Skip to Content

Curso 2012-2013

ACE curso 2012-2013

Son de Nós nun concerto a 7 voces - No camiño da Lingua

No Camiño da Lingua - Concerto Modelo Burela

O sábado día 4, ás 9 da noite, a Igrexa da Vila do Medio de Burela convertíuse nun auténtico paraíso para melómanos. O Grupo Vocal Son de Nós ofreceu, coas pinturas medievais como privilexiado tapiz de ambientación, un concerto que leva por título "Os camiños da Lingua" e co subtítulo "Concerto Modelo Burela". Unha vez máis, coa interculturalidade como fío condutor, o Modelo Burela continúa fomentando a comunicación entre escola e sociedade, e neste caso faino a través do labor de músicos profesionais. Son de Nós, un septeto vocal dirixido polo Maestro viveirés Plácido Travieso Fernández (Viveiro, 1972), preséntouse en Burela despois dos éxitos recollidos en diversas actuacións, entre elas tres na Mariña: na Igrexa do Vicedo, no Conservatorio de Música de Viveiro -con motivo da presentación dun novo libro do escritor Séchu Sende- e na Semana Santa da parroquia de San Martiño.
Ver reportaxe fotográfico no blogue do ENDL, Perdourando.

Concerto SondeNós - Modelo Burela

No Camiño da lingua - Concerto Modelo Burela

Recóllese o texto informativo do tríptico entregado ao asistente ao acto musical. 

Neste día 4 de maio de 2013 encóntrase vostede nunha igrexa medieval de beiramar e disponse a participar nun concerto educativo "Modelo Burela".
Tratáse dun acto cultural con caracter divulgativo co que pretendemos -coa interculturalidade como fío conductor- fomentar a comunicación entre escola e sociedade, a través do labor de músicos profesionais.
Baixo a batuta do Maestro Plácido Travieso (Viveiro, 1972) faremos unha viaxe que nos levará ata lugares e tempos nos que atoparemos a emoción directa que proporciona a eterna unión de palabra e música.
Coa música ao seu servizo, a poesía culta, as palabras da terra e as letras populares son as perfectas protagonistas desta irmandade cultural que desde a nosa terra se abre ao resto do mundo. Pasaremos polo Reino Unido, Italia e Alemaña; saltaremos o charco para chegar ao Chile de Pablo Neruda; e recalaremos nas augas mansas de Nova Zelandia para nos recrear na sonoridade de lingua maorí.
Tras unha primeira parte clásica (Mendelssohn, Elgar, ...) degustaremos a riqueza do folclore popular e vibraremos cos ritmos modernos de Jimmy Fontana ou Antonio Vega.
"SondeNós" é un septeto vocal formado por homes e mulleres de moi diversa procedencia -da Mariña, da Coruña, de Santiago e incluso de Asturias e Euskadi-, mais todos eles teñen unha patria común que comparten con nós: a música.

Gozen con ela.
Burela, 4 de maio de 2013


SondeNós, Grupo Vocal a cappella, son :


 Julia Cea, soprano
Rocío Fernández, mezzo
Plácido Travieso, tenor
Txemi Jiménez, tenor
Lucas Iglesias, barítono
Santi Fernández, barítono
Javier Díaz, baixo

Matías Escalera entrevístase co alumnado de 1º de Bach.

Baixo a coordinación de Bernardo Penabade, o alumnado de 1º de Bach. asistiu a un coloquio con profesor e escritor madrileño, Matías Escalera. Faloulle da súa formación académica, da súa experiencia en modelos de plurilingüismo e do seu compromiso coa sociedade. É dos implusores da Marea Verde por unha escola pública e, é activista pola recuperación histórica.

2º ESO - Ruta histórica pola Mariña

O martes 30 de abril, os rapaces  de 2º da ESO coñeceron de petro algún dos monumentos e construccións  máis sobresaíntes da antiga provincia galega de Mondoñedo. As catedrais de Mondoñedo e de San Martiño son un exemplo claro e evidente da importancia que noutrora tivo esta zona, por iso é fundamental  o seu coñecemento e  análise para así tamén saber do legado  dos nosos devanceiros.
A reportaxe fotográficas no blogue do equipo de dinamización lingüístcia Perdourando.

Semana de actividades Modelo Burela

A diversos coloquios co escritor madrileño Matías Escalera únese o concerto do grupo vocal “Son de Nós”
O mes de maio comeza con intensa actividade na axenda do Modelo Burela. O escritor madrileño Matías Escalera participará en diversos eventos de divulgación da lectura e o grupo vocal “Son de Nós” oferecerá na Igrexa da Vila do Medio o concerto “Os Camiños da Lingua”.
As actividades comezarán o próximo día 2 de maio, coa participación de Matías Escalera nunha sesión extraordinaria do clube de lectura que se reúne na Biblioteca Municipal. O escritor comentará diversos aspectos da súa obra cun público que durante estes días estivo lendo unha de recente publicación, o volume de relatos titulado Historias de este mundo (Baile del Sol. Tenerife. 2011).
O mesmo escritor manterá encontros co alumnado de bacharelato dos institutos da localidade. Será ás 9:20 horas no IES Monte Castelo e no IES Perdouro ás 12:20.
O mesmo venres, ás 20:00 horas, o acto de animación á lectura celebrarase na Libraría Nobel (Espazo Lector), onde –ademais da do autor- se conta coa presenza de representantes do Proxecto de Innovación Lingüística e do Clube de Lectura así como da profesora Julia María Labrador Ben.


No Camiño da Lingua (Concerto Modelo Burela )

 O sábado día 4, ás 9 da noite, a Igrexa da Vila do Medio de Burela converterase nun auténtico paraíso para melómanos. O Grupo Vocal Son de Nós ofrecerá, coas pinturas medievais como privilexiado tapiz de ambientación, un concerto que leva por título "Os camiños da Lingua" e co subtítulo "Concerto Modelo Burela". Unha vez máis, coa interculturalidade como fío condutor, o Modelo Burela continúa fomentando a comunicación entre escola e sociedade, e neste caso faino a través do labor de músicos profesionais. Son de Nós, un septeto vocal dirixido polo Maestro viveirés Plácido Travieso Fernández (Viveiro, 1972), preséntase en Burela despois dos éxitos recollidos en diversas actuacións, entre elas tres na Mariña: na Igrexa do Vicedo, no Conservatorio de Música de Viveiro -con motivo da presentación dun novo libro do escritor Séchu Sende- e na Semana Santa da parroquia de San Martiño.

Acto de clausura e entrega de premios - V Encontros de Banda Deseñada na Mariña - 2013

O luns 29 de abril, tivo lugar na biblioteca do centro o acto de clausura dos Encontros de Banda Deseñada na Mariña asi como a entrega de premios.

Abriron o acto o director  do IES Perdouro, Santiago J. Pérez e o Alcalde de Burela, José González Barcia. Antes de darlle paso o noso convidado, Miruca Parga, a representante do EDL, fixo unha pequena retrospectiva sobre a arte da comunicación en base á imaxe e a nosa lingua.
Xosé Tomás foi quen nos adentrou ao mundo da ilustración e da imaxe a través dun curto obradoiro moi claro e conciso. Primeiro definiu a banda deseñada e falounos de elipse, globos, personaxes, planos e movementos. Para rematar o seu coloquio, tivo a xentileza de debuxar para nós. Botádelle unha mirada a reportaxe nos blogues de Perdourando e Banda Desexada!


Logo procedeuse a entrega dos Premios. Noraboa a todas e todos os premiados desta quinta edición.
 

Clausura dos Encontros de Banda Deseñada con Xosé Tomas

Contaremos para clausurar os encontros de BD na Mariña con Xosé Tomas, recoñecido ilustrador e guionista galego, autor, entre outros, de álbumes como  "Tolos",  "H2OiL"  e  "Nómades".


O luns 29 de abril ás 11h30 na biblioteca. abrirán o acto, o director, Santiago Pérez, a coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística, Miruca Parga e a concelleira de Cultura, Mónica Pedre.

Xornada Ludico - Cultura

O xoves 25 de abril, os alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO e PDC disfrutaron dunha mañá chea de actividades culturais de calidade. 
Primeiro, visionaron a película de animación galega levada a cabo coa técnica do Stop Motion, O Apóstolo. Foi a gran triunfadora dos Premios Mestre Mateo 2013. A película acadou 6 dos 10 galardóns aos que era candidata, entre eles, o de mellor longametraxe e director. É a primeira película destas características en Europa.

Tres anos de traballo, 18 equipos e más de 200 profesionais implicados. Rodando de media catro segundos oa día. Todo iso para dar vida a unhas pequenas figuriñas de látex. O Apóstolo convirtiuse na primeira película de animación stop-motion de Europa desenrolada mediante producción estereoscópica. Un proxecto pioneiro, comandado polo director Fernando Cortizo, que soprende polo seu primoroso desenrolo visual.
Logo, o mago Senín deleitounos magnificamente cos seus trucos de maxia e o seu bon humor.  
  
 Sorprendente!!!! Pero como fai ?

E para rematar a xornada, adentrámonos no mundo dos títeres da man da compañía Mircromina con Ton e Arturo. Vimos un espectáculo de títeres de luva moi divertido chamado "Cinco historias para unha mán".

 

No blogue de Perdourando, podedes ver as reportaxes fotográficas deste día.

Día do Libro - 23 de abril

Estamos de celebración! Para conmemorar o día do libro tivemos varios actos no centro.

Na hora de ler, adicamos a lectura ao Don Quixote a partir do libro interactivo.

No recreo formamos unha libercadea a partir dun libro xigante.


Unidos polos libros, máis de 100 alumnos de ESO e Bach acompañados polo profesorado xuntáronse o redor do libro das verbas. E para clausurar o acto, Fran García, alumno de CF, Julieta Durán, alumna de 1º de Bach. e Isabel Lawicki de 1º de ESO leron 3 manifestos na honra dos nosos amigos, os libros.
Maratón de Lectura
 
Para rematar a mañá, o alumnado de 4º de ESO participou no III Maratón de lectura organizado polo Colectivo Cultural Buril coa lectura da obra Follas Novas de Rosalía de Castro, acto que tivo lugar no salón de Plenos do Concello.

No blogue de Perdourando, poderedes ver as reportaxes fotográficas. Aquí.

Obradoiro de música

Estas imaxes corresponden ao obradoiro organizado polo departamento de Música e dirixido a estudantado de 3º e 4º de ESO. A convidada foi Evinha Cagide, unha moza luguesa que se dedica á docencia no Centro Rossini e que participa no concurso Recantos da TVG. A actividade celebrouse no IES Perdouro de Burela o día 20 de marzo de 2013. Ademais dunha grande artista, Evinha ten moi boas cualidades para o ensino. Sabe adaptarse moi ben ao público.

Nestas imaxes vémola e escoitámola cantar o Vals das Bolboretas coa participación do alumnado. Na mesma sesión ensaiaron con Evinha e Dolores Otero outras dúas pezas: Pídechas o corpo (de Ana Kiro) e Alecrín, en versión galega. As imaxes foron gravadas por Matías Nicieza.


Xornadas de convivencia cos usuarios da Fundación Eu Son de Burela

Ao longo desta semana recibimos a visita da Fundación "Eu Son" para a protección de persoas con discapacidade intelectual de Burela. Foron un total de 31 rapazas e rapaces os que puideron realizar diversas tarefas de imaxe persoal dende hixiene capilar, peiteados ata manicura, todo iso baixo a supervisión das alumnas e alumnos de 2º do Ciclo Medio de Perrucaría.

Begoña Rodríguez, xefa do Departamento de Imaxe e coordinadora das xornadas, sinala que disfrutaron moito con estas tarefas e agarda poder contar con repetir a experiencia un ano máis.

21 de marzo - Triple celebración


Estamos de triple celebración. O 21 de marzo celebramos a entrada da primavera, o Día da Árbore e o Día da Poesía. Con tal motivo, o alumnado de 3º de ESO en compañía dos seus homólogos bretóns realizaron un recital poético bilingüe en torno a protección da nosa natureza e a preservación do noso medioambiente. Para clausurar o acto, procederon a plantar un castiñeiro, especímen autóctono das terras galegas, con fin de conmemorar o proxecto Comenius "Mon écoville" que nos unirá durante dous anos.  Fermoso!!!!



En 1840 Suecia foi o primeiro país do mundo que instituiu un día dedicado á árbore co fin de concienciar da importancia que teñen os recursos forestais, ademais dun compromiso polo coidado das árbores. As árbores regulan a temperatura, purifican o aire, contribúen a regular as choivas, protexen o suelo e albergan ecosistemas, sen olvidar o seu peso económico.


Clube de lectura con Marcos Calveiro

Os alumnos do clube de lectura do IES Perdouro viaxaron este mércores día 20 de marzo ata Viveiro para xuntarse cos seus compañeiros do Liber Amoenus  do IES Vilar Ponte co propósito de entrevistarse co autor do libro O pintor do sombreiro de malvas, Marcos Calveiro. Logo da exposición do escritor, os clubeiros intercambiaron opinións sobre a lectura da obra e remataron o encontro cunha comida de confraternidade entre ambos clubes.

Obradoiro de canto con Evinha

Evinha, artista luguesa, participou nun obradoiro de Música coordinado pola profesora Dolores Otero e destinado a alumnos e alumnas de 3º de ESO.


Obradoiro sobre redes sociais e privacidade en Internet

Hoxe, o alumado de 4º ESO e 1º de Bach recibiron unhas charlas sobre Privacidade, Seguridade e Riscos da Internet e da utilización de computadoras e dispositivos móbiles impartida por Manel Mendes Ramos, ponente da Asociación Galega Xaira

O obxectivo é discutir co alumnado algunhas "Ciber-Ameazas" do momento, como Ciber-Acoso, o Sexting e a Tecnoadición, asín como ferramentas para navegar e utilizar as computadoras e móbiles de forma segura, privada e legal. Nestas sesións falouse tamén de situacións prácticas nas redes sociais máis coñecidas como tuenti e facebook ; identifícouse algúns "malwares" como virus, troianos e SpyWares e de como protexerse deles; e dérouse algúns consellos de ergonomía para conseguir unha boa postura e relación ca computadora e previr problemas de saúde derivados da mala utilización das computadoras.

E aquí pódese descargar información ao respecto.
Distribuir contido


by Dr. Radut