Skip to Content

Taboleiro

Data de entrega do boletín de notas 2ª avaliación

Entrega do boletín de calificación da 2ª avaliación
Venres 01/04/16

 ESO + 1º Bach + FPB

Campaña de doazón de sangue

O Centro de Transfusión de Galicia organiza unha Campaña de doazón de sangue que terá lugar o mércores 17 de febreiro (de 10:30h a 14:00h e de 16:30h a 21:00h) nos institutos de Burela. Unha unidade móbil estará instalada no aparcadoiro do Monte Castelo.

Uns técnicos do Centro de Transfusión virán informar ao alumnado maior de 18 anos polas clases o martes, día 16.

O alumnado que compre cos requisitos poderá participar de forma voluntaria na campaña de doazón de sangue. O médico poderá entregar un xustificante ao alumnado se llelo pide.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior

Convócanse por parte da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativo, de xeito ordinario, probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior de formación profesional en centros sostidos con fondos públicos para o ano 2016.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 15 e 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos
  • Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 4 e 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos

Toda a información:

Probas acceso a ciclos formativos de grao medio.

Probas acceso a ciclos formativos de grao superior.

Convocatoria DOG    Calendario

Novidades da convocatoria de probas de acceso de 2016 para ciclos de grao superior

As persoas que posúan un título de técnico de formación profesional ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos. (...)

 

Segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar: CURSO 2015/2016

Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Modelo de solicitude

Prazo de presentación: ata o 21/11/2015

Entrega dos vales nas librería: ata o 30/11/2015

Procedemento: ED330F

Orde do 6 de novembro de 2015 (DOG)

Aberto prazo de Matrícula ata o 02/10/15

Listado de Alumnos 15-16

Presentación do curso 2015-2016

School : Teacher Explaining Something to Students

    MÉRCORES 16 DE SETEMBRO

  • 10:00h - Presentación do curso: 3º de ESO 
  • 10:30h - Presentación do curso: 4º de ESO
  • 11:00h - Presentación do curso: 1° e 2° de BAC
  • 11:30h - Presentación do curso: 2º de ESO
  • 12:00h - Presentación do curso: 1º de ESO

   XOVES 17 DE SETEMBRO  

  • 10:00h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior:1º Curso
  • 11:00h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior:2º Curso
  • 12:00h  - Presentación do curso : 1º + 2º FP Básica

As clases empezarán o día seguinte da presentación do curso con total normalidade.

Axudas para a adquisición de material escolar

Axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

Prazo de presentación: do 02/09/2015  ao 01/10/2015

Modelo de solicitude

Probas extraordinarias de Setembro 2015

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO 2015
SUCCESSFUL School Exams : groupe d'étudiants qui étudient ensemble dans la classe

Martes 1

Mércores2    

Xoves 3

Convocatoria extraordinaria de exames.

Prema na seguinte ligazón para consultar o calendario. A distribución de grupos en aulas será feita polo profesorado no momento do chamamento ás probas.

News image Xoves 3

Avaliación de 2º de BAC   

Entrega de notas ás 13h00.  

(Período de reclamacións do 4 ao 7 de setembro)

Venres 4

Avaliación de ESO, 1º de BAC e 1º de FP Básica

Luns 7 10:00h

Entrega de Notas: ESO + Bach + FPB

Devolución dos libros de texto ao banco solidario de 11h-13h & 16h18h

(Período de reclamacións do 7 ao 10 de setembro)

Bolsas 2015

Bolsas e axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo:

https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvencione...

 Prazo de presentación ata o 30 de setembro

Bolsas e axudas a alumnos de niveis postobligatorios non universitarios:

https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvencione...

 Prazo de presentación ata o 30 de setembro

Bolsas e axudas de carácter xeral 2015-2016:

http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/mc/becas/2015/presentacion.html

Calendarios Exames extraordinarios de Setembro

1º + 2º ESO 3º + 4º ESO
1º + 2º Bach. 1º FP Básica

Entrega Boletín de notas: Mércores 24 ás 11h00

Probas de acceso Ciclos Formativos de Grao Superior - 29/04/15

Instrucións para a súa realización. Convocatoria 2015

Documentación que se precisa

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.

Non se permitirá o acceso ao lugar de celebración da proba sen os devanditos documentos.

As persoas que teñan algún problema de identificación terán que dirixirse ao tribunal, que valorará as incidencias e tomará as decisións que considere oportunas.

Horario das probas

Presentación: Ás 9:00 horas.

Parte común da proba: Das 10:15 ás 13:30 horas (matemáticas, lingua galega e lingua castelá).

Parte específica da proba: Das 16:00 ás 18:30 horas: materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo.

En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas nos lugares designados polos centros. As persoas que estean exentas de realizar a parte común acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas. As persoas que estean exentas de realizar a parte específica acudirán soamente ao hamamento das 9:00 horas. As persoas que estean exentas das dúas partes non terán que acudir á celebración da proba.

Non será posible abandonar o lugar de realización da proba ata que o tribunal dea a autorización.

Advertencias

Non se poderá acceder ao lugar de realización das probas con ningún dispositivo que permita transmitir e/ou almacenar información.

O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas poderá ser causa de exclusión.

Materiais que se poden empregar para a realización das probas

Bolígrafos de tinta negra ou azul.

Calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.

Para a proba de debuxo técnico, materiais básicos de debuxo: lapis, compás, regra, escuadra e cartabón.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut