Skip to Content

Internet Segura

COIDA DA TÚA IMAXE

Internet estase convertindo nunha das principais fontes de información, coñecemento  e lecer , pero é necesario facer un uso seguro da mesma co fin de evitar os seus riscos e perigos.

Podedes comprobar os vosos coñecementos sobre a privacidade na rede a través deste xogo "privial".

DECÁLOGO DO QUE NON DEBES FACER EN INTERNET

Na web de Internet y Familia, atoparás o decálogo do que nunca se debe facer en Internet. De lectura recomendable.

NAVEGA CON RUMBO

NAVEGA CON RUMBO    

Estades segur@s de que sabedes navegar pola rede??



Nesta páxina poderedes atopar unha guía que vos axudará a navegar segur@s. (para alumn@s, familias, e profes)


Podedes comprobar o que sabedes nestes xogos.

   

REDES SOCIAIS

            

Coidarse en Internet é moi sinxelo. Só tedes que consultar a seguinte web de aquí no pasas  e volo explican todo. Xa sabedes, mantede as distancias. Sexades prudentes. Empregade a lóxica da vida diaria no uso das redes sociais.

Trivial por unha internet máis segura

Aquí atoparás un test de avalación (12 preguntas) sobre os teus coñecementos sobre internet.

Pica na seguinte ligazón e comproba as túas habilidades.

PROTECCIÓN DE DATOS

A Axencia Vasca de Protección de Datos (AVPD, ), coa colaboración de Pantallas Amigas e o asesoramento do Goberno Vasco, Departamento de Educación, Investigación e Universidades, crearon diversos proxectos segundo a idade dos rapaces.

 

 

Nesta páxina web pódese acceder tamén a 3 proxectos:
- Aventuras de Reda e Neto (9-11 anos) ensínannos como protexer a vida privada propia e allea cando se tratan datos persoais. Son personaxes dunha serie de animacións audiovisuais dirixidas aos mozos, nenos e á comunidade escolar.
- Kontuzdatos.Ti decides (15-17 anos). Ademais existe unha guía dirixida ao profesorado en formato PDF.
- Manuais de uso de Tecnoloxías para rapaces (9-11 anos; 12-14 anos; 15-17 anos).

Os obxectivos finais do recurso son:

* Que os nenos e nenas aprecien o valor que teñen os seus datos persoais e os doutras persoas, particularmente en medios dixitais. E isto porque a través destes datos poden ser identificados, transmiten unha imaxe de si mesmos e terceiras persoas poden tomar decisións que lles afecten.

* Que os nenos e nenas desenvolvan unha actitude consciente e activa no control da información persoal, propia ou doutras persoas.

O estilo de comunicación: empregada nestes recursos audiovisuais de breve duración é próximo aos rapaces. A idea básica, común a todas as animacións, é que é importante controlar e protexer a información sobre un mesmo e tamén os datos doutras persoas.

Despois do visionado de cada animación, propóñense cuestións para o debate que permiten experimentar en contexto real as ideas que as aventuras transmiten. Ademais, relaciónanse actividades a desenvolver coa familia, cuxo obxectivo tamén é sensibilizar a esta do seu papel educativo no uso das tecnoloxías da información e comunicación (TIC), rol que só pode levar a cabo compartindo con eles o uso das mesmas.

Tamén podemos atopar enlaces interesantes coma estes:

 

- Sitios relacionados coa seguridade en Internet e a protección de información persoal

* SegurSarean, por unha Internet máis segura
* Proxecto Susi - Uso máis seguro dos Servizos en Internet
* Página web de Panda Security e INTECO
* Oficina de Seguridad del Internauta - OSI
* Asociación sen ánimo de lucro contra la pornografía infantil: Protégeles
* Pautas para el uso seguro y crítico de las pantallas (TV e Internet)

- Sitios educativos

* EducaRed, sitio para aprender e innovar mediante Internet

 

Grazas a Cristina Novoa da Asesoria de Bibliotecas por estar sempre ao tanto e transmitirnos a información. 

USO SEGURO DE INTERNET


O pasado mes de febreiro celebrouse o "Internet Safer Day - Think B4 U Post", o Día internacional pola seguridade en Internet coa finalidade de promover o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías entre menores e adolescentes.

Tics, foros, blogs e redes sociais permiten a publicación de fotos, artigos, opinións... e interactuar deixando comentarios, subir fotos, vídeos sen que sexamos conscientes, as máis das veces, das consecuencias; isto pode convetirse nunha arma con dobre gume (fomentar a creatividade ou danar e ferir aos outros).

Para evitalo debemos:
- Configurar adecuadamente as opcións de privacidade da rede.
- Facer unha selección de contactos e amigos.
- Pensar nas consecuencias antes de publicar, subir unha foto, vídeo, un comentario, etc.
- Solicitar o permiso das persoas que aparecen nas imaxes ou ás que se cita nos comentarios.

Seguindo estes pasos evitaremos danar a outras persoas, a compañeiros que se poden sentir avergoñados ou ofendidos polas nosas actuacións.

Podedes atopar máis información nestes enlaces:
- Oficina de Seguridade do internauta: http://www.osi.es/Protegete/Menores_protegidos/
- Centro de respuestas a incidentes en TIC para Pymes e cidadáns: cert.inteco.es
( fonte: Pesonal Computer & internet)

PRIVACIDADE EN INTERNET

Esta última semana antes do Nadal, uns membros do grupo "delitos telemáticos da Garda Civil" deron unhas charlas nas que lles plantexaron aos alumnos de ESO e Bacharelato, os perigos que pode levar consigo un mal uso da rede Internet e a aspecto da privacidade cuns únicos obxetivos:
* Reflexionar antes de subir imaxes ou outros contidos á rede.
* Non decir pola rede o que non se diría en público.
* A importancia de educar na prudencia...

Máis información aquí.

 

 

 

E consulta no Segrel todas as súas ligazóns e estes videos:

Distribuir contido


by Dr. Radut