Skip to Content

EDLG

Equipo de Dinamización de Lingua Galega

O MÍTICO APALPADOR CHEGA A BURELA

O Apalpador, a mítica figura do Nadal Galego, chega a Burela e faino da man da Concellaría de Industria e Comercio do Concello de Burela e dos Equipos de Dinamización Lingüística dos institutos da localidade: os IES Monte Castelo e Perdouro.
Mañá venres, ás 11:15 horas, na Biblioteca do IES Perdouro, Miruca Parga e Carme Cociña,  coordinadoras dos Equipos de Dinamización Lingüística nos  centros de ensino secundario de Burela, e Xosé González Legazpi, concelleiro de Comercio e Turismo, presentarán esta campaña de Nadal que beneficiará os establecementos comerciais da localidade.
Tal como xa fixeran en anos anteriores, os institutos e o concello colaborarán co comercio local ofrecendo unhas etiquetas coa figura do Apalpador. Estes adhesivos están destinados a embelecer os envoltorios das compras de Nadal.

AUGUSTIN FERNÁNDEZ PAZ REXEITA O PREMIO DA CULTURA GALEGA DAS LETRAS

 
Augustín Fernández Paz rexeita o Premio Cultura Galega das Letras logo da serlle outorgado. Acóllese aos motivos de Prolingua para argumentar a súa negativa a aceptar o galargón:
 
  Ante a convocatoria da Consellería de Cultura e Turismo dos «Premios da Cultura Galega», manifestamos que nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, e polo tanto contra o marco xurídico e fronte ao consenso que posibilitou a súa presenza pública, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega.
 

 
 
 
Coñecer máis sobre os premios outorgados no Xornal.com

A MEMORIA DA LINGUA

Avance do documental sobre a memoria lingüística do galego realizado por As Candongas do Quirombo.

EN GALEGO TAMÉN SE FAI CIENCIA

A campaña En Galego tamén se fai ciencia,  que lanzaron as tres universidades galegas, ten como eixo central erradicar preconceitos e complexos de inferioridade. Atoparedes testimuñas de ilustres científicos que reivindican e exercen un uso normal do galego no seu día a día.
Esta presentación é o recurso didáctico elaborado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística que explica as consecuencias do decreto.
DECRETO
View more documents from Bergantera.

 

RESULTADOS DA VOTACIÓN PARA A PORTADA DE MARUXÍA Nº 16

Os resultados da votación foron os seguintes:

  • a portada ganadora foi a número 2 con 80 votos
  • a número 4 conseguiu 27 votos 
  • a número 1 contouo con 22 votos, e
  • a número 3 foi votada por 11 persoas

A número 2, elixida por vós como a mellor do ano 2010, figurará como portada da revista.

 Parabéns  para Mónica Cortiñas Pardeiro de Perruquería, autora da imaxe.

 

VOTACIÓN PARA A PORTADA DE MARUXÍA Nº 16

Estas son as portadas elixidas entre as que se presentaron para publicar a edición da revista deste ano. Tedes a posibilidade de elixir a que para vós sexa a mellor. Todo o alumnado do IES Perdouro pode facelo. Só tedes que ir á conserxería, dicir o voso nome e introducir na urna unha papeleta co número 1, 2, 3 ou 4. O prazo está aberto desde o 7 ata o 21 de maio.

 
 Portada nº 1
 Portada nº 2
   
   
   
Portada nº3  Portada nº4

 

 

ORGULLOS@S DO NOSO

CONVOCATORIA PARA A PORTADA DE MARUXÍA

         O que desexe presentar a súa portada para a revista do curso 2009-10, debe facelo enviándoa por correo electrónico ao enderezo portadamaruxia@gmail.com
        
        A data límite para mandala é o 6 de abril de 2010. Os responsables da redacción da revista realizarán unha selección das portadas de maior calidade e todo o alumnado do centro terá a posibilidade de votar para elixir a que considere mellor.
       
        Participa! A túa portada pode ser a gañadora!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut