Canguro Matemático

O xoves 16 de marzo, alumnado de ESO e Bacharelato do IES Río Cabe participou na proba Canguro matemático. 

Este concurso está organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) e pretende que a xornada dedicada ás probas sexa unha xornada entretida e lúdica, na que cada participante afronte o reto persoal para resolver distintas cuestións matemáticas de dificultade crecente, na que resolver problemas matemáticos resulte divertido. 

Agradecemos ao alumnado a súa participación, así como a implicación do profesorado de Matemáticas Iria Trebolle, Néstor López, Emilio Sotelo e Roberto Pérez, tanto na preparación do alumnado como na organización da proba.

Segunda xornada de esquí

Hoxe foi a nosa segunda xornada de esquí, que transcurriu con todo o alumnado practicando e desfrutando da neve.

Outra vez tivemos toda a mañá soleada se ben polo tarde estivo algo nubrado. De volta ó hotel, descansaremos para recuperar enerxía para o mércores.

 

Se queres ver máis fotos, visita a galería

Primeiro día na neve - Andorra

Hoxe, como vai ser toda a semana, comezamos o día cediño, de mañá.

Por sorte, foi un precioso día de sol e esquí. Todos esquiaron dacordo ó seu nivel. Agora cómpre descansar e repor forzas para mañá. 

BECAS MEC CURSO 23/24

Informamos que xa saíu publicada a convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2023/24 (dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias: BAC, FP grao medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, Ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores, Universidades e ademais FP de grao básico).

Achegamos enlace á convocatoria e a páxina web do Ministerio onde poderedes obter toda información sobre a solicitude das becas.

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

Premios Sorteo 4º ESO - Roma

Hoxe no recreo celebramos o sorteo das cestas pro-viaxe a Roma de 4º ESO. Os números premiados son os seguintes:

          1º Premio: 1386

          2º Premio: 1645

En caso de non aparecer os gañadores, o sorteo repetirase o venres, 14 de abril, no recreo (11:15h).

 

Semana Branca en Andorra - En ruta

Onte á noite, sábado 18 de marzo, partiu o noso alumnado xunto co director, Carlos Parada, e tres profesoras, Eva Dios, Iria Trebolle e Raquel Seoane, cara a Andorra, para practicar o deporte do esquí e para unha semana de convivencia fóra do ambiente académico. 

Sobre a medianoite partiron para pasar a noite en ruta, descansar o domingo e comezar o luns coas clases e a práctica do esquí. A desfrutar! 

 

Unha vez en destino, cun precioso día de sol, toca instalarse e descansar da viaxe.

Se queres ver máis fotos, mira na galería 

8 de Marzo - Día da Muller

O Día da Muller, 8 de marzo, foi  celebrado no Río Cabe con cancións e cunha manifestación por parte do alumnado e profesorado, coas que reivindicamos, unha vez máis, a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, así como a fin de calquera tipo de violencia contra as mulleres. 

 

Os Furanchos do Río Cabe, Xurxo xunto con Ariadna, Ximena e Estefanía, puxeron a súa arte para a celebración e Flor, encargada da biblioteca, encabezou a manifestación, que se levou a cabo durante o recreo na entrada do centro

 

 

Teatro Grecolatino - Excursión a Lugo

O pasado sete de marzo o alumnado de Latín do IES Río Cabe asistiu á representación de dúas obras de teatro grecolatino. Pola mañá “Agamenón”, traxedia de Esquilo representada polo grupo “Ruiseñor”. Pola tarde, e polo mismo grupo, a comedia de Plauto “Persa”, que despertou máis dunha gargallada. Completaron a xornada cunha visita a primeira hora ó monumento de Santa Eulalia de Bóveda, un dos  máis curiosos e enigmáticos de Europa. Foron acompañados polo profesorado da asignatura Xan Rosende e Noelia Besteiro.

 

 

 

Sorteo cestas pro-viaxe a Roma de 4º ESO

O próximo luns, 20 de marzo ás 11:15h, no salón de actos de Río Cabe terá lugar o sorteo das cestas, agasallo da ANPA do instituto, coas que o alumnado de 4º ESO contou para recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso a Roma. En caso de non aparecer os boletos premiados, farase un segundo sorteo. 

Agradecemos á ANPA a súa colaboración e implicación .

Xoves 17, último día: Partido no estadio Benito Villamarín

Para rematar a estadía no Real Betis Balompié o noso grupo asistiu ao partido de Europa League Real Betis contra o Manchester United no estadio Benito Villamarín.

 

 

Esta expedición estivo formada por 15 alumnos/as de varios IES de Galicia e tres profesores.

Dende o IES Río Cabe expresamos o noso profundo agradecemento a quen fixo posible esta visita así como ao Real Betis Balompié pola oportunidade brindada.

Distribuir contido