1ª Foliada Literaria - Letras Galegas 2023

No Río Cabe quixemos celebrar as Letras Galegas con poesía, música e  baile tradicionais da nosa terra. Organizado polos departamentos de Lingua e Literatura galegas e Música, o alumnado de ESO recitou poemas de distintos poetas galegos para lembrar ó autor homenaxeado neste ano, Francisco Fernández del Riego. Posteriormente, alumnado e profesorado bailaron e tocaron música tradicional para rematar a xornada.

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

Datas e horas das probas do Nivel B1 de Inglés da EOI para o alumnado matriculado no Cuale B1

 As datas e horas de celebración dos exames das diferentes destrezas para o alumnado matriculado, neste curso académico, no Programa Cuale B1 son as seguintes:

 

 

 

 

 

Sorteo pro-viaxe fin de curso 2º BAC

Por motivos alleos á nosa vontade, foi imposible realizar o sorteo da cesta de produtos gastronómicos coa que o alumnado de 2º BAC tenta recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso a Roma. O sorteo farase o próximo día 31 de maio no período de recreo (11:15- 11:45h.), no hall de entrada ó centro.

1º de Bac visita a Fábrica da luz, o Museo da Enerxía e as Médulas

Bioloxía-Xeoloxía e Física e Química.

O martes 16 de maio os alumnos/as de 1º Bacharelato realizaron unha saída organizada polos departamentos de FísQuim e BioXeo conxuntamente, acompañados dos seus profesores José Manuel Gil e María Padrón.

Pola mañá realizaron unha visita Á Fábrica da Luz, Museo da Enerxía de Ponferrada, espazo onde o carbón é o actor principal durante todo o seu percorrido.

O museo está ubicado na antiga central térmica da Minero Siderurxia de Ponferrada (MSP), que estivo en funcionamento entre 1920 e 1971.

Durante o percorrido puideron descubrir como se producía a electricidade a partir do carbón a principios do século pasado e coñecer as particularidades da sociedade daquela época.

 Pola tarde e despois dun bo xantar, visitaron as Médulas, considerada a maior mina a ceo aberto da época romana e declarada Patrimonio da Humanidade e unha das maiores obras de enxeñería da Antigüidade.

A visita guiada consistiu nun percorrido circular de 3 km para desfrutar dun dos últimos frentes da explotación onde os romanos abandonaron o xacemento.

O percorrido é un paso polo interior da mina, entre un labirinto de “piecuezos” vermellos e castiñeiros centenarios. Este percorrido axuda a recoñecer o que está pola zona arqueolóxica e a función que tivo cada punto de interese (lagos, asentamentos, miradores,…)

Foi unha xornada de convivencia memorable…

        

   

 

Charla de Carmen Toba e Suso Verao - Plan Proyecta

Este martes 9 de maio viñeron ata o noso centro Carme Toba Trillo (natural de Muxía, A Costa da Morte, membro de Apatrigal, Asociación para a Defensa do Patrimonio Galego) e Suso Verao (natural de Sober, ex director e ex profesor do IES Río Cabe). Ambos ofrecéronnos unhas charlas que resultaron do máis entretidas e interesantes para o alumnado de 3ª ESO e profesorado que puidemos asistir. Ditas charlas están dentro do Plan Proxecta “Alvarizas, un ben singular da Ribeira Sacra” no que o alumnado de 3ºESO segue a traballar.

 

Comezou Suso Verao falándonos da ruta “Alvarizas e colados desde a Adega Cividade”, en Barantes (Sober), que abriron e manteñen entre el e seu irmán Xosé Ramón. Nela podemos ver as transformacións dos antigos agros en piñeirais, un castro, colados, petróglifos e varias alvarizas. 

 

Carme Toba Trillo comezou explicándonos a importancia que teñen as abellas, como na prehistoria xa se recolectaba mel directamente da natureza e como os romanos foron quenes introduciron na Península o traballo coas colmeas. Falounos das distintas casas que poden ter as abellas (covos, cortizos, trobos, lacenas) e dos materiais dos que están feitas (barro, cortiza, madeira, pedra, vimbio, pizarra…) o que demostra como o home sempre se adaptou aos recursos que lle brindaba o medio natural. Tamén nos explicou os diferentes tipos de alvarizas: as lineais da Costa da Morte (que tamén se dan en Irlanda, Inglaterra ou na Bretaña francesa), as redondas da Ribeira Sacra, O Courel e Os Ancares; as de tipo torre (talameiros) en Asturias, ou as colgantes de China. Sorprendeulle  moito ao alumnado, entre outras moitas cousas, a existencia das lacenas da Costa da Morte e do norte de Pontevedra e o feito de que se lles selara a entrada con bostade vaca; tamén a forma dos talameiros en Asturias ou as alvarizas colgantes en China, así como as numerosas propiedades do mel para curar diversas doenzas.

 

Moitas grazas Carme Toba Trillo e Suso Verao por ter vido ata o noso centro. As vosas explicacións axudáronnos a entender un pouquiño máis o valor que ten o noso patrimonio e a necesidade de, entre todos, conservalo e protexelo.

 

 

 

 

 

Datas e horas dos exames finais convocatoria ordinaria dos niveis 2 e 4 da ESA

Durante os días 1, 2 e 5 de xuño terán lugar os exames finais dos distintos ámbitos dos niveis 2 e 4 da ESA da convocatoria ordinaria. As probas realizaranse na aula 004 (NIVEL 4) seguindo o horario que aparece a continuación:

 

Calendario de exames finais convocatoria ordinaria XUÑO 1º bacharelato semipresencial curso 22/23

Os exames finais de 1º de Bacharelato SEMIPRESENCIAL da convocatoria ordinaria celebraránse os días 1, 2  e 5 de xuño. Dacordo co seguinte calendario:

 

 

Sorteo da cesta pro-viaxe do alumnado de 2º BAC

O próximo xoves, 18 de maio ás 11:15h, no hall do Río Cabe terá lugar o sorteo da cesta coa que o alumnado de

de BAC contou para recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso a Roma. O resultado publicarase na páxina web

do centro.  En caso de non aparecer o boleto premiado, realizarase un segundo sorteo. 

Agradecemos á ANPA a súa colaboración e implicación .

 

O Delegado da Xunta, Javier Arias, visita o Cabe

O Delegado da Xunta, Javier Arias, estivo o pasado martes, 9 de maio, co alumnado de 1º de Bac que ven de participar na final nacional do concurso de Economía "Young Business Talents" comentando a experiencia vivida en Madrid e felicitándoos polos éxitos acadados. E aproveitou a saudar ó alumnado do intercambio entre os centros de Burela e Monforte que ese día se atopaba no centro.

Dende o Cabe queremos agradecer  a Javier a súa amable visita.

Intercambio de alumnado entre o IES Río Cabe e o IES Monte Castelo de Burela

 O alumnado de 1º de ESO do IES Monte Castelo de Burela visitou., o pasado 9 de maio, o noso instituto, participando nun intercambio escolar entre os dous centros, no

que tomaron parte 70 alumnos e alumnas.  O obxectivo era confraternizar e coñecer a cidade do Cabe e a Ribeira Sacra.

 

 Sobre as 11 da mañá foron recibidos no instituto e logo partiron a visitar a Torre da Homenaxe, facer un roteiro literario sobre os autores Lois Pereiro e Manuel María así

como visitar a Ponte Romana e os exteriores do convento das Clarisas. Despois do almorzo no centro escolar, desprazáronse ata o Mirador do Duque, onde rematou a

xornada.

   

A actividade estivo organizada polos departamentos de Educación Física, Orientación, Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia e lingua Galega.

 A Dirección do Río Cabe agradece a todo o profesorado participante a súa implicación na actividade e en especial, a boa predisposición do IES Monte Castelo para a

realización deste intercambio, que se completará coa visita a Burela do noso alumnado o próximo 30 de maio.

  

 

 

 

 

Distribuir contido