Skip to Content

Curso 2014-2015

Día da muller traballadora

 

Lembramos a figura de Leiras Pulpeiro a través dun roteiro por Mondoñedo

O venres, día 6 de marzo, os alumnos de 3º PDC estiveron en Mondoñedo na Xornada de Lembranza sobre Leiras Pulpeiro. Estes mozos e mozas do Modelo de Nación do Século XXI participaron no acto de inauguración do Roteiro Literario dedicado a Manuel Leiras Pulpeiro.

 
Ver a completa reportaxe fotográfica de Katia  e seguir lendo no blogue de Perdourando.

Alumnos de Mecanizado visitan unha empresa do sector na Coruña

O luns 2 de marzo, os alumnos de primeiro e segundo curso do Ciclo Medio de Mecanizado realizaron unha viaxe a Coruña para visitar unha empresa de Fabricación Mecánica líder no sector, Metalúrgica Gallega (Hros. de Ignacio de la Iglesia S.A.) que se adica á construcción e reparación de bens de equipo desde 1925. 
 
Seguir lendo no blogue de Perdourando.
 

Alumnas de Peiteados visitan a I Feira da Beleza, Imaxen e Benestar BEAUTY GALICIA.

O día 2 de marzo as alumnas do ciclo formativo de Peiteados e cosmética capilar asistiron á I Feira da Beleza, Imaxen e Benestar BEAUTY GALICIA. Foi o punto de encontro tanto para profesionais do sector como para futuros profesionais e consumidores interesados polo mundo da beleza integral e o coidado persoal.
 

As pinturas da Igrexa da Vila do Medio

O xoves, día 5 de marzo, os grupos de 1º de E.S.O. asistimos a unha charla para coñecer mellor “As pinturas da Igrexa de Vila do Medio” co motivo da Exposición do C.C. “Buril” no noso centro. A especialista en Bellas Artes, Rosana Míguez López, ex-alumna do I.E.S. Perdouro, falounos da historia da Igrexa, das técnicas utilizadas nas pinturas, da súa temática e do seu estado de conservación. 
 
Seguir lendo a crónica de Carla Fra no blogue de Perdourando
 

Recollendo o premio O GALEGO NA ONDA no estudio central da Radio Galega

Os alumnos gañadores do certame O galego na onda, disfrutando do premio en Radio Galega! Momento da entrega dos diplomas.

Alumnos do IES Monte Castelo visitan as instalacións dos Ciclos Formativos

Alumnos de 3º de ESO do IES Monte Castelo acompañados pola súa profesora de Tecnoloxía e pola Orientadora visitaron o IES Perdouro para coñecer a oferta educativa dos nosos ciclos. Foron acollidos por José Ramón Leiva, o noso orientador, que lle programou en dous días (venres 27 de febreiro e martes 3 de marzo) un percorrido didáctico guiado polas instalacións das catro familias profesionais que ofrece o noso centro. Foron recibidos polos xefes de departamentos e por algún profesor das especialidades.
 
seguir lendo no blogue de Perdourando

Gañamos o premio do Galego na Onda

Hoxe xoubemos que o noso equipo de radio formado polos alumnos/as:
  • Viviane Furtado (1º Bac A)
  • Macarena Ledo (1º Bac A)
  • Simón Rouco (1º Bac B)
  • Laura Semedo (1º Bac A)
  • Elena Valle (1º Bac A)
  • Sergio Rivas (1º Bac )
  • Sofu Housni (1º Bac )

resultou gañador do certame "O Galego Na Onda", convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Seguir lendo no blogue de Perdourando

Moitos parabéns para os gañadores/as!!!, e tamén para os promotores da sección de radio do IES Perdouro: Bernardo e Karina!!!

Exposición Pinturas Góticas da Vila do Medio - CC Buril

O IES Perdouro acollerá dende o 20 de febreiro ata o 20 de marzo a exposición do Colectivo Cultural Buril sobre pinturas góticas da Vila do Medio.
Son 8 paneis explicativos con información e material gráfico sobre as pinturas góticas da igrexa da Vila do Medio.

Entroido 2015

Accede á completa reportaxe fotográfica colgada en Facebook e no blogue de Perdourando .

 

Gañamos!!! 1º premio Podcast Educación sen Fronteira de Educo

Os alumnos de 3º PDC reciben o PREMIO no concurso de creación de Educación Sen Fronteiras chamado Des-Iguais, Voluntariado e interculturalidade

Esto é que o resultado da votación popular publicado na web do concurso:

Categoría Audio 12/17 anos: Porta Aberta do Centro IES Perdouro de Burela (Lugo). Total de votos: 688

 

Visita á Exposición Xoguete Tradicional en Altair

Alumnos de 2º ESO estiveron no local da asociación Altair para visitar unha exposición sobre o xoguete tradicional. A exposición correu a cargo de dous artesáns de Lourenzá e da asociación galega do xogo popular e tradicional de Melide.
 
Seguir lendo no blogue de Perdourando

Alumnos do CM IT gañán o 2º premio no Concurso Galego de Robótica

Rosendo, Christián e Carlos, alumnos de 1º ano do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións gañan o 2º premio do Concurso Galego de Robótica.
 
Noraboa rapaces!!!!!!.
 
... máis no blogue de Perdourando.

Alumnos de 1º de Bach visitan a UDC e o arquivo histórico de Galicia

O día 29 de xaneiro, os alumnos de 1º de Bacharelato viaxamos á Coruña para poder visitar o Campus Elviña da Universidade da Coruña e o Arquivo do Reino de Galicia.
 
Ler a crónica de Mónica Palacios e reportaxe fotográfica no blog de Perdourando.

Novidades Lecturas - Banda Deseñada

Distribuir contido


by Dr. Radut