Skip to Content

Convenios

Convenios - Proxecto de innovación lingüística

MODELO BURELA ao servizo do COMERCIO LOCAL

 

A área de innovación educativa do Instituto Perdouro, en colaboración coa Asociación de Comerciantes (ACIA), promove durante este curso 2011-2012 unha serie de iniciativas destinadas á promoción do comercio local.

Ao mesmo tempo que facemos unha posta en valor das prácticas comerciais con mellor atención ao público, tamén ofrecemos a empresas e comercios un servizo de atención personalizada co obxectivo de facer unha proxección do sector tanto entre o público de Burela como entre a clientela procedente doutras localidades.

COLABORACIÓN DO INSTITUTO PERDOURO CON COMERCIOS E EMPRESAS

Se desexa actualizar a comunicación corporativa da empresa ou se pensa en facer unha nova campaña publicitaria, nós podemos axudarlle.

Se quere transmitir unha imaxe cosmopolita do seu comercio ou empresa, nós ofercémoslle o noso punto de vista. Temos experiencia en colaboración con outras empresas coas que mantemos convenios desde hai varios anos.

Ao mesmo tempo, se quere redactar un convite ou un recordatorio especial; se vai efectuar unha compra-venda ou un arrendamento; se pensa constituír unha sociedade mercantil ou incluso facer testamento...

…conte coa nosa colaboración. Facilitamos modelos e revisamos os orixinais.

SERVIZO DE ATENCIÓN

Período:  meses de maio e xuño de 2012

Horario:  De luns a venres;  entre as 11:00 e as 11:30 horas. Para atención fóra deste horario convencional, é necesario que concerten a visita chamando ao número 982 57 50 98. Tamén poden ponerse en contacto con nós a través do correo electrónico: modeloaditivo@gmail.com

Modelo Burela

Palabras que non leva o vento

Distribuir contido


by Dr. Radut