Skip to Content

Curso 2014-2015

Charla ACTÚA do programa EduEmprende para Ciclos Formativos

A actividade emprendedora como chave para o teu futuro, acción formativa dirixida ao alumnado de 2º ano dos ciclos formativos promovida pola Consellería, en colaboración co IGAPE, dentro do Programa EDUEMPRENDE- Actúa 2014-2015,
 
Participaron Enrique José Gómez Fernández, Técnico do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) quen aportou información sobre a motivación para emprender e Luís López Fulgueira, xerente de Industrial Recense, que compartiu co alumnado a súa experiencia persoal.
 
seguir lendo en Perdourando....

Charla informativa sobre Novas Tecnoloxías e seguridade - InnovaTE2

Alumnos de ESO reciben unha charla informativa sobre novas tecnoloxías e seguridade na rede dentro do Plan "InnovaTE2" da Deputación de Lugo.
 
Hoxe, 3 de febreiro, os alumnos de 4º de ESO recibiron unha charla informativa dentro do plan de fomento ás TIC da Deputación de Lugo, InnovaTE2, sobre perigos que se poden encontrar en internet. O especialista, César de la Huerga, faloulles ..... seguir lendo a Crónica de Noa Vizoso López en Perdourando.
 
 

San Xoán Bosco 2015

Campións de San Xoán Bosco 2105...
 

Seguir lendo e ver a reportaxe fotográfica en Perdourando....

Xornada técnica - Demostración práctica de abrasión por parte da empresa PFERD - Mecanizado

Xornada formativa por parte dunha empresa vasca do sector de Mecanizado, actividade que tivo lugar o xoves 29 de xaneiro.
 
Marcos Prieto, técnico da empresa PFERD deu unha charla formativa aos alumnos do ciclo de mecanizado, consistente en información teórica e demostración práctica dos produtos que eles fabrican: ferramentas para limar, fresar, amolar, pulir e cortar. Seguir lendo en Perdourando....

Celebrando o día escolar pola paz e da non violencia - 30 xaneiro

O alumnado de 4º ESO B traballou durante varias sesións de titoría sobre o tema da paz. 
Seguir len do en Perdourando....
 
Cartaz con aspectos positivos de vivir en paz de Ivandro De Brito Soares de Carvalho
 
 
 
 

Charla da Universidade da Coruña - 1º Bach

Hoxe, o alumnado de 1º de Bacharelato asistiu na biblioteca do centro a unha charla informativa sobre a UDC.
Preténdese que o futuro alumnado universitario coñeza os títulos de grao que se imparten na Universidade da Coruña.

San Xoán Bosco - Fase da competición: Puzzle, Damas e Xadrez

Co galo da celebración do San Xoán Bosco, o alumnado de 1º e 2º de ESO está a competir en varias modalidades de xogos de mesa (Puzzle, Damas e Xadrez) e de equipos (fubol) ao longo deste mes de xaneiro. As actividades que organiza a Asociación Cultural Os Matos culminarán nunha final e entrega de premios programada para o vindeiro luns 2 de febreiro de 16h00 a 17h40.

Alumnos do C.S. Mantemento Electrónico facendo prácticas

Hoxe tivo lugar unha inspección reglamentaria da instalación eléctrica do centro realizada pola compañía ATISAE.
O alumnado de 2º do Ciclo Superior de Mantemento Electrónico aproveito a ocasión para realizar unha práctica en situación real acompañado o técnico e reforzando os seus coñecementos adquiridos nas clases.

 

Vanesa, a nosa recanteira da Mariña, entrevistada pola prensa local

Vanesa Míguez Ramos, Recanteira do Luar e alumna de Imaxe Persoal do IES Perdouro, foi entrevistada pola prensa escrita. 
 
Aquí tedes o artigo publicado na Voz da Mariña de hoxe. (Artigo do 20/01/15 na Voz de Galicia en PDF.)
 
Lembrade, despois de conseguir o pasado 2 de xaneiro pasar á 3ª fase do concurso, o vindeiro venres 20 de febreiro actuará de novo no Luar.
 
Noraboa Vanesa!!!! Eres a nosa recanteira favorita!!!!!

Charla da Universidade de Santiago de Compostela para 2º de Bach.

Francisco Javier López Gónzalez, profesor da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo e coordinador do programa "A Ponte", estivo na biblioteca do centro presentando aos alumnos de 2º de Bach, a oferta educativa da USC e explicoulles os trámites das Probas de Acceso á Universidade.

Obradoiro de Saúde destinado ao alumnado de 3º ESO

Voluntarias da Cruz Vermella de Burela imparten uns obradoiros sobre Saúde 
 
No marco do seu programa de educación para a saúde, voluntarias da Cruz Vermella de Burela están impartindo uns obradoiros sobre Saúde dirixidos aos estudantes de 3º de ESO. Serán cinco as sesións nas que Cruz Vermella sensibilizará aos mozos a todos aqueles problemas que máis lles afectan co obxetivo de fomentar o desenvolvemento de hábitos e condutas sas e equilibradas que melloren a calidade de vida dos rapaces, como parte do seu desenvolvemento integral, e estimular cambios atitudinais diante problemas de discriminación social. Esta semana, toca o segundo obradoiro dos cinco programados donde se fala da nutrición, da alimentación sá e equilibrada e dos trastornos na conduta alimentaria.

Solidarizámonos co Charlie Hebdo

Charla sobre educación sexual co Dr. Cristóbal R. Garfia

Cristóbal Rodríguez Garfia, médico xinecólogo, imparte unha charla sobre saúde sexual ao alumnado de 3º ESO e Formación Profesional Básica do IES Perdouro

O alumnado de 3º ESO e FPB recibiu información en materia de educación afectivo-sexual da man de Cristóbal R. Garfia, recoñecido especialista, que sempre se ofrece a contribuír a sensibilizar aos adolescentes e informalos sobre a utilización dos métodos anticonceptivos. O xinecólogo incidiu nas boas prácticas sexuais e no repaso ás problemáticas que poden xurdir por mor do descoñecemento. A Vicedirectora, Karina Parga, manifesta o particular interese do centro na prevención e recalca a importancia de informar convenientemente ao alumnado para previr enfermedades de trasmisión sexual asi como embarazos non desexados.

Charla sobre desigualdade e violencia de xénero - 2º ESO

Ana Belén Pacio Rodríguez, Xefa da Unidade conta a violencia sobre a muller, impartiu hoxe na biblioteca do centro unha conferencia destinada ao alumnado de 2º de ESO e Formación Profesional Básica para informalos sobre desigualdade e violencia de xénero.

Esta actividade forma parte do  Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo sensibilizar o noso alumnado contra a violencia de xénero e estereotipos sexistas para destacar a importancia da educación en valores e coñecer os modos de previlos e denuncialos.
Loitemos entre todos para erradicar a violencia de xénero.

Raisa Rivera Chonate premiada no concurso de cartel no Día da Sida

Raisa Rivera Chonate, alumna de 1º de ESO, acadou o premio premio da categoría 12-15 anos no Concurso de Cartel convocado pola unidade asistencial de drogodependencias de Burela.
 
O luns 1 de decembro o edil, José González Barcia, e a concelleira de Sanidade, Diana Durán entregaron os galardóns os premiados.

 
Parabéns Raisa!!!!!
Distribuir contido


by Dr. Radut