Intercambio dos Equipos de Dinamización Lingüística : DE BURELA A RIANXO A TRAVÉS DAS ONDAS!
O IES Perdouro acolleu este luns 28 de abril unha delegación de 49 alumnos do IES Félix Muriel de Rianxo que forman parte do Equipo de Dinamización Lingüística no marco dun intercambio entre ambos EDL. Nesta 1ª xornada de conviviencia entre os alumnos dos dous centros educativos, tocoulle ao IES Perdouro facer de anfitrión. A 2ª xornada celebrarase en Rianxo o 7 de maio.
1º) Foron os alumnos de 4º de ESO e 4º PDC os que se encargaron da acollida no centro educativo. O itinerario que lle tiña preparado o IES Perdouro pola Mariña aos alumnos de Rianxo empezou en Cervo visitando un empresario Modelo Burela, o alfareiro Estéfano Gudín. Fixeron unha parada ao complexo industrial de Sargadelos onde se lles falou de Isaac, Dieste e Seoane así como da historia do Marqués de Sargadelos.
2º) A partir das 13:05 horas, emitiuse un programa especial e en directo "DE BURELA A RIANXO A TRAVÉS DAS ONDAS!"dende a biblioteca do IES Perdouro onde participaron os alumnos de ambos centros.
POR PRIMEIRA VEZ Proxecto Neo gravou un programa en directo realizado desde FÓRA DO ESTUDIO de Radio Burela, conducido polos presentadores do programa de radio educativa da Emisora do Corazón da Mariña: Maka Ledo, Simon Rodriguez Rouco e Sergio Rivas Baliña. DE BURELA A RIANXO A TRAVÉS DAS ONDAS! Foi a primeira vez que RadioBurela fixo unha experiencia destas.
ESCOITAR O PROGRAMA: AQUÍ
3º) Ao medio día, houbo unha comida de confraternidade entre os participantes na área recreativa do Cantiño e logo uns xogos populares.
4º) Pola tarde, de camiño a casa, os alumnos de Rianxo pararon en Mondoñedo para visitar no seu itinerario literario as tumbas de Cunqueiro, Pascual Veiga e Leiras Pulpeiro.
Ver reportaxe fotográfica en Perdourando.