O Parlamento de Galicia e a Asociación de Exparlamentarios/as organizan unha charla-coloquio no IES PERDOURO, de Burela que tivo lugar o venres 27 de marzo destinada ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.
Neste acto participaron os exdeputados Fernando Carlos Rodríguez Pérez (PPdeG), Ismael Rego González (PSdeG-PSOE) e Lois Diéguez Vázquez (BNPG-PSG). Logo dunha breve presentación, os ex-parlamentarios mantiveron cos alumnos un coloquio moderado por Bríxida Pino, profesora de Historia.