Skip to Content

Charla sobre educación sexual co Dr. Cristóbal R. Garfia

Cristóbal Rodríguez Garfia, médico xinecólogo, imparte unha charla sobre saúde sexual ao alumnado de 3º ESO e Formación Profesional Básica do IES Perdouro

O alumnado de 3º ESO e FPB recibiu información en materia de educación afectivo-sexual da man de Cristóbal R. Garfia, recoñecido especialista, que sempre se ofrece a contribuír a sensibilizar aos adolescentes e informalos sobre a utilización dos métodos anticonceptivos. O xinecólogo incidiu nas boas prácticas sexuais e no repaso ás problemáticas que poden xurdir por mor do descoñecemento. A Vicedirectora, Karina Parga, manifesta o particular interese do centro na prevención e recalca a importancia de informar convenientemente ao alumnado para previr enfermedades de trasmisión sexual asi como embarazos non desexados.


page | by Dr. Radut