Skip to Content

Seguro Escolar

Conferencia do neurobiólogo Carlos Spuch sobre o Alzheimer e outras demencias

Na xornada do martes 17 de outubro o alumnado de 1º de Bacharelato e de CM de Peiteado e Cosmética Capilar acudimos a unha charla sobre o alzhéimer, unha enfermidade que afecta actualmente en España ao redor de 70.000 persoas. Esta actividade foi organizada pola Fundación Barrié e por AFAN Burela.  

O neurobiólogo Carlos Spuch explicounos cales son as causas da enfermidade, os datos máis relevantes sobre ela e como podemos axudar ás persoas que a sofren. 

O alzhéimer non afecta a todo o cerebro, senón só a unha pequena parte, a correspondente á fala, toma de decisións, comportamento e pensamento, entre outras. Pola contra, non afecta nin á memoria musical nin ás emocións, polo que a musicoterapia é unha das formas de atrasar a aparición desta enfermidade; tamén axuda a isto algunha das medicinas descubertas e o adestramento do cerebro. Sabemos tamén que a memoria non se perde, senón que fallan os lóbulos sinápticos, é dicir, as redes que conectan as neuronas entre si. 

Unha das preguntas máis frecuentes sobre este mal é: o alzhéimer é xenético? A resposta é non: é unha enfermidade que se dá a causa do noso ambiente aínda que, raramente, tamén pode ser xenética. 

En conclusión, para axudar ás persoas afectadas, deberiamos escoitar e interpretar o que nos queren dicir. Outra opción sería falarlles e poñelas en contexto da situación na que se atopan, para que poidan así expresar as súas emocións. 

Para rematar a charla, Carlos Spuch nomeou tamén diferentes persoas que padecían esta enfermidade ou algún outro tipo de demencia, como Carmen Sevilla, unha actriz española, e unha veciña da localidade de Burela, a cal estivo presente no acto. 

Pódese acceder a máis imaxes da actividade AQUÍ.

 Laura Alonso Fernández - 1º BACB

Seguro Escolar

Ao acceder por primeira vez ao 3º curso de ESO (ou a FP Básica se o alumno/a non cursou 3º de ESO), o alumnado deberá comezar a pagar o Seguro Escolar (1,12 euros por cada ano académico).

Trátase dun seguro que protexe aos estudantes, menores de 28 anos, que cursen estudos oficiais desde 3º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), ata o final do terceiro ciclo universitario, mediante prestacións sanitarias e económicas, en caso de enfermidade, accidente escolar e infortunio familiar.

Na web da Seguridade Social pódese obter información xeral sobre as prestacións do seguro escolar.

Na sección Trámites e Xestións pódese acceder a unha versión simplificada da información.

Importante: desde o curso 2018/2019 xa non é necesario que o alumnado dispoña de NUSS (Número da Seguridade Social) para ser beneficiario do seguro escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut