"VII Concurso de Relatos Curtos e Debuxo" da As. Cultural Os Matos - Tema "Doce meses. Moitas paisaxes”
O pasado xoves 21 de xuño, entregáronse no biblioteca do IES Perdouro os premios do
VII Concurso de relatos curtos e debuxo convocado anualmente pola Asociación Cultural
"Os Matos" cuxo lema foi “Doce meses, moitas paisaxes”. O presidente dos Matos,
Antón Niñe, foi o encargado de felicitar aos premiados desta sétima edición do certame.
Miruca Parga, coordinadora do EDL e
Santiago Pérez, Director, entregaron aos premiados o seu diploma e uns agasallos. As obras gañadoras pódense ler no número da revista escolar “Maruxía” deste curso.
Ver reportaxe fotográfica da entrega de premios no blogue de
Perdourando.
No concurso de relato curto e debuxo convocado pola Asociación Cultural "Os Matos" resultaron gañadores os seguintes traballos:
Relato curto:
• 1º PREMIO CATEGORÍA 1º CICLO ESO:
"Ril e a súa balea" de Mirella Ramos Vázquez (1ºESO)
• 2º PREMIO CATEGORÍA 1º CICLO ESO:
"Un Nadal en Burela" de Leticia De Pedro Martínez (1ºESO)
• 1º PREMIO CATEGORÍA 2º CICLO ESO:
"Un día na invernal Rusia" de Víctor Cabarcos Val (3º ESO PDC)
• 2º PREMIO CATEGORÍA 2º CICLO ESO:
"Nacín unha noite de marzo" de Alejandro Ramil García (3º ESO PDC)
Debuxo:
• 1º PREMIO:
"Setembro" de Clara Iglesias Fernández (1º ESO)
• 2º PREMIO:
"Collage Mar e Faro de Burela" de Itziar García Cruz (1º ESO)