Os alumnos de 4º de ESO e 4º PDC viaxaron a Londres do 17 ao 21 de maio acompañados polo seu profesor de inglés, Toni Galdo e a súa profesora de bioloxía, Charo Fernández.
Día 17 de maio de 2012. Pouco despois das dez da mañá, un grupo de vinte e dous adolescentes de 4º de ESO reúnense na estación de autobuses de Burela para subiren a un ómnibus que os levará ao aeroporto de Avilés, camiño de Londres. A expedición está coordinada polo profesor de Lingua Inglesa, Antonio Galdo, e pola docente de Bioloxía, Charo Fernández. Os obxectivos son varios: convivir en grupo fóra das aulas do centro educativo, facer viaxe longa con combinación de diversos medios de transporte, coñecer os costumes doutro país, aprender a manexarse nunha cidade metropolitana e, sobre todo, testar a validez dos coñecementos adquiridos nas clases de inglés. Trátase, pois, dunha actividade “Modelo Burela” porque promove a interculturalidade ao mesmo tempo que fomenta a fluidez noutra lingua internacional. Precisamente por iso a data escollida está plenamente acordo coa filosofía do “Modelo Burela”. Era o Día das Letras Galegas e a celebración estaba dedicada a Valentín Paz Andrade, impulsor dunha marca galega con presenza en todo o mundo: Pescanova. “Era a primeira vez que ía en avión, mais non tiña medo” -afirma unha moza na memoria didáctica. “O avión é un medio de transporte moi seguro”. E continúa: “Despegar foi emocionante... e voar tamén, mais a viaxe fíxose curta. Do aeroporto ao hotel fomos en bus. Tardamos pouco en chegar. Despois de deixar as maletas e descansar un pouco, fomos á estación do metro. Antes de entrar nela, compramos a cea nun supermercado e comezamos a descoberta da cidade. Baixamos na estación de Leicester Square e camiñamos até Picadilly St. Alí deixáronnos tempo libre para explorar o lugar. Era incrible: xente por un lado e por outro, moitos comercios, bares, cafés, cinemas enormes, casinos, discotecas... todiño como nas películas”. Estas vivencias do Día das Nosas Letras serían o preludio do que viría nos días seguintes coas visitas á Torre de Londres, a ponte sobre o Támesis, ao Teatro de Shakespeare ou ao Big Ben. Aínda que, co paso do tempo, as forzas fraqueaban, ao tempo que aparecían vexigas nos pés, a expedición galega visitou tamén a Abadía de Westminster, a Leicester Square, o Museo Británico e o Backinghan Palace. Como enfatiza a privilexiada cronista, “non todo foi visitar museos; tamén estivemos nos parques. Démoslles de comer aos parrulos, como facía moita xente. Chamoume moito a atención a situación económica do país. Era todo carísimo, incluso na zona de China Town, que nos decepcionou un pouco. Esperábamola máis pintoresca e resultounos bastante normaliña. Cinco días máis tarde, a expedición emprendeu o camiño de volta. Docentes e alumnado traían en si multitude de vivencias positivas e atesouraban fotografías, facturas e incluso folletos publicitarios para certificar que a experiencia fora real. Agora esa documentación gráfica pode verse nunha fermosa exposición que está aberta ao público no Instituto Perdouro. Unha mostra máis da metodoloxía didáctica “Modelo Burela”.
Un grupo de alumnos de 1º de Bacharelato acompañados polos seus profesores de Bioloxía ampliaron os seus coñecementos en materia de Xeoloxía na Cova do Rei Cintolo, o maoir complexo kárstico de Galicia, con máis de 6.500 metros de galerías. Realizaron un percorrido en forma de U sobre un tramo de uns 300 metros. Son dúas galerías paralelas e unha baixada pronunciada que leva á sala de choivas.
Da man de Abel Vigo, o alumnado descubriu o encanto que encerra este tesouro da xeoloxía galega. O guía explicoulles o gran número de formacións kársticas que se ven dentro: estalactitas, estalagmitas, columnas e coladas, entre outras. Logo de dúas horas de exploración, os rapaces quedaron encantados coa visita que lles permitiu tomar conciencia do perigo que corre o deterioro do medio kárstico en Galicia e sensibilizarse pola conservación deste medio.
O pasado xoves 21 de xuño, na biblioteca do IES Perdouro, Juan Sama, director do IES Perdouro, Miruca Parga, coordinadora do EDNL, e mais o alumnado de 1º de bacharelato presentaron a revista escolar Maruxía nº 18, acompañados por Ramón Blanco e Laura Ramos, ex-alumna do centro.
O alumnado de 1º de Bach recibiu unha charla sobre educación afectivo-sexual impartida polo xinecólogo, Dr. Garfia, co obxetivo de capacitar e preparar aos adolescentes no manexo responsable e asertivo da súa sexualidade.
12 de xuño
4º ESO
MENTALÍZATE
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE ENFERMIDADES MENTAIS
No acto celebrado o pasado luns 11 de xuño ás oito da tarde interviron, Juan Sama Diez, Director do IES Perdouro, Karina Parga Chao (Vicedirectora), Miruca Parga Valiña (Área de Innovación Educativa), Anxo Rivas Pardeiro (Locutor de Radio Foz) e Alfonso Otero Regal (Ceramista). En representación de Crónica3.com, Emilio González Legaspi expresou o seu profondo agradecemento a este apoio e recoñecemento público ao labor xornalístico e desinteresado dos membros de Crónica3.
15 persoas da Mariña viaxaron o pasado venres 11 de maio a Santiago de Compostela para participaren na emisión do Luar da TVG, un programa que estivo dedicado á conmemoración do Día das Letras Galegas. A delegación estivo encabezada pola Vicedirectora do IES Perdouro, Karina Parga Chao, e nela figuran diversas persoas da Mariña, todas elas cun vínculo especial: a súa procedencia de máis alá das nosas fronteiras e a máis que aceptable integración na nosa cultura. Ler máis...
Final de curso 2012
2º Bach.
Orla
Xa está lista a foto de orla de 2º de Bacharelato.
Podedes recollela en Foto Sergio.
16 de maio
4º ESO
Correlingua
Fotos da lectura do manifesto feita polos alumnos/as de 4º de ESO o pasado 16 de maio en Viveiro no Correlingua 2012. Aquí.
O Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia visitou Burela o pasado 30 de abril para coñecer en profundidade o desenvolvemento do programa de integración intercultural “Modelo Burela”, impulsado pola área de innovación educativa do Instituto Perdouro, en colaboración con outros centros educativos da Mariña e co propio Concello de Burela, que aprobou un Proxecto de Planificación Lingüística en abril de 2008.
A elaboración do Guernica gravado en control numérico foi un dos traballos realizados polo grupo de 2º de Mecanizado neste curso. O proceso é bastante laborioso, xa que primeiro tivemos que facer a partir dunha imaxe do Guernica baixada de internet o debuxo en autocad e despois de ter o debuxo preparado coas medidas que nos queriamos (2280mm por 1140mm), tivemos que facer un puzzle coas mesmas medidas que o cadro cun tamaño de peza que nos servira para as dimensións da nosa fresadora de control numérico cun total de 98 pezas, estas pezas foron cortadas mediante a técnica de corte por auga, e logo mecanizamos en control numérico o debuxo que lle correspondia a cada peza.
Unha vez feitas todas as pezas foron pegadas nun taboeiro e logo fixemos un marco de aceiro inoxidable, que previamente foi feito cun proceso de conformado en máquina plegadora. En resumo: este proxecto foi feito integramente mediante procesos de mecanizado ;deseño en autocad, corte por auga a presíon, elaboración e simulación dos programas de control numérico con programas especificos (Win unisoft, e Win DNC), mecanizado con fresadora CNC, conformado do marco con cizalla, maquina plegadora e serra, axustes finais con ferramentas manuais (lima, martelo, trade e amoladora).
Noraboa aos alumnos de 2º CM Mecanizado e o seu profesorado do departamento.
Martes 31 de xaneiro
2º ESO
O Museo e o patrimonio cultural lucense
Charla a cargo de Aurelia Balseiro García, Directora do Museo Provincial de Lugo
Luns 30 de xaneiro
1º - 2º ESO
SAN XOAN BOSCO
“Os Matos” organizou os Campionatos “San Xoán Bosco” para o alumnado de 1º e 2º de E.S.O. Ao longo do mes de xaneiro os alumnos participaron nas seguintes modalidades:
Individuais: xadrez e damas;
Parellas: construcción de puzzles;
Grupos: Baloncesto e fútbol sala.
A participación foi numerosa e os vencedores, que recibiron as súas correspondentes medallas, son: Xadrez: Leo Cayo; Damas: Leo Cayo; Puzzles: Annie Farroñán e Sara García; Baloncesto: equipo de 2º B (Cristofer Cortiñas, Álvaro Ferreira, Aleixo González, Simón Rodríguez, Silvia Rozas, Elena Valle e Carlos Vaz); Fútbol Sala: equipo de 1º A (Enrique Cortiñas, Kevin Fernández, Deonildo Gomes, Jordane Gonçalves, Renato Lopes, Silvera Vicente).
Martes 20 de decembro
ESO
Simulacro guíado de evacuación
Mércores 14 de decembro
2º Bach.
I Plan de Integrqación a inmigrantes - charla divulgativa
Mércores 14 de decembro
2º Bach.
Charla a cargo de Suso Fernández López, Cronista Oficial de Foz -