O pasado venres, día 17 de abril, alumnos e alumnas de 2º da ESO realizamos un percorrido histórico por distintos lugares da Mariña Central para coñecer o seu patrimonio cultural. Concretamente visitamos o castro celta de Fazouro, a igrexa-catedral-basílica de San Martiño de Mondoñedo e a catedral de Mondoñedo.
Esta actividade permitiunos ver , estudar e comprender características, elementos e aspectos da historia dun xeito diferente. Resultou altamente interesante e instructiva.
Esta actividade permitiunos ver , estudar e comprender características, elementos e aspectos da historia dun xeito diferente. Resultou altamente interesante e instructiva.