Estamos de triple celebración. O 21 de marzo celebramos a entrada da primavera, o Día da Árbore e o Día da Poesía. Con tal motivo, o alumnado de 3º de ESO en compañía dos seus homólogos bretóns realizaron un recital poético bilingüe en torno a protección da nosa natureza e a preservación do noso medioambiente. Para clausurar o acto, procederon a plantar un castiñeiro, especímen autóctono das terras galegas, con fin de conmemorar o proxecto Comenius "Mon écoville" que nos unirá durante dous anos. Fermoso!!!!
En 1840 Suecia foi o primeiro país do mundo que instituiu un día dedicado á árbore co fin de concienciar da importancia que teñen os recursos forestais, ademais dun compromiso polo coidado das árbores. As árbores regulan a temperatura, purifican o aire, contribúen a regular as choivas, protexen o suelo e albergan ecosistemas, sen olvidar o seu peso económico.