Skip to Content

Abrazos poéticos

A escritora caboverdiana Amália Faustino estará de visita en Burela entre os próximos días 22 e 25 de maio. Con este motivo -tal vez a primeira ocasión en que un escritor ou escritora caboverdiano residente no arquipélago visite a comunidade de compatriotas aquí asentados desde 1978-, o IES Perdouro organizou unha intervención educativa coa poesía como elemento de relación fraternal entre os pobos.
 

Ás 11:45 da mañá do próximo martes, día 23 de maio, o alumnado reunirase no patio do centro escolar, onde coñecerá a escritora convidada e con ela compartirá un recital de poesía. Ademais das composicións propias de cada unha das persoas que recite, tamén está prevista a declamación conxunta do poema "Irmáns!, co que Celso Emilio Ferreiro defendeu a convivencia entre os diferentes pobos do mundo ("Por encima de muros e valados, como un irmau che falo").

 
Dado que entre o alumnado do IES Perdouro existe unha porcentaxe elevada de mozos e mozas de procedencia inmigrante, nos últimos anos o centro escolar realizou un grande esforzo humano e económico para o fomento dunha educación inclusiva. Por esta iniciativa innovadora, tanto colectivamente o centro como individualmente varios alumnos e alumnas recibiron diversos premios outorgados por entidades públicas e privadas.
 


page | by Dr. Radut