Vacacións en Roma

 

O alumnado de 4º Eso do Río Cabe rematou o período escolar cunha merecida viaxe á cidade eterna. Como sempre sucede nestes casos, a diversión comeza xa saíndo de Monforte. Desexámosvos unha viaxe que lembredes para sempre.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Convocatoria de cursos CELGA para o curso 23/24

Publicouse a Resolución do 13 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega, que estará activo nos seguintes prazos establecidos para a presentación das solicitudes:

  • Cursos do 1º cuadrimestre: do 3 ao 14 de xullo de 2023

  • Cursos do 2º cuadrimestre: do 13 ao 24 de novembro de 2023

Máis información:

 

Charla dos alumnos/as de 3º ESO sobre as alvarizas

 Os alumnos/as de 3º ESO que traballan no Plan Proxecta “Alvarizas, un ben singular na Ribeira Sacra” estiveron moi atarefados as dúas últimas semanas explicando aos seus compañeiros/as

de 1º, 2º, 4º ESO e aos profesores, o que aprenderon durante este curso sobre as alvarizas. Divididos en grupos, foron explicando clase por clase distintos aspectos do seu traballo: comezaron

explicando desde cando a Ribeira Sacra é BIC e por que retirou a súa candidatura en xuño de 2021 para ser nomeada Patrimonio da Humanidade. Continuaron explicando distintos aspectos

das alvarizas: que son e por que se construíron, desde cando están documentadas, como son as alvarizas en Galicia, comparando as que hai na Ribeira Sacra (sobre todo nos concellos de

Sober e de Nogueira de Ramuín) coas da Serra do Courel e da Costa da Morte; tamén analizaron as alvarizas que hai no resto de España e fóra de España, así como os distintos tipos de

colmeas que había en Galicia (covos, cortizos, trobos e lacenas). Remataron as súas charlas explicando a importancia que teñen as abellas para o desenvolvemento da vida na terra e os

problemas aos que se enfrontan (cambio climático, vespa velutina, varroa, pesticidas, etc.), e recordando a excursión que fixeron á sala de envasado Melsacra donde puideron degustar

distintos tipos de mel (de xenxibre, de castiñeiro, con noces, con améndoas e con sabor a café).

 

 

Cada unha das charlas rematou cun aplauso, por suposto moi merecido, por parte dos oíntes.

 

Agradecemos, un ano máis, aos alumnos/as de 3ºESO o seu esforzo e traballo grazas o cal foi posible realizar esta actividade. E tamén, por suposto, agradecemos aos alumnos/as de 1º, 2º, 4º

de ESO e aos profesores a atención prestada. Moitas grazas a tod@s!

 

 

 

Matrícula curso 2023-24

O prazo de matrícula abarca desde o 23 de xuño ao 7 de xullo.

O alumnado terá á súa disposición un sobre que contén a documentación necesaria para formalizar a matrícula. O alumnado do IES Río Cabe recibirá dito sobre xunto coas cualificacións o día 23 de xuño. O alumnado procedente doutros centros poderá recollelo na Secretaría, a partir do 23 de xuño.

Pregamos que, na medida do posible, se respecte o seguinte calendario de matrícula:

DATA CURSO NO QUE SE MATRICULA
23 e 26 de xuño 2º BAC
27 e 28 de xuño 1º BAC
29 e 30 de xuño 4º ESO
3 de xullo 3º ESO
4 e 5 de xullo 2º ESO
6 e 7 de xullo 1º ESO

O alumnado interesado nas ensinanzas para adultos (castelán e galego para estranxeiros, ensino secundario de adultos e bacharelato semipresencial) poderá matricularse en calquera día comprendido entre o 23 de xuño e o 7 de xullo.

Libros de texto 2023/2024 - Diúrno

Lista de libros de texto por curso e materias:

1º ESO                     2º ESO

3º ESO                     4º ESO

1º BAC                     2º BAC

Graduación de 4º ESO - 2023

Na tarde de hoxe, 16 de xuño, celebramos a graduación do alumnado de 4º de ESO no Río Cabe; foi una celebración para o recordo, porque os protagonistas foron un grupo de nenas e nenos dos que nos sentimos profundamente orgullosos. Este vídeo é o adianto do que foi a tarde de  despedida a 4º ESO. Grazas a Fe Tellado pola seu traballo na elaboración do mesmo.

 

Probas EXTRAORDINARIAS de certificación EOI para o alumnado de Cuale B1 Inglés

As datas e horas de celebración dos exames EXTRAORDINARIOS das diferentes destrezas para o alumnado matriculado, neste curso académico, no Programa Cuale B1 son as seguintes:

 

 

 

Observa_acción Fase 2: IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

O mércores 31 de maio, tivemos o pracer de recibir a visita dun grupo de profesores do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, como parte do programa Oberva_acción, no que estamos participando ambos centros durante este curso 22 - 23

O noso profesorado, xa visitara o centro da cidade do Lérez o venres 26 de maio.

Pola mañá, e depois de seren recibidos polo director e a xefa de estudos do noso centro e poñelos ó día sobre a organización e oferta educativa do centro, asistiron a diferentes clases. 

Despois de xantar, e xa máis relaxados, realizamos unha sesión de reflexión para coñecer o parecer e impresións que lle causou a estadía no IES Río Cabe.

Ambas visitas resultaron moi produtivas, para ambos centros. 

Dende o Río Cabe desexamos que este intercambio vaia máis aló da participación neste programa!!!!

Podedes ver máis fotos na galería

3ª xornada en Roma

O noso terceiro día en Roma comezou, outra vez, baixo unha treboada. Iniciamos unha intensa xornada visitando o Museo Vaticano  cunha guía que nos ensinou os museos vaticanos, o famoso Laoconte, a Escola de Atenas de Raffael, a Capela Sixtina de Miguel Anxo entre outros, rematando a visita na Basílica de San Pedro onde contemplamos a Piedade e a cúpula, obras tamén de Miguel Anxo, e o Baldaquino de Bernini.

Pola tarde, unha vez máis, a treboada impediunos seguir os nosos plans iniciais e soamente puidemos ver o Castelo de San Angelo e rematar a xornada ceando no famoso barrio do Trastevere.

Podes ver máis fotos na galería

2º día en Roma

O noso segundo día na cidade eterna comezou con sol e cunha panorámica a pé que resultou do máis interesante. Reunímonos coa guía na Praza de España e alí puidemos contemplar a barcazza de Bernini, a grande escaleira que leva á Igrexa da Trinitá dei Monti, a praza da Inmaculada Concepción e a Embaixada Española, considerada a primeira sede diplomática da cidade. Tamén vimos o Edificio da Propaganda da Fe no cal a familia Barberini deixou a súa marca: as abellas. Entramos na Basílica parroquial Sant’ Andrea delle Fratte, obra de Borromini, e, xusto en fronte da basílica está a casa de Bernini onde aparece representado na fachada o seu retrato tallado polo propio artista.

Continuando a nosa visita chegamos á Fontana di Trevi e, tras dúas horas de camiñada, rematamos no Panteón.

Pola tarde sorprendeunos de novo unha treboada polo que o plan previsto tivo que verse modificado e reducirse á visita da igrexa de Sant Prieto in Vincoli e o Foro Romano.

Rematamos a xornada ceando na praza Navonna onde se atopa a Fonte dos Catro ríos de Bernini e, a continuación, desfrutamos dunha visión nocturna do Panteón e da Fontana di Trevi.

E así rematamos a nosa “giornata”.

Distribuir contido