Mobilización do alumnado do IES Río Cabe en favor dos nenos e nenas Palestinas/os.

O 27 de setembro, o alumnado do IES Río Cabe decidiu secundar a mobilización convocada por varias organizacións para protestar polos asasinatos indiscriminados de civís por parte do estado de Israel en Líbano e na franxa de Gaza. 

De xeito autónomo o alumnado de 3º ESO, organizou unha xornada reivindicativa na que, divididos varios grupos, informaron os compañeiros e compañeiras de todos os niveis do que está acontecendo no territorio Palestino para, durante o tempo de recreo, concentrarse na porta do instituto e berrar ben alto que "O Río Cabe está cos nenos e nenas palestinas". 

A rapazada de 1º ESO tamén quixo colaborar realizando cartaces reivindicativos.

Álbum: Actividades Curso 2024/25 -> 27_9_24_1ª_AVAL_Manifestacion_GAZA

Exposición da nosa compañeira e profesora, Ana Álvarez Goyanes.

A exposición de Anabel, a profesora de Artes Plásticas do noso instituto, estivo ó longo deste mes no espazo +60 da Fundación de Abanca.

 

Leva por título "Percorridos, do real ao imaxinado" e é unha mostra de pintura na que conviven tres estilos moi diferenciados que se foron sucedendo ao longo de dúas décadas de traballo. 

 

A mostra recibiu visitas do alumnado dos centros educativos da localidade e por suposto, o profesorado do noso centro non podía faltar! 

 

Tivemos unha tarde de disfrute desta traxectoria artística tan interesante.  

 

Agardando pola seguinte!!!

Álbum: Actividades Curso 2024/25 -> 27-9-24_1ª_AVAL_Exposicion_Ana_Alvarez_Plastica

Relación de alumnado admitido Programa Cuale Inglés curso 24/25

Listado de alumnado admitido e en lista de espera do programa CUALE Inglés A1 e B1 no arquivo seguinte:

 

 

PRESENTACIÓN ALUMNADO CURSO 2024-25

10/09/2024
Europe/Madrid

O horario de presentación do alumnado será o seguinte:

 

RÉXIME

CURSO

DATA E HORA DE PRESENTACIÓN

DIÚRNO

1º ESO

Mércores 11, ás 9:30. Acompañados das familias.

2º ESO

Mércores 11, ás 10:45.

3º ESO

Xoves 12, ás 10:00 h

4º ESO

Xoves 12, ás 10:30 h

1º BAC

Xoves 12, ás 11:00 h

2º BAC

Xoves 12, ás 11:30 h

PERSOAS ADULTAS

Todos

Mércores 18, ás 18:00

 

Todas as presentacións serán no salón de actos do IES Río Cabe, e ao rematar o alumnado marchará para as súas casas.

 

As clases do diúrno comenzarán o venres 13 no horario habitual e os servizos de transporte e comedor funcionarán con normalidade.

 

 

 

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO AO NIVEL I DO TÍTULO DE TÉCNICO DEPORTIVO FÚTBOL

 

Convocatoria extraordinaria da proba específica de acceso ao nivel I das ensinanzas deportivas para a obtención do título de adestrador/a na modalidade de fútbol que se celebrarán no centro do Real Club Deportivo - A Coruña

A inscrición para a realización da devandita proba deberá formalizarse  ata o 11 de setembro de 2024, presentando a documentación establecida, e previo abono das taxas, no caso de non estar exento/a

 

A proba terá lugar na cidade deportiva de Abegondo (Agra de Marcés, s/n, San Tirso de Mabegondo, 15318 Abegondo), o xoves 19 de setembro de 2024, ás 10:00 horas.

 

Para calquer aclaración ou obter mais información pode dirixirse á Secretaría do centro, chamar ao teléfono 982 828034 ou escribir un correo electrónico a  ies.rio.cabe@edu.xunta.gal

 

Resultado das Probas de Acceso ó Ciclo de Fútbol, celebradas o 18-7-24 na Universidade Laboral. Culleredo. Coruña.

O xoves 18-7-24 na Universidade Laboral de Culleredo, celebránronse as probas de acceso ó Ciclo de Fútbol do curso 2024-25.

 

Os resultados foron os seguintes:

 

Resultados provisionais:

 

Listado específico de Fútbol das probas feitas en Culleredo.

  

Aquí vos quedan algunhas fotos da mañá solleira de xoves.

Álbum: Escolares -> 2024_18_7_24_3ª_AVA_Probas_Ciclo_Fútbol

Calendario probas específicas de ensinanzas deportivas Fútbol

 

As datas e lugares para a realización das probas específicas de ensinanzas deportivas Fútbol son as seguintes:

 

- 18 de xullo de 2024 no CIFP Universidade Laboral (Rúa Salvador Allende s/n, Culleredo - Coruña) ás 10:00h

 

- 19 de xullo de 2024: pavillón multiusos da Xunqueira (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 1º travesía,  Pontevedra)  ás 11:00h

 

A proba constará dos seguintes exercicios:

 

Parte física:

  1. Recorrer una distancia de 50 m. en un tiempo inferior a 8’’ hombres y 8,5’’ mujeres.
  2. Recorrer una distancia de 2.000 m. en un tiempo inferior a 10’ hombres y 12’ mujeres.
  3. Salto vertical de al menos 45 cm los hombres y 35 cm las mujeres.
  4. En posición determinada, flexionar el tronco al menos 30 cm los hombres y 35 las mujeres.
  5. En posición determinada lanzar balón medicinal a una distancia superior a 6 m. El peso del balón será de 5 kg para hombres y 3 kg para mujeres.

Circuito técnico:

  1. Un pase largo.
  2. Conducción del balón con el pie en carrera en línea recta.
  3. Conducción del balón con el pie en carrera zig-zag salvando 4 obstáculos separados 2 m uno de otro.
  4. Efectuar tiro a puerta desde fuera del área.
  5. Recoger el balón de la portería y realizar una conducción elevada del balón (habilidad dinámica) hasta vértice de área.
  6. Realizar un tiro de precisión a una portería de 2 x 1 m.
  7. Efectuar un control del balón a pase de un compañero, realizar pared   (1-2).
  8. Impulsar el balón por debajo de una valla saltando sobre ella. Seguido impulsar el balón por encima de una valla y pasar por debajo de ella.
  9. Tres lanzamientos a puerta desde fuera del área

 

 

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL IMPRESO CURSO 2024-25

26/06/2024
Europe/Madrid

Poden atopar a listaxe dos libros de texto necesarios para o curso 2024-25, clicando nos seguintes enlaces:

1º ESO        2º ESO       3º ESO       4º ESO      1º BAC       2º BAC

 Debido a un erro de transcripción no material de 1º BAC, o uso do libro de texto de Lingua e Literatura Galega deberá ser consultado co profesor/a antes de mercalo. Desculpen as molestias.

MATRÍCULA CURSO 2024-25

24/06/2024
Europe/Madrid

O prazo de matrícula no IES Río Cabe abarca desde o 25 de xuño ao 10 de xullo.

O alumnado terá á súa disposición un sobre que contén a documentación necesaria para formalizar a matrícula. O alumnado do IES Río Cabe recibirá dito sobre xunto coas cualificacións. O alumnado procedente doutros centros poderá recollelo en secretaría, a partir do 25 de xuño.

Rogamos que, na medida do posible, para realizar a matrícula se respecte o seguinte calendario:

DATA

CURSO NO QUE SE MATRICULA

26 e 27 de xuño

2º BAC

28 de xuño e 1 de xullo

1º BAC

2 e 3 de xullo

1º ESO

4 de xullo

2º ESO

5 e 8 de xullo

3º ESO

9 de xullo

4º ESO

 

 

 

Agasallo do noso compañeiro George, profesor de Física no General Lyceum de Nigrita (Grecia)

Estes días finais de curso recibimos un agasallo do noso compañeiro George, profesor de Física do General Lyceum de Nigrita (Grecia). O agasallo foi o CD do grupo de folk que ten na súa terra, Grecia e como non podía ser menos agradecémosllo cunha foto.

Grazas polo agasallo, por vir ao noso centro no intecambio do Erasmus+ e facernos pasar uns momentos inesquecibeis.

 

Distribuir contido