Skip to Content

EDLG

Equipo de Dinamización de Lingua Galega

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)

O EDLG está formado por:

  • Coordinador/a
  • Un membro do equipo directivo
  • Representantes do claustro
  • Alumnado
  • Un membro do persoal non docente

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Perdouro de Burela ofrece os seguintes recursos e servizos á comunidade educativa:

No blog do EDLG, http://perdourando.blogspot.com.es/ pódense encontrar todo tipo de recursos:

  • Blogues e webs de interese
  • Tradutores
  • Dicionarios e léxicos

Entre os servizos que o EDLG ofrece ao centro ou ao contorno están:

  • a elaboración do calendario do centro,
  • a revista do centro,
  • a elaboración da exposición sobre o autor homenaxeado no Día das Letras galegas,
  • a radio escolar,
  • a corrección e asesoramento na documentación de empresas da contorna,
  • a organización de charlas, conferencias, exposicións e obradoiros sobre temas de interese,
  • o fomento da lectura e o apoio ao equipo de biblioteca,
  • o dar a coñecer textos, autores e patrimonio cultural galego,
  • o asesoramento no emprego das TIC e o fomento do seu uso en galego,
  • a coordinación con outros EDLG da comarca e de Galicia,
  • a organización da celebración de festas tradicionais e das efemérides correspondentes a cada época do ano,
  • a participación en concursos relacionados coa lingua galega, etc.

Recompilando os 21 días co galego e máis....

Este curso recibimos un reto: o dos 21 Días co galego e máis. Así foi como formamos parte desta estupenda iniciativa xunto a outro nove centros de Galicia e como nos convertimos en factoría de produción audiovisual con propostas diversas para achegarnos ao galego e á súa cultura.

Na seguinte presentación recollemos algúns dos traballos realizados:

 

Clausura dos 21 días co galego e +

Esta mañá celebrouse a sesión de clausura dos 21 días co galego e +. Reunímonos na aula de música do centro co alumnado de 3 ESO C e PMAR, o equipo directivo, profesorado e persoal non docente. Abríu o acto Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, que felicitou aos dez centros pola participación nesta 3ª edición do programa dos 21días co galego e máis. A continuación, tomou a palabra Pilar Ponte Patiño, coordinadora docente do programa, que felicitou especialmente os equipos de dinamización da lingua galega e as persoas coordinadoras que, desde o comezo do curso, asumiron  os 21 Días co galego e + como un proxecto propio e puxeron nel ilusións e moitas horas de traballo.

Dos tres centros convidados para participar na clausura, falaron:

Natalia Irimia, profesora do IES Perdouro de Burela (Lugo), e Raquel Lopes Ramos de 1º de Bacharelato Guiomar Vázquez, profesora do IES Taboada Chivite de Verín (Ourense), acompañada de alumnado D. Manuel Barreiro, CPR A Inmaculada de Lugo, acompañado de alumnado.
 
Accede a reportaxe fotográfica AQUÍ.

Acto festivo dos 21 días co galego e máis

Como actividade de peche desta edición do programa "21 días co galego e máis", o alumnado de 3º ESO xuntámonos nas pistas de deporte. 


Iniciamos o acto escoitando "Vento nas velas" que é a sintonía da edición deste ano, composta e cantada por Naomi Rey do IES Ramón Cabanillas de Cambados. Ademais de broche final, intentamos que este acto fose tamén unha unión por e para o galego e coa nosa cultura.

De seguido, escoitamos a dous dos nosos compañeiros interpretando no violín unha versión acústica de "Camariñas" para, a continuación, desfrutar da "Cantiga de Santa María" na voz doutro grupo de alumnas e alumnos de 3º. Como non hai dous sen tres, rematamos esta serie con outra interpretación do grupo de corda, a da cantiga popular "A saia da Carolina".
Seguidamente, un grupo de alumnos e profesores empezaron a inchar o fol das gaitas, colocaron o tamboril e o bombo mentres se escoitaban as ferreñas das pandeiretas para xuntos interpretar o pasodobre de Mallou e as rumbas da Buxaina e de Cuba. A actuación foi estupenda e, aínda que empezaron a caer unhas pingas de auga, non nos impediron bailar a todos xuntos ao son da muiñeira "Loliña".
Foi un remate fabuloso: como bos galegos, debaixo do barruzo, coa nosa música e cultura, para promocionar o uso da lingua e animar a xente que non é galega a coñecer o noso idioma, querelo e, por suposto, non ter medo a falalo, como ben dixo Natalia, coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 

 
Accede ao álbum de fotos AQUÍ.

Carmen Fraga Posada - 3º ESO A

Cuestionarios de usos lingüísticos

Cuestionarios de usos lingüísticos

Aberto o prazo para cubrir a enquisa sociolingüística de uso da lingua galega, un documento que afecta a toda a comunidade educativa.

Preme no cuestionario do colectivo ao que pertences e sigue as instrucións que che facilitará o profesorado; el é o que che indicará cando e como debes realizar o cuestionario.

Estes cuestionarios son anónimos e forman parte das enquisas de centro para o Proxecto Lingüístico, un documento que de xeito obrigatorio deben realizar todos os centros educativos de Galicia.

Advertencia para as familias:

  • A nai, o pai ou representante legal debe cubrilo por separado e co mesmo contrasinal que o seu fillo ou filla.

Preme no cuestionario que debas cubrir ti.

Día 1 - 21 días co galego "Acto inaugural"

Hoxe 22 de febreiro de 2021 iniciamos os 21 días co galego e +.

Este é un programa que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego así como a reflexión persoal sobre a relación que cada persoa ten co galego e co resto das linguas que coñece.

Ao longo de 21 días, no blog dos 21 días atoparemos propostas diversas para achegarnos ao galego e á súa cultura.

Somos máis de trinta profesores e profesoras do Perdouro de secundaria e ciclos formativos participando neste programa, un total de 280 alumnos e alumnas aproximadamente e contamos tamén co persoal non docente.

Esta mañá, asistimos ao acto inaugural dende a aula de 3º ESO A emitido por videoconferencia. Aínda que a conexión por momento non foi óptima, puidemos escoitar as palabras de ánimo de Valentín García (Secretario Xeral de Política Lingca.) e de Víctor Freixanes (Presidente da Real Academia Galega). Pilar Ponte (Coordinadora dos 21 Días co galego) retounos a facer a seguinte reflexión:

REFLEXIÓN 1

Hoxe vas ter que realizar a túa primeira gravación de reflexión.

Lembra que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final do día, o que realmente importa é a túa sinceridade e capacidade de análise. Non necesitamos que nos contes o marabilloso que é o galego; ben o sabemos!

  •     Que usos fas ti habitualmente do galego?
  •     Que che parece a proposta dos 21 Días co Galego e +?
  •     Pensas que che será moi doado ou moi difícil para ti?
  •     Se non falas galego de forma cotiá. Veste capaz de chegar a falar 24 horas en galego desde o primeiro día?
  •     Cres que o lograrás antes do último día?
  •     Que reaccións percibiches entre o resto da túa clase ou na casa?
  •     Que pasos deches xa hoxe para seguires a proposta?
  •     Pensas ampliar progresivamente os usos ou tentas xa falar galego sempre?
  •     En que ámbitos (escola, amizade, familia, lecer…) ou con que tipo de persoas cres/sabes que che custará máis?
  •     Agora establece 3 retos concretos para o teu avance como galegofalante. Lembra que se ti xa es galegofalante os teus retos serán de que 3 maneiras lle vas axudar ao resto das túas compañeiras e compañeiros.

Máis fotos de entregas de camisetas AQUÍ

Chegaron os calendarios 2019 do EDLG

Que si. Por fin chegaron os calendarios 2019 do EDLG.
O apalpador deixounos ao pé da cheminea. O alumnado de 4° ESO TIC que os fixo pasará polas aulas a repartirlos. Gran traballo que recompila a historia local.
#TraballoEnEquipo #EDLG #AMariñaTenHistoria
 
 
 

Acto de Presentación da revista Maruxía nº 24

 

Viaxe a Portugal

Os alumnos e alumnas de 1º de BAC fixemos unha viaxe de 5 días por Portugal na primeira semana do curso.
O noso primeiro destino foi Porto. Alí visitamos a casa da Música, un dos auditorios coa mellora acústica do mundo, obra de arquitetura que foi concebida para o evento Capital Europea da Cultura 2001, da autoría do arquitecto Rem Koolhaas e aclamada internacionalmente. Outros lugares de interese turístico que visitamos foron: ... seguir lendo no blogue de Perdourando.

Intercambio co IES Terra de Xallas de Santa Comba - acollida en Burela

Venres, día 4 de maio. Alumnas e alumnos de 2º de ESO estabamos con inquietude porque iamos recibir o grupo dos nosos correspondentes do IES Terra de Xallas, de Santa Comba, cos que xa con antelación tiveramos contacto grazas aos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos dous centros, dado que nos xa viaxaramos a Santa Comba ... seguir a recensión de Paula Enríquez Barcia no Blogue de Perdourando.

Acto Día Das Letras Galegas

Carteis Letras Galegas 2018

A iniciativa partiu do noso Equipo de Dinamización de Lingua Galega e traballou co alumnado de TIC de 4º de ESO empregando unha ferramenta gratuita de deseño web, Canva.
As citas da autora homenaxeada das nosas Letras que titularon "As leccións de vida de María Victoria Moreno" foron sacadas das lecturas de Leonardo e os fontaneiros e Anagnórise.



Tamén podes acceder ao albúm de fotos aquí

Correlingua 2018

O xoves 10 de maio, os rapaces de 1º de ESO acodiron á convocatoria anual do Correlingua baixo o lema "A lingua non para", iniciativa que xa vai pola 18. A carreira en prol da lingua celebrouse, nesta ocasión, en Mondoñedo, dende o Campo dos Remedios ata a Praza da Catedral.
A festa final estivo a cargo de Cé Orquestra, houbo lectura do manifesto, actuacións de centros e das Moreninhas que cantaron No niño novo do vento de Álvaro Cunqueiro e do gañador do Cantalingua, Cuarta Xusta, así como entrega de premios aos gañadores da carreira.
Unha mañá ben aproveitada !!!
 
Accede ao albúm de fotos aquí.

De Burela a Santa Comba: andar a terra para coñecela e querela cada vez máis.

O venres 13 de abril o alumnado de 2º de ESO viaxou ata o concello de Santa Comba para encontrarse con alumnos e alumnas do IES Terra de Xallas no marco dun intercambio en lingua galega programado polos Equipos de Dinamización de ambos centros edudativos.
 
Ler a completísima crónica do profesor Bernardo Penabade aquí.
 
Podes acceder à reportaxe fotográfica aquí.

Celebramos o Día de Rosalía na biblioteca do IES Perdouro

Pequeno adianto da celebración do Día de Rosalía na biblioteca do IES Perdouro.
#AbrideAFiestra. Deuse lectura ao manifesto da AELG. Contouse coa actucación musical en directo de Moreninhas, de Flávio e do Trío da Banda Dambara e coa proxección de videopoemas feitos polo alumnado. 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut