Skip to Content

Curso 2014-2015

I Congreso de Imaxe Persoal - 22/06/15

 

Entrega de premio dos certames da A.C. Os Matos

O pasado venres 12 de xuño,  entregáronse na biblioteca do IES Perdouro os premios do IX Concurso de relato curto e do VII Concurso de imaxe convocados anualmente pola Asociación Cultural "Os Matos" cuxo lema foi “Xogos e xoguetes”.

Na modalidade de relato curto, as composicións gañadoras foron “Xogos e xoguetes” de Marta Porto Rodríguez (4º ESO B) como primeiro premio e “O neno e os xogos do xogueteiro” de Pablo García Cobas (4º ESO A) como segundo premio.

Na modalidade de imaxe, as obras gañadoras foron "A praia dos recordos” de Sara López Alvariño (1º Bach. A) como primeiro premio e "Escapada da infancia” de Lourdes López Pérez  (1º Bach. B) como segundo premio.

.. Ver fotografía no blogue de Perdourando.

Acto de presentación de Maruxía nº21

A asociación cultural Os Matos do IES Perdouro de Burela presentou o nº 21 da publicación Maruxía
 

Noa Expósito e Eva Pernas, alumnas de 1º de Bacharelato e no nome dos seus compañeiros de clase, foron as encargadas de introducir o labor do alumnado no acto de presentación do número 21 da revista escolar Maruxía da Asociación Cultural Os Matos do IES Perdouro.

Un ano máis, os principais responsables da elaboración dos contidos da revista foron alumnos de ESO, de bacharelato e docentes do centro. Este ano contouse cunha colaboración moi especial: Luis Ramilo, exprofesor do centro, foi o responsable da portada. Miruca Parga, coordinadora do EDLG, traballou co seu alumnado de 1º de bacharelato de Tecnoloxía da Información e da Comunicación na maquetación e elaboración da revista de publicación anual que recolle algunhas das moitas actividades realizadas no centro durante o curso académico.

 
 
Revista Maruxía en PDF aquí.

Acto presentación Maruxía nº 21

O vindeiro venres 12 de xuño no recreo, os alumnos/as de 1º de Bach. TIC liderado pola súa profesora Miruca Parga, convídannos a achegarnos ata a biblioteca para asistir ao acto de presentación do novo número da revista escolar dos Matos. Desvelarannos os contidos do nº 21 asi como os momentos gratificantes deste traballo colaborativo. Maruxía 21 recolle unha moi pequena mostra de todas e tantas actividades que se celebraron e desenvolveron durante este viguroso ano académico mais aí permanecerán plasmadas para o recordo algunhas delas.
 
Ademais farase entrega dos premios dos concursos de relato curto e imaxe da A. C. Os Matos coa temática deste ano "Xogos e Xoguetes".

COGAMI achegou a discapacidade ao alumnado de 4º de ESO

O alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe na biblioteca a unha charla de sensibilización sobre discapacidade impartida pola Asociación de persoas con discapacidades A Mariña - COGAMI.

Elena Miragaya, traballadora social da asociación, impartiu a parte teórica e dous voluntarios, Ángel López e Iván Lindín, compartiron cos rapaces unha tertulia animada onde lles explicaron a súa forma de vida diaria.
 

Charla sobre educación sexual co Dr. Cristóbal R. Garfia

Cristobal Rodríguez Garfia, médico xinecólogo, estivo onte no instituto para impartir unha charla sobre saúde sexual ao alumnado de 1º de Bach.


O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Perdouro de Burela, ampliou os seus coñecementos adquiridos en clase de Bioloxía grazas a intervención de Cristobal R. Garfia, recoñecido especialista, que sempre se ofrece a contribuír á educación afectivosexual dos adolescentes e a informalos sobre a utilización dos métodos anticonceptivos. Como cada ano, o xinecólogo incidiu nas boas prácticas sexuais e no repaso ás problemáticas que poden xurdir por mor do descoñecemento.

A Vicedirectora, Karina Parga, manifesta o particular interese do centro na prevención e recalca a importancia de informar convenientemente ao alumnado para previr enfermedades de trasmisión sexual asi como embarazos non desexados.

Alumnos/as de 2º de ESO descubren o fútbol sala co CD Burela FS

 
visita-perdouroO CD Burela FS Pescados Rubén despediu o seu programa de promoción da práctica deportiva en igualdade, "Descubre o Fútbol Sala", onte no IES Perdouro de Burela, xunto ao alumnado de 2º da ESO. Os rapaces/as compartiron dúas divertidas sesións cos porteiros Jozi, Edu e Erik, así como con Peque, recoñecida como Mellor Xogadora na recentísima Copa de España Navalcarnero 2015, e Iago Míguez, ademais dos técnicos Juanma Marrube, Alfonso Mera e Christian Fustes.

Ver fotografías no blogue de Perdourando.

Visita dos alumnos de 6º do Virxe do Carme

Hoxe recibimos a visita dos alumnos e alumnas de 6º de primaria do CEIP Virxe do Carme. Foron acollidos na biblioteca do centro polo director, Santiago Pérez, e polo xefe de estudos, Fausto López. Visitaron as instalacións do centro e pasaron o recreo cos seus futuros compañeiros.
 

Maruxía nº 21 próximamente

Xa está na imprenta a nosa Maruxía!!!
 
Este ano os alumnos e as alumnas de 1º de Bacharelato de Tecnoloxías da Información e da Comunicación confeccionaron a conciencia unha nova edición da revista anual do centro. Será o numéro 21 e conta coa colaboración de Luis Ramilo, exprofesor do centro. Foi o responsable da portada. A revista recolle algunhas das moitas actividades reflectidas no blogue de Perdourando, artigos propios dos alumnos redactores da revista e varios premios acadados.
 
En breve, Miruca Parga, coordinadora do Equipo de Dinamización de LG, informará da data de presentación da revista Maruxía.
 

1º Bach - Cova do Rei Cintolo

Crónica de Eva Pernas, alumna de 1º de Bach.

O pasado venres 29 de maio os alumnos de 1º de bacharelato que cursamos a materia de bioloxía desprazámonos ata Mondoñedo para visitar a Cova do Rei Cintolo, acompañados por Montse Freire, profesora de bioloxía; Manuel Vilariño, profesor de matemáticas e Mª José Fernández, profesora de educación física. Esta cova é a máis grande de Galicia, con case sete quilómetros explorados e máis de quince quilómetros de galerías. Trátase dun sistema cárstico, formado como consecuencia da disolución das rochas calcarias.

....seguir lendo no blogue de Perdourando

 

Mediterraneamos, aprendemos a comer, aprendemos a cociñar

Alumnos de 1º e 2º de ESO participaron este martes, día 2 de xuño, nunha actividade que conxuga dieta e exercicio físico que Mª José, a súa profesora de Educación Física, propuxo levar a cabo.   
"Mediterraneamos,aprendemos a comer, aprendemos a cociñar" é unha acción impulsada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente que pretende fomentar a dieta mediterránea e a importancia dunha boa nutrición para o correcto desenvolvemento das nosas actividades diarias.
Dous monitores especializados expuxeron a parte teórica e falaron dos beneficios dunha alimentación variada e equilibrada. Logo da explicación, os rapaces puxeron en práctica o aprendido e elaboraron receitas con ingredientes pertencentes á dieta mediterránea (pan, aceite, olivas, froitos secos, hortalizas, froitas e xamón).  Remataron a actividade cunha sesión de zumba, coa que introducir a importancia da actividade física como hábito saudable.

Promoción 2º Bacharelato

O luns, día 25 de maio, celebrouse a cea de despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato.


Unha promoción que non imos esquecer!!  Querémosvos!!

Paula, Estela, Cintia, Elena, Xoel, Saray, Andrea, Alexandra, Ángela, Aitor, Rodrigo, Sara, Andrea, Aitana, Gabriel, Carla, Cristina, Álvaro, José Carlos, Cristina, Xiana, Aitana, Alex, Denís, Andrea, Míguez, Miguel, Damián, Pita e María, moita sorte a tod@s!!

Viaxe á Coruña de 2º ESO

Os alumnos de 2º ESO viaxaron o pasado 20 de maio á Coruña.
 
Cando chegamos, visitamos o MUNCYT. Alí o alumnado dividiuse en dous grupos (2º A e 2º B), para asistir a diferentes actividades: mentres uns asistían a un taller de manualidades relativo ao ano da luz (este 2015), os outros  iríamos visitar o museo .....
 

O Porto que visitamos - 3º ESO

O pasado 22 e 23 de Maio, alumnos de 3º ESO viaxaron a Portugal no marco dun intercambio territorial do Proxecto Terra. Empezaron por visitar a Fundación Serralves e continuaron unha intensa pero proveitosa rolda de visitas.
 
 

Viaxe a Ferrol - 1º Bach + FPB

Ler a crónica de Aitor Eijo Oroza sobre a viaxe a Ferrol dos alumnos de 1º de Bach e FP Básica

O pasado luns 27 de abril os alumnos de 1º de BAC e mais os de FP Básica fomos de viaxe de estudos a Ferrol.

Primeiro, fomos ver unha función teatral do Quixote. ..... seguir lendo no blogue de Perdourando 
Distribuir contido


by Dr. Radut