O pasado venres 12 de xuño, entregáronse na biblioteca do IES Perdouro os premios do IX Concurso de relato curto e do VII Concurso de imaxe convocados anualmente pola Asociación Cultural "Os Matos" cuxo lema foi “Xogos e xoguetes”.
Na modalidade de relato curto, as composicións gañadoras foron “Xogos e xoguetes” de Marta Porto Rodríguez (4º ESO B) como primeiro premio e “O neno e os xogos do xogueteiro” de Pablo García Cobas (4º ESO A) como segundo premio.
Na modalidade de imaxe, as obras gañadoras foron "A praia dos recordos” de Sara López Alvariño (1º Bach. A) como primeiro premio e "Escapada da infancia” de Lourdes López Pérez (1º Bach. B) como segundo premio.
.. Ver fotografía no blogue de Perdourando.