Voluntarias da Cruz Vermella de Burela remataron de impartir uns obradoiros sobre Saúde
No marco do seu programa de educación para a saúde, voluntarias da Cruz Vermella de Burela remataron de impartir uns obradoiros sobre Saúde dirixidos aos estudantes de 3º de ESO. Foron cinco as sesións nas que Cruz Vermella sensibilizou aos mozos a todos aqueles problemas que máis lles afectan co obxetivo de fomentar o desenvolvemento de hábitos e condutas sás e equilibradas que melloren a calidade de vida dos rapaces, como parte do seu desenvolvemento integral, e estimular cambios atitudinais diante problemas de discriminación social. Ademais nas intervencións traballouse sobre todo o concepto de saúde, o uso de métodos anticonceptivos, a adición ás drogas, os trastornos na conduta alimentaria e a autoestima.