Skip to Content

Curso 2014-2015

Ruta histórico-cultural pola Mariña Central

O pasado venres, día 17 de abril, alumnos e alumnas de 2º da ESO  realizamos un percorrido histórico por distintos lugares da Mariña Central para coñecer o  seu patrimonio cultural. Concretamente visitamos o castro celta de Fazouro, a igrexa-catedral-basílica de San Martiño de Mondoñedo e a catedral de Mondoñedo.
Esta actividade permitiunos ver , estudar e comprender  características, elementos e aspectos da historia dun xeito diferente. Resultou altamente interesante e instructiva.
 

Outro premio para o IES Perdouro!!

IES Perdouro premiado co seu proxecto de innovación en dinamización lingüística "Neofalantes iniciais: da alfabetización á fluidez comunicativa"

Parabéns para os promotores!!! Bernardo e Mª José !!!
 
 
O IES Perdouro felicita aos demáis centros premiados así como aos seus respectivos docentes impulsores :
  • CPI de Navia de Suarna - Lugo
  • CEIP de Frións, CEIP Heroínas de Sálvora de Ribeira - A Coruña
  • IES Rodeira de Cangas - Pontevedra
  • IES da Pobra do Caramiñal - A Coruña 

Parabéns compañeir@s!!!

Concerto da Gallaecia Big Band

O venres día 10 de abril alumnos de 2º, 3º e 4º de Música baixamos á Casa da Cultura de Burela para asistir a un concerto didáctico ofrecido pola Gallaecia Big Band, unha banda de Jazz. O evento foi organizado para que os rapaces de ESO tivésemos uns mínimos coñecementos sobre a historia deste tipo de música.

Seguir lendo a crónica de Tania Valiña Eijo no blogue de Perdourando.

Demostración de manicura no taller de Imaxe Persoal

As alumnas do ciclo medio de Peiteados e Cosmética Capilar asistiron o pasado 25 de febreiro a unha clase práctica de manicura. A xornada formativa centrouse nas técnicas actuáis en decoración de uñas a cargo dunha profesional da marca de cosméticos de Peggy Sagge. Nesta Actividade a profesional realizou varias técnicas de decoración que máis se demandan e que están de actualidade como son: decoración con caviar, degradados, uñas de gel, ilack esmaltado semipermanente etc.

 

Portas abertas : Alumnos do IES Marqués de Sargadelos visitan o centro

Alumnos de 4º PDC do IES Marqués de Sargadelos visitaron esta mañá as aulas e talleres dos ciclos formativos que se imparten no centro. Profesores e xefes de Departamento explicáronlles o plan de estudos dos ciclos medio de Mecanizado, Instalacións en Telecomunicacións, Peiteado e Cosmética Capilar e Xestión Administrativa así como as actividades e visitas complementarias á formación recibida no centro.

Gotas para Níxer

O venres 27 de marzo, alumnos e alumnas de  1º da  ESO, participamos nunha carreira solidaria baixo o lema “GOTAS PARA NIXER”,  e que formaba parte da campaña  de movilización escolar en apoio da supervivencia infantil neste país. Días antes as monitoras de GAIA do Concello de Burela impartíronnos unha charla para sensibilizarnos e explicarnos este proxecto.

 
 

2ª entrega: Novidades en Banda Deseñada

Segunda remesa de Banda Deseñada que nos trouxo Ricardo dende Pontevedra.

 

Charla sobre a nova normativa de ICT para alumnos de Electrónica

O martes 24 de marzo, Manuel Parajua da empresa Televés, impartíu unha charla sobre a nova normativa de ICT, (Normativa das Infraestructuras Comúns de Telecomunicacións)destinada ao alumnado de 2º do Ciclo Medio de IT e de 2º do Ciclo Superior de ME.

O inxeneiro realizou prácticas de fusión de fibra óptica cos alumnos.

Saída formativa para o alumnado da familia profesional de Administración

Alumnos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas fixeron o pasado 26 de marzo unha visita a dúas empresas da Coruña:

GADISA en Betanzos, un centro de opereacións  loxísticas dende donde se controla todo o proceso de distribución  de produtos  ata os seus puntos de venta, atendendo á rapidez, inmediatez e calidade.

NETEX, unha empresa que se dedica á aplicación das novas tecnoloxías ao mundo da formación para empresas, editoriais ou institucións educativas.

 

Estivemos facendo parte do programa Come e Fala da RTVG 12/04/2015

Come e Fala da RTVG con José Manuel García e Berta Castro - 12/04/15
 
Como dúas locutoras máis da Radio Galega, Maka Ledo e Helena Valle, alumnas de 1º de Bach e gañadoras do premio o Galego na Onda, tiveron un pequeno espazo para falar da oferta gastronómica de Burela no programa da RTVG Come e fala. Entrevistaron a Luís Rubal do Hotel Canabal e a Viviane Furtado para falar das especialidades caboverdianas.

Moitas grazas José Manuel García polo convite e por esta mañá fantástica nos estudios da Radio Galega.  Momentos inesquecibles!"!!!
 
Para escoitar o programa na Radio á carta da Radio Galega, picade aquí.
 

Novidades na biblioteca

Velaquí as últimas adquisións da biblioteca respondendo a demanda dos nosos lectores. Boa lectura!!

 

Programa KTORCE-18

Celebrouse o martes, día 7 de abril, unha charla divulgativa destinada ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Formación Profesional Básica. Ana Pérez Figueroa, Educadora Social e Coordinadora da Área de Conflito Social da Asociación ARELA, foi a responsable de impartir o obradoiro KTORCE-18 (Programa de prevención de condutas infractoras) promovido pola Asociación ARELA e a Fundación Barrié.

O Programa KTORCE-18 pretende informar sobre a Lei 5/2000 de responsabilidade penal dos menores ós seus protagonistas, os adolescentes, mozos e mozas co fin de reducir a comisión de delitos nestas idades, polo descoñecemento da Lei ou do contido desta.

... seguir lendo no blogue de Perdourando

Coloquio con ex-parlamentarios dos tres grupos políticos

O Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as organizan unha charla-coloquio no IES PERDOURO, de Burela que tivo lugar o venres 27 de marzo destinada ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
 
Neste acto participaron os exdeputados Fernando Carlos Rodríguez Pérez (PPdeG), Ismael Rego González (PSdeG-PSOE) e Lois Diéguez Vázquez (BNPG-PSG). Logo dunha breve presentación, os ex-parlamentarios mantiveron cos alumnos un coloquio moderado por Bríxida Pino, profesora de Historia. 
 
 

Xornada formativa - obradoiro de corte e cor - CM Peiteados e Coméstica Capilar

Xornada de formación en novas tendencias de cor e corte impartida por profesionais de Comercial Monte.

O pasado 23 de febreiro,  no taller de Perrucaría, Manuel e Ramón ensinaron ás alumnas do Ciclo Medio de Perrucaría trucos e novidades en corte e cor.
 

Intercambio de francés - Acollida en Galicia - 10 anos de irmandamento

Actividades de intercambio do departamento de Francés - Acollida en Galicia 19-26 de marzo.

Un total de 29 alumnos franceses acompañados por tres dos seus profesores do Colexio Jean Monnet da localidade bretona de Janzé están de visita en Burela como parte dun intercambio lingüístico entre os dous centros de enseñanza. Este ano cúmprense 10 anos de intercambio entre ambas vilas.
Distribuir contido


by Dr. Radut