Skip to Content

EDLG

Equipo de Dinamización de Lingua Galega

Que viva o Entroido!

Que viva o Entroido!!!! Se queres saber as distintas tradicións de Entroido de Galicia, os diferentes tipos de gastronomía así como as festas e desfiles que se celebrarán pola Mariña, achégate ao hall de entrada e verás uns murais moi ilustrativos que o alumnado de 1º ESO estivo facendo coa súa profesora, Miruca Parga, para informarnos de xeito ameno.
Ver a exposición neste albúm de fotos.

A Mariña ten historia (I): Ruta pola Mariña Occidental e Central

Os alumnos de 4º ESO B do IES Perdouro de Burela foron de ruta fotográfica pola Mariña Occidental. Visitaron diversos lugares que tiveron importancia histórica que moita xente descoñece xa que, ou é difícil acceder a eles ou non se coñecen. Por iso, o alumnado de TIC deste curso 2017/18 decidiu elixir como temática estes lugares que non se coñecen para ilustrar o calendario deste ano 2018.

Coas súas cámaras, saíron do instituto ás oito e media da mañá do mércores 25 de outubro. A primeira parada foi en Cabo Burela, situado no paseo marítimo da Marosa en Burela. Alí subiron .... seguir lendo a crónica de Andrea Santos Pereiro, 4º ESO no blogue de Perdourando.

Xa chegaron os calendarios do EDLG

Como cada ano, o ano empeza coa chegada dos calendarios de sobremesa e de marcapáxina do Equipo de Dinamización. Este curso foille encomendado esta tarefa ao alumnado de 4º de ESO de TIC. 
Como o 2018 é Ano Europeo do Patrimonio Cultural, o Equipo de Dinamización quixo por en valor a riqueza patrimonial da Mariña no seu calendario anual e así aumentar a concienciación dos alumnos en torno á historia local. Son 13 as fotografías escollidas entre moitas que se fixeron a raíz de dúas saídas educativas pola Mariña Oriental e Occidental. 
Esperamos que vos guste e vexades como "A Mariña ten historia" e moita.

Nadal e propósitos

Entre o alumnado de 1º e 4º de ESO, coa axuda dunha aplicación chamada Notegraphy, redactamos os nosos propósitos para o 2018 e o que lles desexamos aos nosos familiares e amigos.
 
Escolleuse unha pequena selección para adornar o mural entorno ao Belén no hall de entrada do centro.
 

Bo Nadal 2017 !!!

 

"As aventuras de Gale" teatro de monicreques de A xanela do Maxín

Os rapaces de 1º de ESO de varios institutos da Mariña tiveron esta mañá unha cita no Auditorio de Burela cos monicreques de A Xanela do Maxín coa obra As aventuras de Gale.

Sinopse: 

Gale conducirá ás nenas e nenos a través da súa historia e traeraos ao presente mostrándolles a situación na que se atopa e a maneira na que poden axudarlle ... seguir lendo no blogue de Perdourando.

Acto presentación Maruxía nº 23

O vindeiro xoves 22 de xuño no recreo, as alumnas de 3º PMAR coordinadas pola súa profesora Miruca Parga, convídannos a achegarnos ata a biblioteca para asistir ao acto de presentación do novo número da revista escolar dos Matos. Desvelarannos os contidos do nº 23 asi como os momentos gratificantes deste traballo colaborativo de Escola de Prensa. Maruxía 23 recolle unha moi pequena mostra de todas e tantas actividades que se celebraron e desenvolveron durante este viguroso ano académico. Tamén conta con varias seccións: alimentación, vida sá, voluntariado, deportes, xogos.
 
Ademais farase entrega dos premios dos concursos literario e imaxe da A. C. Os Matos coa temática deste ano "O leite é a vida".
 

Acto de Entrega de Premios Escola de Prensa El Progreso

Esta tarde fomos recibir o 1º Premio acadado no certame Escola de Prensa de El Progreso.

Accede á reportaxe fotográfica AQUÍ.

 

Premio do xurado no certame Escola de Prensa El Progreso

 
O equipo Maruxía composto por Andrea, Damaris, Laura, Yaiza, Zaira e liderado por Miruca Parga recibe o premio do xurado no concurso Escola de Prensa de El Progreso na categoría de 3º e 4º ESO. Soubemos pola prensa de hoxe a boa nova onde destacan o seguinte:
 
"Na categoría 3º e 4º de ESO o primeiro premio foi acadado polo IES Perdouro de Burela. É moi meritorio o traballo realizado por este grupo de rapazas da Mariña, con acertadas remaquetacións de páxinas orixinais para adecualas aos temas abordados, imaxes silueteadas e infografías. A temática tamén é moi interesante, con entrevistas e reportaxes que sen dúbida podrían ter cabida nas páxinas de calquera xornal elaborado por profesionais. Dende o principio as autoras organizáronse e empezaron a traballar nun ilusionante proxecto que agora recibe o merecido premio do xurado."
 
Ademáis do premio do xurado as rapazas tamén acadaron outros dous premios: á mellor entrevista e á mellor infografía e maquetación.
 
O vindeiro martes, día 20 de xuño, os gañadores das tres categorías (primaria, 1º e 2º ESO, 3º e 4º ESO) recollerán os seus xornais impresos na rotativa de El Progreso no Ceao de Lugo. Todos os traballos publicaranse nun suplemento especial o xoves 22 de xuño. 
 
Accede aos recortes de prensa aquí. El Progreso 14/06/17

Fallo premio Concursos Os Matos 2017

O xurado resolveu outorgarlles os premios aos traballos presentados polos seguintes alumnos:
 
"XI Concurso literario" da As. Cultural Os Matos - Tema "O leite é a vida”

CATEGORÍA 1º e 2º ESO:   

  • 1º premio: Diego Ferreira Martín (2º ESO A)
  • Accedits: Daniel Piqueras Valle (2º ESO A) e Alejandra Alonso Fernández (2º ESO A)

CATEGORÍA 3º e 4º ESO: deserto

CATEGORÍA 1º e 2º Bach.: deserto

"IX Concurso de Imaxe" da As. Cultural Os Matos - Tema "O leite é a vida”

CATEGORÍA 1º e 2º ESO:

  • 1º premio: Alba Geada Bernal (1º ESO A)
  • Accedits: Hugo Cobas Linares (1º ESO A) e Adrián Fernández Casas (2º ESO A)

CATEGORÍA 3º e 4º ESO:

  • 1º premio: Carmen Pernas Pernas (3º ESO B )
  • Accedits: Raisa Rivera Chonate (3ºESO B) e Laura Pernas Pérez (3º ESO B)

CATEGORÍA 1º e 2º Bach.:

  • 1º premio: Mario Cordido García (1º Bach. A)
  • Accedits: María Areán Maseda (1º Bach. A) e Itziar García Cruz (1º Bach. B)

Abrazos poéticos

A escritora caboverdiana Amália Faustino estará de visita en Burela entre os próximos días 22 e 25 de maio. Con este motivo -tal vez a primeira ocasión en que un escritor ou escritora caboverdiano residente no arquipélago visite a comunidade de compatriotas aquí asentados desde 1978-, o IES Perdouro organizou unha intervención educativa coa poesía como elemento de relación fraternal entre os pobos.
 

Ás 11:45 da mañá do próximo martes, día 23 de maio, o alumnado reunirase no patio do centro escolar, onde coñecerá a escritora convidada e con ela compartirá un recital de poesía. Ademais das composicións propias de cada unha das persoas que recite, tamén está prevista a declamación conxunta do poema "Irmáns!, co que Celso Emilio Ferreiro defendeu a convivencia entre os diferentes pobos do mundo ("Por encima de muros e valados, como un irmau che falo").

 
Dado que entre o alumnado do IES Perdouro existe unha porcentaxe elevada de mozos e mozas de procedencia inmigrante, nos últimos anos o centro escolar realizou un grande esforzo humano e económico para o fomento dunha educación inclusiva. Por esta iniciativa innovadora, tanto colectivamente o centro como individualmente varios alumnos e alumnas recibiron diversos premios outorgados por entidades públicas e privadas.
 

O espantallo amigo de Neira Vilas polo alumnado de 2º de ESO de Oratoria

Contribución do alumnado de 2º ESO B de Oratoria para celebrar o día das letras galegas:

 

Correlingua 2017

Os rapaces de 1º de ESO acodiron á convocatoria anual do Correlingua na Mariña baixo o lema "En Galego, sen cancelas". A camiñata a prol da lingua celebrouse, nesta ocasión, en Viveiro. Isabel Risco presentou o acto final. Os nosos alumnos tamén aportaron o seu pequeno gran de area cunha pancarta co lema da convocatoria menstres outros, preparados polo seu profesor de Educación Física, participaron na carreira. Fíxose lectura do manifesto gañador deste ano e houbo actuacións de alumnado dos centros da Mariña así como a entrega de premios aos gañadores da carreira. E para rematar, o grupo de Roberto Sobrado pechou o acto coa súa actuación. Unha xornada de ledicia e deportiva!!!
 
Accede ás fotografías no blogue de Perdourando.
 

Mosteiros e conventos da Mariña de Lugo, un traballo de investigación

Esta mañá tivo lugar na biblioteca o acto de presentación dun traballo elaborado polo alumnado de 2º de Bacharelato. Antón Niñe foi o coordinador e quixo coa axuda do Concello de Burela poder plasmar este traballo de investigación nun díptico que leva por título "Mosteiros e conventos da Mariña de Lugo".
No acto presidido polo alcalde, Alfredo LLano, os alumnos de 2º de Bacharelato explicaron como se desenvolveu o traballo colaborativo e de investigación entre eles. Uns desprazáronse para sacar fotos dos templos e outros entrevistáronse cos curas.  
De Mondoñedo, referenciaron o Convento da Concepción, o Convento dos Picos, e o Convento de San Pedro de Alcántara. En Lourenzá, fálannos do Mosteiro de San Salvador. En Ribadeo citan o Convento de Santa Clara e a igrexa de Santa María do Campo. En Foz, reseñan a Basílica de San Martiño. En Viveiro, non esqueceron o Convento de Valdeflores, o Convento da Concepción e o Convento de San Francisco. E no Vicedo quedan os restos do Mosteiro de San Miguel.
 
De cara a Semana Santa, vanse imprimir 2000 exemplares para poder repartir entre as oficinas de turismo das localidades.
 
Accede o noso albúm fotográfico aquí.

Acto inaugural Exposición "Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro"

Esta mañá tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro o acto de inauguración da exposición "Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro" destinado ao alumnado de 3º e 4º ESO e 1º de Bacharelato. 
 
Aproveitando a próxima celebración do día internacional da poesía, tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela o acto de inauguración da exposición "Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro". Dita exposición itinerante lembra a figura de Manuel Rodríguez López, escritor nado en Paradela considerado un importante poeta obreiro de Galicia na segunda metade do século XX, discípulo de Celso Emilio e de Manuel María. 
No acto participaron Mariña Gueimunde, Xefa Territorial de Cultura, Educación e. Ordenación Universitaria e María José Gómez, xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural, José Manuel Mato, Alcalde de Paradela, e Antonio Giz, director de Galicia Digital e promotor do proxecto, Antón Niñe, Presidente da Asociación Cultural Os Matos e o director do centro, Santiago Pérez. 
Ao remate do acto fíxose entrega ... seguir lendo no blogue de Perdourando.
Distribuir contido


by Dr. Radut