Skip to Content

Curso 2019-2020

Representamos obras de arte

Este curso, ao alumnado de 3º da ESO tocounos estudar a arte do Renacemento e do Barroco pola vía telemática. Como complemento, levamos a cabo unha actividade que tiña como obxectivo familiarizarse con obras de arte destes dous períodos. Nesta actividade, os alumnos e alumnas participantes debían sacarse fotos representando distintas obras de arte. Para isto, cada un deles tivo que buscar unha obra axeitada e logo usar a súa creatividade para representala. E quedáronlles ben chulas! Finalmente, realizamos a montaxe dun vídeo con todas estas imaxes.


Cooperamos con Cruz Vermellla para paliar os efectos da emerxencia social

No marco do noso proxecto educativo de cooperación Na casa de papel, colaboramos con Cruz Vermella Burela. Fixemos chegar ás avoas e aos avós unhas cartas de ánimo redactadas polo noso alumnado de 4° ESO para paliar os efectos do confinamento causados pola pandemia. 
 

El libro de los relatos perdidos de Bambert - Exposición de globos de 1º ESO

Cando pisemos as rúas

Sería este un bo título para unha canción pop dos oitenta, agora que actualizamos o repertorio musical nacional, grazas aos balcóns. Mais, porén, é a frase que encabeza a maioría dos nosos propósitos nesta época que, parafraseando a Dickens, recordaremos como o mellor dos tempos, […] o peor dos tempos.

Atrás quedan, a medio camiño, os proxectos  planificados ao comezo do curso; as aulas baleiras, en cuxas paredes aínda resoan as voces do alumnado de 1º ESO lendo en voz alta; os fantásticos globos chineses, de diversas cores e tamaños, rendendo homenaxe aos soños de papel que o sensible escritor Bambert fixo voar polo mundo. Quen nos ía dicir que, ao igual ca el, viviriamos recluidos nas nosas casas.

Cando pisemos o instituto, alí estarán, esperándonos para darnos a benvida, tinguileando ao ar cando se volvan abrir a portas. Ese será o seu aplauso de recoñecemento a vosa afouteza e tesón durante todo este tempo que, grazas ao poder da literatura, pódese converter no mellor dos tempos. 
 
Yolanda Orjales Somoza - Profesora de Lingua Castelá

Unha e mil veces grazas

No marco do noso proxecto educativo de cooperación Na casa de papel, o alumnado de 4º de ESO fixo un vídeo colaborativo para dar as grazas mil e unha veces aos colectivos máis afectados pola alarma sanitaria.

As gravacións foron feitas durante o confinamento debido á Covid 19. A edición final deste vídeo foi rematada aínda estes días. Trátase dun xesto desinteresado para recoñecer o esforzo e traballo de todxs nesta pandemia e para demostrar  tamén que a responsabilidade individual redunda no ben de todxs.

Olimpíada XXOO da Mariña IES Perdouro

Xa están aquí os 5 videos por grupos-clase da participación na celebración do Día da Educación física na Rúa que pasou a celebrase nas casas este ano.

O Comité do IES Perdouro agradece o esforo dos atletas e felicita a toda comunidade educativa por estes excelentes resultados!!!!!

 

Olimpíadas de 1º de ESO


Olimpíadas de 2º de ESO


Olimpíadas de 3º ESO


Olimpíadas de 4º de ESO


Olimpíadas de 1º de Bach

Coplas Os Maios

O alumnado de 2º de 3º de ESO estivo compoñendo unhas coplas en lingua galega coa súa profesora Belén. E aquí o resultado da creatividade en ocasión moi graciosa do noso alumnado.

Desafío literario

Serás quen de adiviñas que personaxe literario está representando o noso alumnado de 1º de Bach?

Adiante! Temos 21 viñetas. Aceptas o reto? Pois esperamos os teus comentarios.
 


Un traballo realizado en lingua castelá e literatura co alumnado de 1º de Bach.

Torneo de Parchís do IES Perdouro

Co propósito de retomar os xogos de mesa, nace @parchis_perdouro en Instagram !
Animádevos! Tedes ata o domingo 10 para inscribirvos.

Campionato de parchís por parellas: xógase nunha aplicación que se chama parchís star, dispoñible en play store, coas regras básicas do parchís.
No caso de que quixerades participar teriades que contactar con nós a través da conta de Instagram @parchis_perdouro, mandando o nome dos dous participantes e nós mandarémosvos unha ligazón para entrar nun grupo informativo de Whatsapp no cal só pode entrar un dos participantes desa parella. Este grupo será a vía por donde iremos explicando cómo serán as partidas, resultados e demais. 

A data límite de inscrición é o domingo 10 de maio, o torneo comezará o luns.
Cando se peche o prazo os participantes serán informados a través do grupo do torneo. Este xogo facémolo co fín de conciliar á comunidade educativa do noso centro.

Xogos Olímpicos da Mariña 2020 - Día da Educación Física na Casa

Xa temos os resultados da clasificación dos Xogos Olímpicos da Mariña organizado polo Seminario de Educación Física da Mariña de once centros educativos. Parabéns a todos os participantes !!

Medallas de ouro para :


Medallas de prata para :


Medallas de bronce para :


Alumnado do centro premiado:
1°ESO - Nacho, Andrea, Alexandre
2°ESO - Laura, Gabriela, Paula
3°ESO - Irene
4°ESO - Claudia, Noé.
Nuns días contaremos co vídeo de todos os participantes do IES Perdouro, alumnado e profesorado!!

Con vós e por vós ...

Se non carga a presentación, podedes ir directamente a seguinte ligazón. AQUÍ

Día da Educación Física na CASA 2020

Mañá - martes 28 de abril - celebramos o Día da Educación Física na rúa, e este ano pasa a ser o Día da Educación Física na CASA convirtíndose no gran evento educativo destas semanas de confinamento.

Así que se te animas a participar le as seguintes instrucións:
Demostra que aceptas o reto practicando un deporte olímpico adaptado as túas posibilidades e dentro da casa.

Cómo participar?:
1. Construe unha antorcha similar á dos profes.
2. Grávate practicando un deporte olímpico. Se podes implica a túa familia.
3. O inicio do vídeo debe ser recollendo a antorcha pola túa dereita e logo finaliza o vídeo lanzándoa pola túa esquerda (como fan os profes no seu vídeo).
4. O vídeo non durará máis de 15 segundos e gravarase en HORIZONTAL.
5. Envía o vídeo aos teus profes de EF, Benxa ou Manuel, antes do domingo 3 de maio.
6. Farase unha montaxe por centros, e tamén outra coas mellores participacións de cada colexio/instituto.
7. Estos vídeos serán publicados nas distintas redes sociais que utilizan os centros
8. Anímate a participar e divírtete!

Se non carga a presentación deste proxecto aquí debaixo, podedes ir directamente a seguinte ligazón. GENIALLY

Baile pola igualdade

Tiñamos unha cita esta mañá no patio do instituto, profesores e alumnos. 
Era o baile definitivo sobre a canción E ti, só ti, versión de Sé,  co propósito de visibilizar a igualdade.
Logo de ensaiar nos recreos desta semana a coreografía do baile que as alumnas de xinmasia rítmica nos ensinaron, chegou o día da gravación. 
Celia Leivas, alumna de 3º ESO, conduciu o acto abríndoo coa lectura dun pequeno manifesto feito por ela.
Cristian fixo de técnico de cámara e contamos con José Luis do departmento de Electrónica na megafonía. Todo saíu ben, mais houbo que facer tres tomas. Agora toca esperar pola montaxe do vídeo. Mentres tanto aquí algunhas fotografía do acto 8M.

As paisaxes xeolóxicas da Mariña lucense

As alumnas e os alumnos de Xeoloxía de 2 de Bacharelato realizaron un traballo titulado "As paisaxes xeolóxicas da Mariña lucense", co obxectivo de coñecer e divulgar as paisaxes naturais xeolóxicas tan valiosas que existen neste lugar da xeografía galega. Para iso, dividimos o proxecto en tres grupos, de firma que un deles ocupouse da Mariña occidental, outro da Mariña central e, o restante, da Mariña oriental. Cada alumno/a escolleu dúas paisaxes da zona obxecto de estudo e estes son os paneis informativos que fixeron. Esperamos que vos gusten!
 
Accede por aquí ás fotografía do mural.

Viaxar polo mundo

Benxa Soto, profesor de Educación física, fala da súa motivación e experiencia coa adquisión do inglés nas súas viaxes e inmersións lingüísticas en Canadá e Australia.

Prácticas de laboratorio: disección de corazón

A mellor forma de asentar os contidos da clase de anatomía son as prácticas de laboratorio. O alumnado de 1º de Bach diseccionou un corazón de porco e observou ás súas principais partes. 
 
O alumnado viu a anatomía exterior e interior do corazón e aprendeu a localizar venas, arterias, válvulas e a distinguir as distintas partes que o compoñen. Ademais aprenderon a utilizar adecuadamente os instrumentos de laboratorio como o bisturí con moita precaución de non cortarse. Ao ter realizado a práctica de disección, o alumnado localizou as 2 caras do corazón, a entrada e saída de venas e arterias e o tamaño e a función de aurículas e ventrículos. Grazas a esta práctica, a alumnado entenderá moito mellor o funcionamento do corazón e a súa importancia para a vida.
Accede á reportaxe fotográfica aquí.
 
Aquí un exemplo de protocolo.
Distribuir contido


by Dr. Radut