O EDLG está formado por:
- Coordinador/a
- Un membro do equipo directivo
- Representantes do claustro
- Alumnado
- Un membro do persoal non docente
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Perdouro de Burela ofrece os seguintes recursos e servizos á comunidade educativa:
No blog do EDLG, http://perdourando.blogspot.com.es/ pódense encontrar todo tipo de recursos:
- Blogues e webs de interese
- Tradutores
- Dicionarios e léxicos
Entre os servizos que o EDLG ofrece ao centro ou ao contorno están:
- a elaboración do calendario do centro,
- a revista do centro,
- a elaboración da exposición sobre o autor homenaxeado no Día das Letras galegas,
- a radio escolar,
- a corrección e asesoramento na documentación de empresas da contorna,
- a organización de charlas, conferencias, exposicións e obradoiros sobre temas de interese,
- o fomento da lectura e o apoio ao equipo de biblioteca,
- o dar a coñecer textos, autores e patrimonio cultural galego,
- o asesoramento no emprego das TIC e o fomento do seu uso en galego,
- a coordinación con outros EDLG da comarca e de Galicia,
- a organización da celebración de festas tradicionais e das efemérides correspondentes a cada época do ano,
- a participación en concursos relacionados coa lingua galega, etc.