Skip to Content

Curso 2013-2014

#ComeniusPerdouro Bretaña Día 2

Esta mañá fumos recibidos por Mr. Lebrun, o director do Collège Jean Monnet, nunha pequena recepción de benvida para os grupos 

galegos e alemáns que estamos convivindo estes días por Bretaña. Os alumnos foron repartidos polo centro para asistir ás clases de varios niveis durante toda a mañá. Pola tarde, visitamos o dolmen da Roche aux Fées, monumento milenario do neolítico que mide 19,5 m de largo por 4,70 m. de ancho, e 4,10 m. de alto. Unha obra maestra moi respectada!!!!

#ComeniusPerdouro Bretaña Día 1

Despois de 17 horas de viaxe, o grupo do intercambio de francés chegou a Janzé cun sol radiante ás 12h pola hora nova. As familias tiñan programado unha comida familiar e pola tarde foi ocasión para os rapaces de volver a verse e compartir conversas. Algúns colleron pola noite a cama con moito gusto.

Charla sobre igualdade

Ana Belén Pacio Rodríguez, Xefa da Unidade conta a violencia sobre a muller, impartiu hoxe na biblioteca do centro unha conferencia destinada ao alumnado de 2º de ESO para informalos sobre desigualdade e  violencia de xénero. Esta actividade forma parte do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar, e ten como obxectivo sensibilizar o noso alumnado contra a violencia de xénero e estereotipos sexistas para destacar a importancia da educación en valores e coñecer os modos de previlos e denuncialos.

Loitemos entre todos para erradicar a violencia de xénero.

Seguir lendo en Perdourando.

Plan Acción da Fundación Alcoa no IES Perdouro

A Fundación Alcoa concedeu un plan ACCIÓN ao departamento de Mecanizado. Forman parte do proxecto cinco profesore, os alumnos de 1º,  e os de PCPI, na modalidade de fabricación mecánica.  
A finalidade do proyecto é concienciar e impulsar o reciclaxe como unha alternativa viable, seguindo a liña de compromiso de ALCOA de protección medioambiental en beneficio da comunidade.

Os obxectivos deste plan son dous:
     1. Facer un convenio de colaboración cos talleres mecánicos navais de Burela para recoller materiais metálicos inservibles de amaños feitos nos barcos para a súa reciclaxe.
    2.  A utilización deses materiais para os traballos de prácticas dos alumnos do ciclo de mecanizado e de fabricación mecánica de PCPI.

Nestas fotografías móstranse parte dos materiais retirados para unha posterior utilización nos traballos que os alumnos van realizar.

III Xornada de asesoría de imaxe, hixiene e estética persoal

As alumnas do CM de Perrucaría foron as anfritrionas das XORNADAS DE ASESORÍA DE IMAXE, HIXIENE E ESTÉTICA PERSOAL, unhas xornadas de convivencia cos usuarios da Fundación Eu Son de Burela que tiveron lugar ao longo desta semana. Dentro das medidas de interacción co entorno social do pobo, o taller de Imaxe abriu as súas portas aos usuarios da Fundación. As alumnas realizaron con eles diversas tarefas de imaxe persoal dende hixiene capilar, peiteados ata manicura. Unha experiencia moi enriquecedora.

Ler a crónica e ver a reportaxe fotográfica en Perdourando

Mentalízate

A asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña impartiu ao alumnado de 4º de ESO e 4º PDC este luns 17 de marzo unha charla divulgativa co obxectivo de sensibilizalo ás enfermidades mentais.

Mentálizate é unha campaña para informar e sensibilizar aos mozos/as sobre saúde mental e enfermidades mentais. Esta actividade que se desenvolve a nivel nacional vai dirixida fundamentalemente aos rapaces de entre 14 e 20 anos. Pretende promover hábitos e estilos de vida saudables e a prevención de problemas de saúde mental, concienciando aos máis novos sobre o perigo de certas condutas de risco como o consumo de tóxicos.

Seguir lendo en Perdourando

Libroforum con Alfredo Gómez Cerdá, premio nacional de literatura infantil e xuvenil - El rostro de la sombra

Alfredo Gómez Cerdá, autor madrileño con máis de 80 libros no seu haber para todo tipo de público (infantil, xuvenil e adulto), visitou esta mañá, martes 11 de marzo, a nosa biblioteca para manter unha charla informal con alumnado de 2º e 3º de ESO e 4º PDC.

Entroido 2014

Comenius

Comenius 2012-2014              Mon EcoVille: la ville au futur

Actividades de intercambio do departamento de Francés - Acollida en Galicia 18-27 de febreiro.

O alumnado de 3º de ESO participa estes días nun programa de acollida no marco do seu proxecto Comenius MonEcoVille. Máis información no blog do proxecto.

Feliz día de Rosalía!! 24 de febreiro

Co gallo de celebrar o nacemento da poeta, Rosalía de Castro, o alumnado de 1º de bac. fixo esta fermosa pequena homenaxe.

A AELG (Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) propón que agasallemos aos nosos seres queridos cun libro galego e unha flor, como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua (o 21 de febreiro celebrábase a instancias da UNESCO o Día Internacional da Lingua Materna), e homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras. 

Parlemento Xove 2014 - fase preliminar

Cristina Cigarrán, Aitana García, Elena García e Aitor López, alumnos de 1º de Bach. participaron este fin de semana, na competición do debate preliminar para os equipos de Bacharelato do Parlamento Xove. Logo do sorteo, o noso equipo liderado pola súa profesora de Historia, Brixida Pino, tiveron que defender o posicionamento en contra acerca da seguinte cuestión: Sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais?

Aitor foi nomeado mellor orador con outros 3 candidatos.

Seguir lendo en Perdourando.

Participación no Parlamento Xove 14

Cristina Cigarrán, Aitana García, Elena García e Aitor López forman o equipo que representará o centro na quinta edición do Parlamento Xove
Este fin de semana (14 e 15 de febreiro), o noso equipo viaxará ata Bergondo, no pazo de Mariñán, para asistirr á primeira sesión do debate preliminar para os equipos de Bacharelato. O noso equipo liderado pola súa profesora de Historia, Bríxida Pina, terá que sacar os mellores argumentos para defender a súa postura frente aos colegas dos outros centros de Galicia sobre a seguinte cuestión: Sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais?

Seguir lendo en Perdourando...   Desexámoslle moita sorte!!!!!!

Concurso Robótica 2014

Alumnado de 4º ESO, 4º PDC e CM de IT.

Ver Album de fotos de Marga López

Alcoa doa 725 kilos de aluminio a Fabricación Mecánica do IES Perdouro

Miembros de Alcoa y del centro. Como cada ano agradecemos a fábrica Alcoa por contribuir á formación do alumnado do ciclo medio de Fabricación Mecánica, doando 725 quilos de aluminio. Deste xeito os alumnos poden realizar prácticas de mecanizado de torno e fresadora.

Artigo da Voz de Galicia - 12-02-2014

Encontro con Carlos G. Reigosa

Nado en Lagoa da Pastoriza en 1948, escritor e xornalista, Carlos G. Reigosa protagonizou esta mañá un encontro cultural e literario na biblioteca do Instituto Perdouro co alumnado de ESO e Bacharelato.

O autor de Crime en Compostela (Premio Xerais), Os homes de Tras da Corda, Pepa a Loba ou Intramundi, repasou cos lectores e lectoras a súa traxectoria xornalística e literaria, falando especialmente de Intramundi, obra centrada na transformación socioeconómica das terras comprendidas entre Mondoñedo, Meira e Abadín.

Seguir lendo en Perdourando.....
Distribuir contido


by Dr. Radut