INTERCAMBIO IES RÍO CABE (MONFORTE) - IES MONTE CASTELO (BURELA)
Por segundo ano consecutivo o alumnado de 1º ESO do IES Río Cabe de Monforte e do IES Monte Castelo de Burela, levaron a cabo unha xornada de convivencia e coñecemento da cidade do Cabe e da Ribeira Sacra, o martes 21 de maio.
Foron en total 75 alumnos e alumnas os que estiveron percorrendo as terras de Lemos.
Ás 11:15 da mañá foron recibidos no salón de actos do IES Río Cabe, polo seu director e varios membros do equipo docente e ás 11:45 horas empezaron a desfrutar da visita a Monforte, que tiña inicialmente tres puntos de interese: visita á Torre da Homenaxe, ruta literaria por Monforte, para coñecer a Lois Pereiro e Manuel María para rematar coa visita á ponte romana e aos exteriores do convento das Clarisas.
Debido ás inclemencias do tempo, o alumnado voltou ao centro antes do previsto e puideron disfrutar antes e despois do xantar dunha serie de xogos cooperativos organizados polo departamento de Educación Física que fixeron as delicias dos rapaces.
Ás 16:00 colleron os autobuses para desprazarse ata o Mirador do Duque onde se deu por finalizada a xornada.
A actividade estivo organizada polos departamentos de Educación Física, Orientación, Xeografía e Histoira e Bioloxía e Xeoloxía.
Agradecer, un ano máis a predisposición do IES Monte Castelo para a realización deste intercambio, que se completará coa visita a Burela do noso alumnado o próximo 30 de maio