Skip to Content

Presentación da revista escolar da Asociación Cultural “Os Matos” do IES Perdouro Maruxía nº 22

Para clausurar o curso, esta mañá tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro a Festa das palabras e das letras, o acto anual de presentación da revista escolar "Maruxía" da Asociación Cultural "Os Matos".  Asistiron ao acto Santiago Pérez Docobo, director do centro educativo; Antón Niñe, Presidente da A.C. "Os Matos" e Miruca Parga, coordinadora do EDLG. 
 
Antón Niñe, presente da AC "Os Matos", abriu o acto con sentimento de ledicia explicando aos asistentes que "a presentación dun novo exemplar da nosa revista é o momento moi esperado pola satisfacción que nos produce e porque sabemos que nos mantemos fieis no obxetivo iniciado hai máis de dúas décadas, ser un medio de expresión da comunidade educativa do IES Perdouro." Un ano máis, os principais responsables da elaboración dos contidos da revista foron alumnos de ESO, de bacharelato e docentes do centro. Na lectura das súas páxinas poderemos darnos conta do latexar da vida do instituto cunha variedade de artigos e entrevistas que nos informa do acontecer do curso que agora termina. Pola súa banda, Miruca Parga explicou como traballou co seu alumnado de 1º de bacharelato de Tecnoloxía da Información e da Comunicación para a redacción e maquetación da revista que se publica anualmente no centro dende fai 22 anos. A publicación que recolle unha mostra das actividades e traballos realizados no centro durante o curso académico, está editada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e pola Asociación Cultural "Os Matos".
 
Ver reportaxe fotográfica no blogue de Perdourando.
 
Revista Maruxía en PDF aquí.


page | by Dr. Radut