Texto sacado do blog da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol).
Non podíamos deixar rematar o ano sen homenaxear ao gran Celso Emilio Ferreiro (Celanova 1912 - Vigo 1979).
Se queredes saber do escritor, da súa traxectoria vital e política na nosa terra e fóra dela- xa que residíu un tempo en América-, do seu caracter e aficións, dos amigos que tiña, da fermosa e atípica historia de amor que vivíu coa súa muller- a bela Luisa Moraima-, á que adicou moitos poemas; ademáis de curiosidades como que pola súa iniciativa publicouse o primeiro LP de música galega e que quizáis sexa o poeta galego máis musicado e cantado, non tendes máis que ver a presentación que da vida e obra do poeta ofrécenos aquí Elvira Roiz.