas de cribado poblacionales, se está consiguiendo el diagnóstico en fase precoz de muchos de estos tumores, lo que permite tratamientos habitualmente más eficaces.”
É unha loita conxunta de toda a sociedade, polo que dende o IES Río Cabe queremos mandarlle unha aperta moi forte a todas as persoas, homes e mulleres, que a día de hoxe loitan incansablemente contra esta enfermidade.
Video
Club de Brindos do Cabe
A última semana de outubro volvemos por en marcha o Club de Brindo do Cabe e, como non podía ser doutro xeito, abrimos a tempada cunha sesión de brindos de medo... que criaturas misteriosas e pesadelos ocultarán as nosas coplas? Non faltes se queres descubrilo!
E a partir de novembro vémonos todos os mércores no salón de actos para cantar e botar unhas coplas porque... no Río Cabe temos moito que dicir!
- APIs de Blogue
- Calendario
TALLER ESCRITA CREATIVA CON NOA MOREIRA
O alumnado de 3° da ESO vén de participar nun obradoiro de escrita creativa titulado "Recunchos de letras".
Na primeira fase, a través de catro estacións (Palabras e ideas, Frases e titulares, Imaxes de onte e hoxe e Poetas de aquí e acolá), o alumnado elaborou textos literarios inspirándose nos diversos elementos.
A continuación, levouse a cabo a segunda fase do proxecto que contou coa colaboración da poeta Noa Moreira (Salcedo, A Pobra do Brollón, 1985) que realizou unha asesoría creativa e literaria para axudar á rapazada a poñer á punto as súas creacións e resolveu todas as súas dúbidas ao redor da construción da literatura.
Para finalizar o proxecto, cara finais desta avaliación, o alumnado elaborará unha pequena antoloxía literaria en forma de fanzine cos seus textos.
Grazas Noa por colaborar con nós de xeito tan xeneroso e grazas á rapazada de 3° pola implicación no proxecto... no Río Cabe hai boa canteira para a escrita creativa!
Xantar de Benvida ó alumnado de 1º BAC no curso 2024-25.
Como xa é tradición, o IES Río cabe quere recibir o alumnado de 1º Bacharelato, tanto ao que se incorpora como aquel que segue os seus estudos no noso centro educativo, celebrando un xantar de benvida.
Así o día 10 de outubro, tanto profesorado como alumnado compartiron mesa no Club Fluvial de Monforte e intercambiaron experiencia deste comezo de curso.
Día Mundial da Saúde Mental
Hoxe 10 de Outubro, celébrase o Día Mundial da Saúde Mental e por elo, dende a Biblioteca e dende distintas materias, decidimos sensibilizar ao noso alumnado sobre cuestións como a adicción ao uso de teléfonos móbiles, para despois ilustrar con debuxos dita dependencia.
Tamén ilustraron aquelas actividades que sí favorecen a saúde mental e as súas preferidas son o exercicio, ler, a música, o baile, a pintura, descansar, etc
Parabéns a alumnado e profesorado polo traballo feito!!!
VII Andaina Escolar polo camiño de Inverno. 4-10-24.
Un ano máis o IES Río Cabe participa na Andaina Escolar polo Camiño de Inverno, este ano 2024 coa súa sétima edición acudíu o alumnado de 3º ESO e 4º ESO acompañado das docentes Oscar López, Nerea Piñeiro, Carmen Quiroga, Emilio Sotelo e Iria Trebolle.
Xunto cos demais centros da comarca, saíron dende Cereixa para percorrer varios quilómetros por parte deste entorno tan marabilloso como é o Camiño ata chegar a Monforte de Lemos.
Foi unha mañá de venres (4-10-24) ben entretida entre compañeiras e compañeiros, docentes e natureza.
A actividade rematou no "cadrado" de Monforte de Lemos xunto cos outros centros educativos.
Bo camiño!
Visita do alumnado a Exposición da profesora de Artes Plásticas do IES Río Cabe, Anabel Álvarez Goyanes.
Hoxe pola mañá (25-9-24) o alumnado de Expresión Artística de 4° de ESO e o de Arte de 2° de Bac visitou unha exposición de pintura no espazo +60 da Fundación Abanca.
Alí puideron ver unha mostra de cadros pintados pola nosa profesora de Artes Plásticas do IES Río Cabe, Anabel Álvarez Goyanes, quen explicou os estilos alí presentes e a transición ao longo de dúas décadas dende o realismo ata a abstracción.
O alumnado e o profesorado estamos desexando voltar a ver unha exposición que leve a firma de Anabel.
Darlle as grazas a Anabel pola súa xenerosidade e implicación e a profesora Fina que acompañou ó alumnado a esta exposición.
Xornada de convivencia do alumnado de 1º ESO no Clube Fluvial de monforte.
Este luns (30-9-24), o alumnado de 1º de ESO fixo unha saída ao Clube Fluvial de Monforte, co obxectivo de coñecerse mellor e pasar unha xornada lúdica fóra das aulas.
O día comezou con diversos xogos, dende volei, pádel, pimpón e fútbol, pensados para fomentar a cooperación e a confianza entre eles.
Despois do esforzo físico, chegou o momento máis agardado por todos: a piscina. Os/As alumnos/as desfrutaron dun baño refrescante e xogos acuáticos.
A xornada serviu para estreitar lazos entre eles, facer novas amizades e convivir nun ambiente distendido.
Agardamos que esta experiencia se quede na súa memoria durante moito tempo!
Queremos agradecer a dispoñibilidade do Clube Fluvial de Monforte para poder realizar esta actividade e a colaboración do profesorado acompañante: Raquel, Jorge e Isaura.
Mobilización do alumnado do IES Río Cabe en favor dos nenos e nenas Palestinas/os.
O 27 de setembro, o alumnado do IES Río Cabe decidiu secundar a mobilización convocada por varias organizacións para protestar polos asasinatos indiscriminados de civís por parte do estado de Israel en Líbano e na franxa de Gaza.
De xeito autónomo o alumnado de 3º ESO, organizou unha xornada reivindicativa na que, divididos varios grupos, informaron os compañeiros e compañeiras de todos os niveis do que está acontecendo no territorio Palestino para, durante o tempo de recreo, concentrarse na porta do instituto e berrar ben alto que "O Río Cabe está cos nenos e nenas palestinas".
A rapazada de 1º ESO tamén quixo colaborar realizando cartaces reivindicativos.
Exposición da nosa compañeira e profesora, Ana Álvarez Goyanes.
A exposición de Anabel, a profesora de Artes Plásticas do noso instituto, estivo ó longo deste mes no espazo +60 da Fundación de Abanca.
Leva por título "Percorridos, do real ao imaxinado" e é unha mostra de pintura na que conviven tres estilos moi diferenciados que se foron sucedendo ao longo de dúas décadas de traballo.
A mostra recibiu visitas do alumnado dos centros educativos da localidade e por suposto, o profesorado do noso centro non podía faltar!
Tivemos unha tarde de disfrute desta traxectoria artística tan interesante.
Agardando pola seguinte!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »