Skip to Content

Taboleiro

Publicada a listaxe definitiva de axudas para FCT e FP Dual

Está publicada no taboleiro do centro a listaxe de axudas para a Formación en Centros de Traballo e para a FP Dual. 

Debes achegarte ao IES Perdouro se queres informarte. 

Esta listaxe só se pode consultar de forma presencial. 

Presentación do CUALE de lingua portuguesa do curso 24-25

Matrículate en CUALE de Lingua portuguesa

Recorda matricularte. A lingua portuguesa comparte raíz coa galega. Será moi fácil para ti aprender portugués. E se vés dun país de fala portuguesa, podes aproveitar para certificar o teu nivel de lingua. Serache moi útil ter o B1 ou B2 dunha lingua estranxeira para o teu desenvolvemento persoal e profesional. 
 
Que é o programa CUALE?
Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado como preparación para as probas de certificación dos niveis das ensinanzas especializadas de idiomas. 
 
En que consiste? 
Proporciona formación complementaria de linguas estranxeiras, tanto a alumnado como a profesorado, seguindo os niveis do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Lévase a cabo dentro do propio centro, fóra do horario lectivo xeral. Este programa está implantado en educación secundaria e en ciclos formativos. Incrementa a competencia en idiomas do alumnado e facilita que se presente á certificación na EE.OO.II. dentro das probas libres. 
 
A quen vai dirixido? 
Alumnado de Bacharelato ou Ciclos Superiores ou quen teña acreditado un A2.

Publicada a listaxe provisional de axudas para a FCT e a FP Dual

No taboleiro do centro están publicadas as listaxes provisionais das axudas para a FCT e FP Dual. 

As persoas que as solicitaron deben comprobar a lista. O período de reclamacións vai do día 11 ao 20 de setembro. 

A listaxe definitiva publicarase o 21 de setembro. 

Presentacións de inicio do curso 2024-25

Benvidos ao curso académico 24-25!

Agardamos que descansásedes moito e que tivésedes un verán extraordinario. Agora toca comezar un novo curso. Estaremos agardándovos para facer as presentacións o mércores 11 e o xoves 12 de setembro. O profesorado titor acompañaravos á vosa aula de referencia. 

Os cursos que teñan a presentación o mércores 11 comezarán as clases o xoves 12 e os que teñan a presentación o xoves comezarán as clases o venres 13 de setembro. 

Vide con moitas ganas!

Bo verán e ata setembro!

 
Durante o mes de xullo o instituto estivo en funcionamento para tramitar matrículas, entregar memorias, preparar o curso que vén... Agora toca descansar. 
 
Prestade atención á nosa páxina web porque nela publicarase nos primeiros días de setembro o calendario de presentacións. 
 
Esperámosvos en setembro! Desfrutade moito do verán!

Entrega de vales de material e de libros de texto do fondo solidario

Solicita os libros do fondo solidario

Calendario de exames - Convocatoria extraordinaria 2º Bacharelato

No enlace que aparece a continuación pódese consultar o calendario de exames correspondentes á convocatoria extraordinaria de 2º de Bacharelato e de pendentes de 1º de Bacharelato.

CALENDARIO

Uso de móbiles e dispositivos electrónicos en centros educativos. Protocolo da Consellería de Educación

Achégase, para o seu coñecemento, a Orde do 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles  e dispositivos electrónicos nos centros educativos.

DATAS DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES: ESO e BACHARELATO

No seguinte enlace pódese consultar o calendario de exames de materias pendentes para o curso 2023-24, tanto para a ESO como para Bacharelato:

Amplíase o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional

Amplíase o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes ata o día 22 de setembro ás 13:00 horas.

Presentación de CUALE o martes 19 de setembro ás 17:00h

  

Presentacións de inicio de curso 2023-24

Xa estamos de volta!

As presentacións de inicio de curso son o luns 11 e o martes 12 de setembro. O lugar é a biblioteca do centro e desde alí o profesorado titor acompañaravos á vosa aula de referencia. Cada grupo comezará as clases ao día seguinte da súa presentación. 

Benvidos ao curso 2023-24 no IES Perdouro! 





Oferta educativa 23/24

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut